Clara Millán/Anxo Quintana: xoias da hemeroteca

Visitade este instructivo traballo de hemeroteca

9 Comentarios

  1. A actuación do BNG en Cangas é noxenta e desleal cos seus votantes e co seu propio programa. Pero hai que estar atentos tamén ao que fai ACE e ó avance do plan xeral. Por aquí o que se observa é moita brandura esperábanse accións máis contundentes e menos sospeitosas de Abalo como concellal de urbanismo. Os feitos son os que falan e a ACE semella que se está deixando facer sen rechistar.

  2. Mira Da Ría, ou non coñéce-la problemática ou o teu é puro afán de boicoteo. Podes explicar cales son as actitudes sospeitosas de Abalo? Ese home cónstame que está procesado xunto con trinta persoas máis polo das obras. ACE é parte integrante e activa do Foro e está a facer valer as pretensións desta agrupación no goberno local contra vento e marea dado que os socios, como sabes, non acompañan. Evidentemente estase a maniobrar con cautela e mantendo unha postura intelixente para gañar tempo, cousa que xogaría a favor da preservación de Massó. É moi doado criticar por criticar. Había que ver a máis dun como concelleiro de Urbanismo formando parte do tripartito tan podre polo BNG e PSOE e manobrando con destreza e paciencia para que as obras non se acometan.

  3. Ha ser que non coñezo ben a problemática e pode que ese sexa un grande problema a falta de información.
    Ser o Abalo non é en sí mesmo unha garantía sen máis tes que entender que sexamos críticos que o único que nos vala sexan os feitos.

  4. Os feitos son que en dous anos e medio as obras non se acometeron. E isto foi grazas ó Foro e a ACE especificado na persona a quen ti te refires. Saudiña.

  5. nin caso que algún é do Bloque
    cangas non esta en venda

  6. Eu non digo necesariamente que Da Ría sexa necesariamente do Bloque, pero o que está claro é que coas súas elucubracións e desconfianzas infundadas estase a poñer do lado deles, que desexarían que o tripartito estoupase agora mesmo para non ter ningún tipo de oposición dentro. Tanto no tripartito coma aquí sábese a que xoga cada quen. Feacientemente non se pode culpar ó señor Abalo polos escollos no camiño, máis ben habería que loubalo por:
    1.- ser unha das pezas chave na demora do comezo das obras (o que nos vén ben).
    2.- manter vivo o tripartito mentres non se consumen as obras para manexar canta máis información mellor. Tamén para artellar os mecanismos que se poidan dende a súa concellería para dete-lo inicio das obras e evitar ser criticados de rompe-lo acordo de goberno de forma gratuíta (así o venderían os socios de goberno na prensa, “aínda por riba de burros, apaleados”).

    Así que diso nada. Ou se fala con congruencia e sentido común ou flaco favor se lle fai ós que defenden un Massó público. Entón cando se escoitan aseveracións como as de máis arriba un pensa que a xente toma o que le no Faro como “palabra de Dios” e actúa en consecuencia facéndolle a cama o Bloque ou non sei que queren. Outra posibilidade é que haxa rifs e rafes persoais, que todo é posible. Pero dende logo se se di defender o que se di non actúa de maneira congruente. Pero saltarase ese escollo tamén, se hai que facelo. Non hai problema, o porto deportivo non se fará e punto.

  7. Segundo se explica no artigo e se formulou na prensa:

    “Algúns pediron explicacións ó BNG por non se sumar ás concentracións diarias para paraliza-lo porto deportivo. Clara Millán deixou claro que o Bloque decidira non seguir esta forma de protesta aínda que é contrario á ubicación do porto”.

    E digo eu, se os integrantes do foro non optasen por para-las obras de forma directa e deixarse de ve-lo touro dende a barreira, canto tempo non levaría feita esa aberración?
    O que máis insultante me parece, e que Clara e acólitos si acudían as merendas de aniversario da parada da obra ou actos similares. Claro é que aí si iba esta-la prensa e non no día a día.

  8. E non vístedes a manobra subrepticia-pecadenta da alcaldesa que en conciliábulo cos especulapodos de mariña atlántica, que fixeron a noite pasada aproveitando que os viciños durmían prácidamente. Menos mal que por estes “fueros” temos os faro-vixiantes de todas as maldades que presuntamente se cometen na redonda do morrazo.

  9. KANDO ESTE , VIVIDOR Ó “KIM”, SÉ ENTEROU DE QUE A XENTE , QUE IVA , ÓS MITIN$$$, ONDE SÉ REGALABÁN , ENTRE OUTR@$, KOUSAS “PARAJUAS “, OUTROS EMPANADAS , EN FIN , A XENTE QUE ESTABA EN BUEU , MOAÑA É “KANGAS “KLARA ” KAOS , ERÁN
    A ME$MA , É OBVIO QUE KIM , KANDO SE LLE ENTRVI$TOU , EN (AD)(dixo eú nón me vexo en outro sitio , que nón sexa , no posto que estou ) , NÓN SE ENTERABA DE NADA , XÁ QUE A VOA VIDA QUE POLO QUE SEMeLLA LEVABA , é kom unha kampaña a lo “yanki”, xá setaba todo feito , kando todo kiske sabia que iván , a perdér , a KOUSA ESTA “CLARA”, PARALIZACIÓ XA!!!É DIMISIÓN DO SUBDELEGADO DÓ GOBERNO , POLA ANIMALADA DÁ ATUACIÓN “SOBÓR DE TODO KOÁS MUELLERES ” DÁS FORZAS ANTIDISTURBIOS , É DÁ SRA “alcaldesa”( para min nón é a , miña alacaldesa)dimisión , ou sodidalización , có pobo é kóm todos akeles que votarón bng na , súa mán esta , menos modeklitos é takones lonxanos , vaqueros é kaña , ou có pobo , ou kóa EMPRESA , A OUTRA OPCIÓN “DIMISIÓN ” Xaaaaaaaa!!!!!!!!

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *