Pages Navigation Menu

COMUNICADO DE SOLIDARIEDADE DA REDE DE COLECTIVOS “A RÍA NON SE VENDE” ANTE O ATAQUE CON MATERIAL INCEDIARIO SUFRIDO POLO CENTRO SOCIAL A REVOLTA

Desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” queremos expresar todo o noso apoio e a nosa total e plena solidariedade co Centro Social A Revolta, ubicado no Casco Vello da cidade de Vigo, que na madrugada do sábado 9 de Xuño foi atacado con material incediario causando cuantiosos desperfeitos materiais.

As compañeiras e compañeiros do Centro Social A Revolta, integrado na nosa rede, levan anos desenvolvendo un proxecto colectivo e alternativo, que luita pola defensa dos valores culturais e identitarios da nosa terra, á vez que exerce unha importante laboura social que da vida ao corazón do casco vello. Traballo que é sistematicamente silenciado polos medios de comunicación oficiais e deliberadamente ignorado por todas as administracións públicas, independentemente de quen este no goberno.

Este Centro Social, aberto á cidadanía, ten organizado concertos, mesas redondas, debates, proxecións de cine na rúa e no interior, obras de teatro, recitais de poesia, xantares populares e de solidariedade, recuperación da figura do Merdeiro no entroido, cursos, exposicións e campañas en defensa da terra, da nosa lingua, da nosa cultura, en contra da especulación urbanística…

Alén diso o Local Social A Revolta é un espeazo vivo, liberado e de creación, que sempre serviu como lugar de reunión e de encontro para muitos colectivos, entre os que se topa esta rede. Sendo tamén o xermolo de muitas plataformas e redes.

Este ataque miserabel e cobarde non é un feito isolado, xa que este Centro Social, como outros do pais, leva sufrido varias accións deste tipo.

Non nos sorprende en absoluto o silencio institucional e mediatico ante estes feitos, xa que todo proxecto que non comulga co pensamento único é considerado molesto, convertindose automaticamente nun obxetivo a eliminar, sobre todo cando as luitas sociais poñen en xogo determinados intereses políticos e económicos especulativos.

Sumamo-nos com raiba á esixencia de varios colectivos para que se abra unha investigación para aclarar os feitos.

Sabemos, e aledámononos por elo, que este tipo de accións traicioeiras non intimida ás compañeiras e compañeiros de A Revolta, senon que lles dá mais folgos para seguir co proxecto.

A. C. BERRA VAL MIÑOR
A. C. CALEIDOSKOPIO
A. C. D. E. TREZE-CATORZE
BOUZAS MÓVETE
C. S. REVOLTA
CLUBE ESPELEOLÓXICO MAÚXO
COLECTIVO VECIÑAL CONTRA A MACRODEPURADORA DO LAGARES
COLECTIVO XOGO DESCUBERTO
FORO SOCIAL DE CANGAS
GRUPO DE AXITACIÓN SOCIAL
LUITA VERDE
PLATAFORMA CIDADÁ DE REDONDELA
CONTRA A AUTOVÍA
PLATAFORMA DEFENDE MOS
SALVEMOS MONTEFERRO
SOM DE RÚA
VERDEGAIA
VOCES POLO LITORAL DE TEIS


Unha rede en defensa da Ría de Vigo
www.arianonsevende.org

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.