Pages Navigation Menu

Contra a reforma da Lei do Solo

Galiza non se Vende, vén de poñer en marcha unha campaña contra a última reforma da Lei do Solo (Lei 2/2010, de 25 de marzo), aprobada hai dous meses e medio.

Este venres entregáronse, por rexistro e en distintas cidades do país, escritos dirixidos a diferentes  institucións co obxectivo de que, os organismos capacitados para facelo,  presenten un recurso de inconstitucionalidade contra esta lei.

Pedimos a súa suspensión polo Tribunal Constitucional porque entendemos que infrinxe moi gravemente a Constitución e o resto da normativa ambiental e urbanística (sentenzas do Tribunal Constitucional, Directivas Ambientais, Lei de Costas ou lexislación estatal).

Entendemos, por riba de calquera outra consideración, que esta acción pode ser unha das ultimas posibilidades legais de impedir a entrada en vigor dunha lei que tería terribles consecuencias.

Os documentos van dirixidos ao presidente do goberno español, á ministra de Medio Ambiente, ao ministro de Política Territorial e ao Defensor do Pobo, porque son as únicas persoas ou organismos capacitados legalmente para presentar ese recurso.

Denunciamos así as mudanzas claramente inconstitucionais e insostíbeis introducidas nesa lei, que persegue a marbellización do litoral galego e unha enorme desprotección e destrución do territorio. Un todo vale consensuado cos concellos que só reponde aos intereses dos promotores, construtores e multinacionais, así como doutros intereses privados.

O contido do documento presentado aos diferentes organismos podedes consultalo aquí.

3 Comments

  1. Non estaría demais que expuxerades os argumentos. Doutra maneira non se informa.

  2. ¿ Por que O Courel non é Parque Natural ?

    http://www.flickr.com/photos/profefilo/4663958750/in/pool-soscaurel

    ¿ Por que os usuarios de Chuza non dan luz verde a esta noticia ?

    http://chuza.gl/historia/o-alcalde-de-quiroga-nega-ter-bloqueado-o-parque-natural-do-courel/

    Algo debe ter a auga… cando a Bendicen…?

    http://chuza.gl/historia/por-que-o-courel-non-e-parque-natural-2/

    ¿Por que non denunciar ao responsable do Informe de Impacto Ambiental que legalizou a Canteira da Campa?

    Non está tan lonxe… chámase Pachi Vázquez !

  3. Lamentábel a actitude de Adega con GNSV. Lede o comentario que escribe en Vieiros:
    http://www.vieiros.com/nova/79926/galiza-non-se-vende-insta-o-goberno-espanol-a-recorrer-a-lei-do-solo#comentario-2
    Chega ao extremo de falsear a información e atribuír a GNSV frases terxiversadas que non figuran na páxina de Galiza Non Se Vende

Deixa una resposta a rachapedras Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.