Pages Navigation Menu

Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta, o 6 de marzo, ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro para a ilegal e perigosa REGANOSA


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha concentración en Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta, o xoves 6 de marzo, ás 7 da Tarde, para protestar pola entrada na Ría dun novo buque gaseiro, coa súa perigosa carga de GNL, para REGANOSA


Ante a entrada do gaseiro número 15, o próximo xoves 6 de marzo, na nosa Ría o Comité Cidadán de Emerxencia

CONVOCA

CONCENTRACIÓN

CACEROLADA E BUZOS BRANCOS

Xoves, 6 de Marzo, ás 7 da tarde

Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

Para rexeitar, unha vez máis, a perigosa e ilegal localización da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, incumprindo as medidas legais de seguridade, como ten sentenciado o Tribunal Sup. de Xustiza de Galicia, e para amosar o enorme risco e a irresponsabilidade que supón para a poboación desta Comarca o tránsito dos gaseiros perto das nosas casas.

É conveniente que quen poidan facelo, acudan provistos de todo o material habitual nestas concentracións que vimos realizando: camisetas, bandeiras, buzos, material sonoro, pancartas, etc.

Características do buque:
LNG Finima,
Antigüedade: 25 años.
Eslora: 287 m. manga: 42 m.
Bandeira: Bermudas

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !


NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade:
C/C en BBVA, titular:
Ángeles Cuadrado e outros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0232-77-0201521046
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES80 0182 0232 7702 0152 1046

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

____________

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.