Compromiso científico co Courel (Enviado por SOS-Courel)

Agradecemos ao Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal” ( IUX ), da Universidade da Couña, e ao seu Director o Catedrático de Xeoloxía, Juan Ramón Vidal Romaní, por o decidido compromiso na defensa do Patrimonio Científico e Cultural, herdanza á que tamén pertence o Courel.

Esta Institución Científica, decidiu rexeitar recentemente o premio “Santa Bárbara”, na modalidade de “Comunidade Mineira”, concedido pola Cámara Oficial Mineira de Galicia .

Nesta Primeira Edición dos premios “Santa Bárbara”, que outorga a Cámara Oficial Mineira de Galicia, había outras tres modalidades: “Empresa”, “Traxectoria persoal” e “Comunicación”, que foron entregados todos eles o 30 de novembro de 2007:

http://www.laregion.es/noticia/39064/CupaGroup/Carballeda/CámaraOficialMineiradeGalicia/

Modalidade Empresa: Cupa Group, participada por Caixa Galicia e propietaria da canteira “La Campa”

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070613093701

Modalidade Traxectoria Persoal: Jesús Hervada Fernández-España, enxeñeiro de minas

Modalidade Comunidade Mineira: Instituto Universitario de Xeoloxía ‘Isidro Parga Pondal’

Modalidade Comunicación: Xosé Antón Rodríguez González, Dpto. de Economía Cuantitativa da Universidade de Santiago de Compostela

O 28 de novembro, o Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal” difundiu un comunicado a través do seu Director, o profesor Juan Ramón Vidal Romaní, que a continuación extractamos:

<<……. Como responsábel do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal teño manifestado moi claramente a miña postura perante a explotación mineira de Galiza, nomeadamente no que compre as industrias extractivas da Lousa que considero o maior e mais grave risco ambiental que existe no noso País no momento actual. A concesión do dito premio ao Instituto Universitario de Xeoloxía foi decidida por persoas alleas ao Instituto e foi xustamente onte cando eu souben do tal feito. Considero totalmente incompatíbel coas miñas ideas ser premiado ou aceitar para o Instituto un premio por parte da entidade que agrupa as empresas mineiras de Galicia entre as que están as que provocan danos irreparábeis e irreversíbeis no noso patrimonio natural, científico e medioambiental. Por esa razón rexeito a tal distinción e o fago tamén como protesta pola actuación das empresas da lousa en Barco de Valdeorras e no Courel onde se está a consumar o maior desastre ambiental para Galicia. Gustaríame que deran publicidade a esta decisión do Instituto Universitario de Xeoloxía.

Un saúdo cordial ……

Juan Ramón Vidal Romaní

Director Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal ….. >>


Ese mesmo día o Instituto Universitario envioulle esta carta a Cámara Oficial Mineira de Galicia:

Sr. Director de la Cámara Oficial Minera de Galicia

Don José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Polígono de Matogrande

Rúa María Puga Cerdido

Edificio Lugrís Vadillo

15009 Coruña
Muy estimado Sr. Álvarez-Campana:

En el día de ayer supe por Ud. mismo y posteriormente por la documentación que me remitió que el Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal’ había sido distinguido con el Premio Santa Bárbara de la Cámara Minera de Galicia en la modalidad Comunidad Minera por su papel en el estudio de la geología gallega entre 1979 y la actualidad.

Quiero expresarle en primer lugar mi agradecimiento por tal distinción y por el hecho de compartir tal honor con la persona del Ingeniero de Minas Don Jesús Hervada Fernández-España al que conozco, respeto y admiro desde hace muchos años. Sin embargo, muy a mi pesar debo manifestarle que debido a la discrepancia del IUX con la política minera actual que se lleva a cabo en Galicia, en especial la que se refiere a la minería de la pizarra, debo rechazar en nombre del Consejo Científico del Instituto de Geología y en el mío propio, el galardón concedido por la Cámara Minera de Galicia.

Los daños producidos por la industria extractiva de la pizarra, especialmente, en Galicia son enormes y conllevan la destrucción del patrimonio científico (geológico y biológico) del patrimonio ambiental y del patrimonio paisajístico. Los efectos negativos de estas explotaciones de pizarra son visibles de manera evidente en la comarca del Barco de Valdeorras y ahora van comenzar a repetirse con igual intensidad en O Courel. El valle de Pacios con sus glaciares de 300.000 años de antigüedad ha sido ya destruido y los ríos que drenan la zona están rellenos de escombros. Esta actividad extractiva se va a continuar en la cantera de A Campa a los pies de Folgoso de Courel llevando a la repetición de los mismos hechos en esa zona. Y es verosímil pensar que O Courel vaya a verse afectado mucho más gravemente en los próximos años.

El IUX no puede ignorar este deterioro de nuestro País y no puede autorizarlo compartiendo un premio de gran relevancia con algunos de los autores del desastre ambiental. El IUX no se opone a la industrialización de Galicia, ni a la minería en Galicia, siempre que estas actividades no lleven a un deterioro permanente y con escasos beneficios para Galicia. Las cuentas de resultados no sólo se hacen con las ventas sino después de haber restaurado los terrenos afectados lo que nunca se ha tenido en cuenta hasta ahora en el caso de la pizarra. Y en cualquier caso es mucho más valioso el patrimonio que se destruye que los beneficios que se obtengan eventualmente con la explotación de las pizarras gallegas.

Por todo ello, nuevamente le repito que el IUX ha decidido no aceptar la distinción que tan amablemente le ha concedido la Cámara Minera de Galicia como una forma de protesta por la destrucción que esta llevando la actividad de las pizarreras en Galicia.

Un saludo cordial.

Juan Ramón Vidal Romaní “

3 Comments

  1. Outro fanatico, e van… Esta por ver que ese Consello cientifico se teña reunido, se quere falar a nivel persoal pareceme ben, pero que non use o nome do IUX como se fose a sua finca. A destruccion ecoloxica da Galiza é importante, pero mais o é a destrucción moral dos seus funcionarios que pensan que a administracion publica é deles.

  2. Mentres a maioría dos funcionarios póñense ó servizo do mellor postor… parece claro que algúns aínda saben cal debera ser o seu labor ó fronte dunha Institución Universitaria.

    Ou é mellor montar cursiños para difundir como explotar mellor os recursos minerais nas zonas protexidas ? Como fan outros responsables da administración tamén Universitarios ?

    O Courel existe… se rematan con el ninguén vai saber como xustificar esta barbaridade!!

    Algúns dirán, e non sen razón- que a culpa foi do Bipartito que quería facer caixa!!!

    A miña solidariedade co Director do Instituto Universitario e o meu agradecemento pola súa valentía o NON mirar para outro lado !!!

  3. Ao Sr. Laureano Redondo ofrecemoslle a oportunidade de conocer o IUX para que vexa o que se fai, como se fai e dende cando se fai. Como se toman as decisions e quen as toma. E decirlle que todos os membros do IUX queremos que a riqueza cultural e científica de Galicia se conserve para que os nosos descendentes podan tamén disfrutar dela. Que non nos opoñemos ao desenvolvemento industrial, minaría incluida pero si á destrucion do noso Pais por nada. É que o feito de aceitar ou non un premio, non solicitado, non ten nada a ver con que teñamos conseguido un posto na Universidade por oposición aberta a quen se quixera presentar a ela. Comoi funcionarios temos a responsabilidade de velar que o patrimonio do noso Pais sexa correctamente administrado e como universitarios ainda mais pois pola nosa formación coñecemos o valor das cousas e o que supon perdelas para sempre.

Deixa una resposta a Erasmo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.