Pages Navigation Menu

Comunicado de Luita Verde sobre as obras de Massó

Luita Verde denuncia que no pleno municipal celebrado en Cangas o venres pasado, o BNG e PSOE locais mentiron ao declarar que estaban en contra do porto deportivo de Massó en Punta Balea, utilizándoo así como falsa xustificación ante o interrogatorio da Cofradía de Pescadores ao tanto no espazo de rogos e preguntas.
Quere aclarar que si dende outubro de 2005 ata principios do 2007 unha serie de veciñ@s e representación da colectividade do Foro Social de Cangas non velaramos a pe de obra e ao mesmo tempo fixeramos recursos e denuncias para que o citado porto deportivo non fora adiante, na actualidade estaría feito dentro dunha política de feitos consumados da que eses partidos políticos serían responsables por activa e por pasiva, pois apenas fixeron nada por evitalo da súa parte naquel momento e nin sequera valería o recurso contencioso interposto contra da obra pola propia Cofradía, xa que a xustiza (e como sole ser desgraciadamente costume por parte dela) negouse a paralizalas obras cautelarmente.

Ademáis é de dominio público que no seu día, tanto o BNG como o PSOE locais, respaldaron cada un a súa maneira (o BNG pedindo menos obra e o PSOE máis plusvalías) o proxecto diseñado polo “gabinete técnico” de Norman Foster para Residencial Marina Atlántica, sendo conscientes de que as únicas e reais pretensións da promotora sempre foron, e siguen sendo, que o porto deportivo se constrúa obrigatoriamente coa urbanización anexa en terra no Salgueirón, xa que a construción do porto deportivo é a “punta de lanza” para a xustificación posterior de recalificación dos 200.000 m2 de terreos do Salgueirón en primeira liña de costa que actualmente están catalogados na súa maioría como de reserva industrial, e pasen a ser urbanizables residenciais, a semellanza do proxecto presentado no fallido PXOM do 2005 onde a mesma promotora promovía construir a traveso dun convenio arredor dun milleiro de vivendas, hoteis e unha gran área comercial en plan elitista, e poder quitar máis de 100 millóns de euros polas ventas dos pisos e apartamentos (máis de 5 veces máis do que lle valeu a compra dos terreos en 20 millóns a Frigoríficos do Morrazo) dentro dunha clara operación de “pelotazo urbanístico”.

Non queremos esquecer que esa obra (que pasaba pola construción dun macroporto de 600 metros de lonxitude de dique e arredor de 40.000 m2 de novos recheos, con dragados e destrución de rochedal de fondos mariños para 420 prazas de amarre en 6 pantaláns, dentro dunha das poucas zonas de reserva mariña de arredor de 261 distintas especies de fauna e flora do mar, con fondos ricos en biodiversidade de maerl e con plans de explotación marisqueiro e de extración de algas que lle queda á maltreita ría de Vigo), fora informada desfavorablemente e vinculante pola Consellería de Pesca e non contiña o correspondente estudo de impacto ambiental, do que non se fixo caso fraudulante e ilegalmente na fase de tramitación do proxecto. Por engadido na proxecto incluíanse terreos dentro do dominio público marítimo-terrestre que foran con anterioridade embargados e vendidos en propiedade sucesivamente, incumprindo flagrantemente a Lei de Costas. Os terreos de onde parte o porto deportivo ademáis están dentro de solo rústico de protección de espazos naturais. Ademáis a Autoridade Portuaria de Vigo, outorgoulle ilegalmente a autorización ao non ter aprobado o preceptivo Plan de Utilización dos seus Espazos Portuarios nin un ter elaborado un Plan Especial para a zona de Massó, do cal por outra parte terían que ter tamén o informe preceptivo e a aprobación do concello, do cal redunda aínda máis na súa manifesta ilegalidade.

Rexeitamos totalmente a actitude actual deses dous partidos no concello, e especialmente da alcaldesa (BNG), que ante a renovación das obras e sin licenza de obra municipal, se nega a asinar a súa paralización total, facendo caso omiso das súas responsabilidades e incumprindo o propio pacto de goberno, deixando pasalo tempo mentras as obras se consolidan, tendo que ser unha vez máis @s veciñ@s e os colectivos quen teñan que facer velar pola legalidade das actuacións na zona e con todas as molestias e impropendios que isto está conlevar, pasando lamentablemente de ser denunciantes a denunciad@s.
Rexeita tamén a escandalosa actitude do Subdelegado do Goberno de Pontevedra (PSOE) de ordear a presenza masiva de Garda Civil e antidisturbios en Punta Balea para que “protexa” as susoditas obras e mentras criminalice a quen as rexeita en defensa do medio ambiente, os postos de emprego do mar e a legalidade.

Tampouco quere pasar por alto o posicionamento a favor do porto deportivo por parte tamén do PP local, xa demostrado pola súa postura a favor do “convenio de massó” no finalmente rexeitado e masivamente alegado PXOM do ano 2005.
Tendo en conta a “curiosa coincidencia das obras coa exposición pública do avance do novo PXOM”, ten presente que os tres partidos políticos maioritarios no concello e (e tamén na Xunta) están por activa ou por pasiva a favor do comezo da construcción do porto deportivo, facilitando a máis que probable entrada na posterior fase de aprobación inicial e de cara á aprobación definitiva dun proxecto de actuación urbanística a gran escada nas proximidades en terra, como xa sucedeu co convenio urbanístico do 2005.

Luita Verde está en contra totalmente da construción do porto deportivo en Punta Balea e da urbanización no Salgueirón, polo seu grave e irreversible impacto ambiental para a ría (á parte da afección directa con recheos e dragados e peche de dique de máis de 200.000 m2 de lámina de auga no lugar e a da biodinámica litoral na zona con afección directa das praias do Salgueirón e indirecta á praia de Rodeira, con posible perda de areeiro e eutrofización das augas, tamén afectaría ao fondo da ría no seu conxunto ao estreitar unha das súas entradas provocando unha maior sedimentación e contaminación debido á propia alteración das corrientes e a perda de renovación nas súas augas) e por engadido para unha zona en terra que entendemos que debe ser a zona patrimonial multiusos (remodelación das antigas fábricas de massó, vello hotel e naves de servizos ) e verde (mellora, potenciación e mantenemento do bosque de Don Paco) máis protexida (consolidación e posta efectiva na práctica como solo rústico de protección de espazos naturais para a zona de Punta Balea e a lagoa da Congorza) a conseguir no novo PXOM para o maltratado e excesivamente urbanizado centro urbano do municipio.

Para rematar salienta que o “lobbie inmobiliario” Residencial Marina Atlántica está composto polo empresario Ubaldino Rodríguez Bello, Caixanova e Puentes y Calzadas, estas dúas últimas de gran renome e influenza nas distintas administracións públicas tanto a nivel local como autonómico, polo que tendo en conta tamén a coincidencia actual das elecións europeas, quizáis habería que facer unha auditoría da financiación para a esta campaña (e voltando atrás tamén das distintas dos últimos 5 anos) dos principais partidos políticos que se presentan a nivel galego e igualmente nos dabamos cunha ou varias sorpresas. Acusa a Residencial Marina Atlántica e Puentes y Calzadas, máis ó concello de Cangas, Subdelegación do Goberno, Autoridade Portuaria de Vigo, Xunta, e Costas por permitirllo, de intentar xustificar unha nova e irreversible agresión ó litoral e á ría, baixo o paraguas mediático da xeración dos postos de emprego na empresa (moitos menos cos a cambio perxudicados do mar e o comercio local en terra) en épocas de crise, da que ademáis son directamente culpables ó formar parte do sector financieiro e o da construcción máis o inmobiliario que a provocou. Ademáis non teñen escrúpulos en subcontratar para a realización das obras a unha empresa como EXCONGAL S.L., que está continuamente a delinquir contra o medio ambiente e o patrimonio cultural, estando denunciada e sancionada por varios delitos en toda a comarca do Morrazo nos últimos anos.

2 Comments

  1. Apoio la lucha de los ecologistas y vecinos/as de Cangas y estoy muy sorprendida con la actuación de las fuerzas del orden que protegen y dan amparo a las obras ilegales de Massó.¿Es ésta una de las funciones de la Guardia Civil?
    El mundo al revés: los que cometen claros delitos urbanísticos y contra el medio ambiente están libres y hasta se les propone, en algún caso famoso, como el del ex-alcalde de Marbella, Sr. Muñoz, que imparta una CONFERENCIA en el curso de verano de la la Universidad “Menéndez Pelayo”,(¿será para crear una Escuela de Especuladores y Chorizos?) mientras que los que defienden el patrimonio natural,la costa y su biodiversidad ,la riqueza marisquera y pesquera se les detiene bajo cargos “imaginarios” como si fueran delincuentes.
    CONCLUSIÓN: EL MUNDO AL REVÉS. SEGUIMOS EN EL PAÍS DE LAS PANDERETAS, CASTAÑUELAS Y CHORIZOS. Y como decía Cruz y Raya, hace unos años, en su programa cómico de Fin de Año sobre la corrupción urbanística:”MIRO A LA DERECHA.. ¡NO PASA NADA!, MIRO A LA IZQUIERDA..¡NO PASA NADA! ¿Y SI PASA? SE SALUDA…

  2. A min o que me deixa “alucinada” é a actuación da “Xustiza” ademais das “forzas de desorden urbanístico e ambiental” pois con todas estas irregularidades e violacións ao marco xurñídico vixente moi ben descritas por Luita Verde, os videos do suceso e a actitude da alcaldesa da a impresión de que “non se queren enterar” do que está a suceder en Cangas(ao mellor necesitan ver a macrourbanización feita e o recheo ben cementado para dar o seu veredito.
    Parece que os xuíces e fiscais están “levitando” mentres as obras ilegais seguen o seu curso e os “mandamases” dan a orde de levar aos ecoloxistas fronte a eles para que se lles castiguen, xa que son “un mal exemplo a seguir”.
    E OS VERDADEIROS DELINCUENTES, ANDE ANDARÁN?

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.