Comunicado da rede ARNSV en solidariedade co compañeiro Salva Gomes
Solidariedade co compañeiro da RNSV, Salva Gomes
A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” manifestamos a nosa total e ampla solidariedade e respaldo ao noso compañeiro Salva Gomes que ingresou o pasado sábado 4 na prisión de A Lama para cumprir unha semana enteira privado de liberdade, como pago dunha multa de 90 € imposta por asistir a unha concentración pacífica e sen incidentes.
Esta medida tan enormemente desproporcionada e abusiva forma parte da escalada represiva, por parte do estado, contra os movementos sociais que traballan por cambiar esta sociedade policial e corrupta ao servizo dos poderes económicos, baseada na inxustiza, e mantida a base de manipulación e represión.
Neste caso foi o secretario do xulgado nº6 de Vigo o encargado de encarcerar ao noso compañeiro Salva, cunha escura manobra, declarando que se negou a pagar a multa e afirmando que optou polo ingreso voluntario na cadea, cando iso é totalmente falso.
A xustiza segue como sempre baseándose na lei do funil, moi estreita para uns e moi ancha para outros.
Non lles chega con encher de multas abusivas de xeito indiscriminado e mallar coas porras dos seus antidisturbios a quen osa manifestarse contra este sistema, senón que meten a quen lles peta na cadea sen ningún motivo, mentres os corruptos e especuladores campan as súas anchas, impunes, por todas as institucións do estado.
LIBERDADE INMEDIATA PARA SALVA GOMES
DEPURACIÓN DE RESPONSABILIDADES
BASTA DE REPRESIÓN
A Ría Non Se Vende
One Comment
Trackbacks/Pingbacks
- Comunicado da rede ARNSV en solidariedade co compañeiro Salva Gomes - [...] Comunicado da rede ARNSV en solidariedade co compañeiro Salva Gomes galizanonsevende.org/?p=1115 por iola o 07:00 CEST [...]
Estanse a producir concentracios en diferentes prazas das vilas, e gustariame que todos os colectivos posibles nos sumasemos a este movemento pra tratar de curar esta democracia enferma e aberrante.