Colaboración entre a Universidade de Compostela e a firma Picobello Andalucita, S.L.
Ao igual que sucedeu co algo artificial de Endesa n’As Pontes, Picobello Andalucita S.L. apóiase na USC para conseguir os permisos medioambientais
A empresa Picobello Andalucita, S.L. solicitou á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental un informe de impacto ambiental que avalase favorablemente a mina de andalucita que esta empresa quere abrir no concello d’As Pontes. Para conseguilo os responsables da firma de capital anglo-surafricano presentaron un estudo de impacto ambiental (EsIA) a medida dos intereses da empresa. Este informe foi aceptado pola propia consellaría de Economía e Industria e, en base aos datos nel recollidos, resolveu facer público o preceptivo Informe de Impacto Ambiental que permitirá á empresa conseguir a autorizaciòn definitiva para comezar a explotación da mina.
O informe que presentou a empresas foi elaborado polo Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. O documento leva por título “Estudo de Avaliación Ambiental do área afectada pola mina de andalucita de Picobello e o seu entorno”. O profersor encargado de dito estudo foi Felipe Macias Vázquez e o custo fixado pola propia Universidade foi de 9.333,33 euros.
Hai que salientar que o proxecto de lago artificial que Endesa está a deseñar n’As Pontes tivo un proceso parecido ao da mina de andalucita. En ámbolos dous casos a Xunta de Galiza emitíu os informes favorables en base a estudos presentados polas propias empresas en lugar de elaborar informes independentes elaborados polos servizos técnicos da Xunta de Galiza. E tamén en ámbolos dous casos as empresas botaron man de cadanseu estudo realizado polo pofesor Felipe Macías Vázquez.
Para os que nunca entenderon a tan pregoada apertura da Universidade á empresa privada, teñen aquí o mellor expoñente de dita colaboración.
Chámase cazo
Amigos meus, a pesares de non ter lido ese informe, nen coñecer este caso en concreto, dubido moito que Felipe Macias poña en xogo o seu prestixio e reputación por 9.333,33 euros.
E no que a apertura da Universidade a empresa privada, creo que todo o mundo coñece casos de estos casos de “apertura”, empregando medios (humanos -refírome a becarios, xente facendo tesis, tesina, proxecto fin de carreira- e materiais) proporcionados pola Universidade.
se o amigo willie non coñece o caso, qué lle fai supoñer que o señor Macías teña un prestixio académico que defender? Dadas as circuntancias é máis lóxico supoñer que ten unha conta de gastos á que atender. O informe de impacto ambiental sobre o lago das Pontes que elaborou este prestixioso científico tampouco ten desperdicio. Minimizaba ata o absurdo os problemas ambientais que xeraría a construcción do lago. Pero era aínda máis interesante a análise que facía sobre o impacto que a obra tería sobre a opinión pública. Técnicos coma éste pódense calificar sen problema algún de mercenarios.
Os 9.333,33 euros poden ser a parte visible do Iceberg. Claro que a universidade realiza traballos para as empresas e claro que eses traballos son rtemunerados en cuantías públicas. Pero o que se coce por detrás, só eles o saben. Se eu fose empresario non me atrevería a encargar un inofrme semellante se nates non se me desen garantías de obtrer o resultado que eu busco. E esas garantías moi ben poden ser acordadas en privado
1.9.000 euros non é pouca cantidad por unha ducia de folios onde se enchen os ocos dunha plantilla.
2.9.000 euros por empresa, se hai digamos 50 empresas interesadas, é bastante.
3.Por detrás sempre se pode dar máis.
4.A Universidade anda escasa de fondos.
5.O pulo a este tipo de “Pseudodepartamentos” de investigacións á carta é constante. É máis importante investigar a saída ao mercado do kiwi en almíbar ou facer gañar cartos a Gamesa que investigar de verdade.
6.A comunidade científica sabe distinguir entre científicos e asalariados de empresa. Véxase o caso do cambio climático. Aquí non hai ninguén que comprometa a súa reputación investigadora porque nin sequera son investigadores.