Pages Navigation Menu

Contestación ás declaracións de Jacinto Parga, presidente de Portos de Galiza repecto aos ecoloxistas: “hay que cambiar la cultura folclórica de la reivindicación sin argumentos”

 


 

 

RECHEIOS NOM

O colectivo de veciños e veciñas Bouzas-móvete fixo 50 alegacións ao Plano Director de Instalacións Nautico Deportivas, tamén se fixeron alegacións desde outros colectivos ambientalistas e sociais da Ría de Vigo, desde outras zonas do litoral galego e desde a rede “Galiza Non Se Vende”

Todas estas alegacións son muitísimos argumentos en contra do Plano Director que pretende ceder o litoral galego aos intereses especulativos dos grandes grupos económicos e especulativos.

 Resulta coherente que utilice a palabra folclórica de xeito despectivo, unha persoa que pretende destruir a identidade colectiva das vilas mariñeiras, o noso patrimonio marítimo e a nosa paisaxe formigonando o litoral.

Quen se está a quedar sen argumentos para defender que se triplique o número de amarres de embaracacións deportivas é este señor que defende un Plano Director no que se chega a afirmar que é positivo o cambio climático para fomentar o turismo nautico, un Plano baseado nun modelo económico privatizador e especulativo, que propón a ocupación e privatización de terrenos públicos, que pretende transplantar o insustentábel modelo turístico do mediterraneo (urbanizacións a esgalla, campos de golg e portos deportivos), que non contempla os impactos da actividade turística, que ten a construción como un fin en sí mesmo, que aumenta o desequilibrio poboacional entre o interior e a costa, que foi feito sen consultar aos colectivos de afectados, so cos argumentos dos empresarios do sector e os donos de embarcacións, que fala de turismo de calidade o que mais cartos ten e non o que é máis respetuoso coa cultura autóctona e co medio ambiente, que pretende mostrar interesadamente unha imaxe popular do elitista deporte nautico para xustificar as intervencións, que fala de necesidades futuras basandose en meras especulacións e que non contempla o efecto acumulativo das obras de recheo e a irreversibilidade do impacto provocado.

Un Plano que de levarse a cabo: afectaria a dinámica de correntes e por conseguinte ao desplazamento dos sedimentos deixando muitas praias sen area, afectando a sistemas dunares, modificaria a liña de costa e incluso alguns proxectos provocarian o estrangulamento das rías ralentizando as correntes e dificultando a depuración natural, que teria un forte impacto estético e paisaxístico, incluso da paisaxe submariña, que impactaria sobre a diversidade de usos das rías, que aumentaria a conataminación acustica, lumínica, atmosférica e acuática afectando a toda a vida mariña, a ecosistemas de alto valor, á zonas de alevinaxe, a areas de posta, á bancos naturais, provocaría perda de biodiversidade favorecendo a entrada de especies colonizadoras, tería un forte impacto sobre a producion primaria o que repercutiria sobre toda a cadea trófica, crearia zonas con pouca circulación de agua onde a vida mariña desapareceria, e teria un forte impacto económico sobre as actividades económicas de pesca, marisqueo e acuicultura nas rías.

One Comment

  1. a cousa e esta si este home , esta facendo cafaltruadas as ultimas en Rianxo , por que non nos xuntamoes todos y Obligamos a Touriño a darlle a dimision, y morto o can acabouse a rrabia

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.