Pages Navigation Menu

Contra a violencia urbanística: Non ao PXOM de Vigo

Non ao PXOM de Vigo

  SÁBADO 15 DE DECEMBRO ÁS 18:00

MANIFESTACIÓN

SAÍDA DA RÚA DO PRÍNCIPE (FRONTE AO MARCO)

 CONVOCA  REDE A RÍA NON SE VENDE

 MANIFESTO:

 Sete anos de redacción e tramitación do PXOM de Vigo revelan a incultura territorial, a oligarquía planificadora e a falta de ética social e ambiental dos sucesivos Gobernos Municipais, dos grupos de presión económica que integran o Consello Sectorial de Urbanismo e do propio equipo redactor do Plan. A consecuencia é un monstro urbanístico que ameaza o tecido económico, o patrimonio natural, a equidade social, o patrimonio cultural e os sinais de identidade de Vigo, das Rías Baixas e de toda Galicia. A xestión irresponsable da Xunta de Galicia permite que este monstro siga vivo e vaia ser sometido a unha nova aprobación provisional polo Concello en decembro de 2007, coa intención de que a Xunta outorgue a súa aprobación definitiva en xaneiro de 2008. O resultado deste proceso é o seguinte: Ler máis

(A rede A RÍA NON SE VENDE agrupa a 14 colectivos ecoloxistas, asociacións culturais e sociais da ría de Vigo, a maior parte deles integrados a súa vez na rede GALIZA NON SE VENDE)

2 Comments

  1. ola a todos

    entereime hoxe, por casualidade, que mañá domingo hai unha manifestación en Merexo, pero non vexo información na páxina. Convocaa Galza non se vende? Non???

  2. Na páxina de convocatorias aparece ese acto

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.