Pages Navigation Menu

Comunicado de ARNSV en apoio a Zelia, reporteira de GZvideos

A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” solidarizámonos coa compañeira Zelia G., reporteira de “GZvideos” procesada este xoves 17 de setembro nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, por filmar unha cadea humana pola liberdade dos presos independentistas o pasado 24 de Xullo.

Consideramos este xuizo como unha farsa e un ataque á liberdade de expresión, baseado en falsas acusacións saidas dunha minuscula imaxinación policial, e un paso mais na persecución a este medio de información alternativa, que xa leva duas persoas procesadas.

Queremos destacar a grande valia de este colectivo de contrainformación audiovisual e do seu excelente traballo, que con moi poucos medios, son capaces de fazer visíbeis as luitas populares, de denunuciar a represión e de difundir as reivindicacións e as problemáticas sociais que tratan de silenciar os medios de comunicación tradicionais.

Consideramos que “Gzvideos” é un imprescindíbel medio de información alternativa, de pensamento crítico, feito desde e para os movimentos sociais que traballan para cambiar este mundo, por fazelo mais xusto, igualitario e equilibrado social e ecoloxicamente.

ZELIA ESTAMOS CONTIGO.

LIBERDADE DE EXPRESIÓN XA!!!

A Ría Non Se Vende

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.