Pages Navigation Menu

Convocatorias

Comunicado da Plataforma Veciñal de Merexo

Chegou o momento. Desgraciadamente, estamos ás portas da aprobación do maldito plan de acuicultura. O vindeiro xoves 26 de xuño+ celebraráse o último consello da Xunta do mes. E debería ser cando os nosos queridos gobernantes den o visto bo a esta desfeita.
Chegou o momento de voltar á rúa para decirlle á Xunta que seguimos sin estar dacordo, que se trata dun plan que destrúe os nosos pobos, o noso patrimonio, a nosa cultura, ás nosas orixes ancestrais e a herdanza que estamos obrigados a deixarlle ós nosos fillos ó igual que fixeron os nosos pais.
Pídovos a todos e a todas a vosa colaboración, fágovos chegar esta chamada á unidade e á concienciación porque é preciso un esforzo máis para achegarnos a SANTIAGO, o VINDEIRO XOVES ás 10 DA MAÑÁ ás portas de SAN CAETANO.
Os nosos gobernantes non poden aprobar esta desfeita sen que nós estemos presentes. Teñen que sentir o alento do pobo no pescozo, e non pode ser que se aprobe este maldito Plan de Acuicultura sen que sintan alomenos a vergoña de facelo mentres os habitantes deses pobos estamos na rúa berrando, clamando xustiza polos nosos dereitos a decidir como queremos que sexan os pobos nos que temos nacido e nos fixemos homes e mulleres.
Por todo isto, é imprescindible que nesta acción poñades todo o voso empeño. Pídovos toda a vosa ilusión, todos os vosos esforzos para conseguir que o vindeiro xoves, 26 sexamos moitos e moitas os que nos acheguemos a San Caetano. Hai que facelo coma se fose a primeria xornada desta loita digna e xusta que nos ten na rúa desde fai máis dun ano.
Compañerios e compañeiras, isto non pode quedar así. GALIZA NON SE VENDE, OS NOSOS POBOS NON ESTAN EN VENDA, O NOSO PASADO NON ESTÁ EN VENDA E O NOSO FUTURO TAMPOUCO.
Pensade en toda esa xente que durante este ano, coa boca grande ou pequena, seguiu animandándonos, dándonos o apoio incondicional, polos que están ou xa non están con nós, polos que dende calqueira parte do mundo están unidos á nosa causa ainda cando non poden estar presentes, polos nosos emigrantes que quixeiran ser os primeiros en berrar con nós pero que, diversas circunstacias non llo permiten, polos nosos fillos e fillas pequenas, para que o día de mañá non nos culpen de non ter feito o suficiente…
Por todos eles… agardo os vosos comentarios. Unha aperta solidaria.

A Asociación Cultural fuco buxán e VERDEGAIA organizan a presentación do libro :

“MUROS DE SILECIO.
Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa”
Autores: Carmelo Teixeiro Menéndez, Enrique Barrera Beitía
e Manuel Rodríguez Carballeira
Unha das mayores fraudes cometidas en Galicia nos últimos anos.
Xoves, 21 de febreiro, ás 20 h. Local Social de Verdegaia
Avda. de La Habana, 64 OURENSE
Interveñen: Rafael Pillado Lista, vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e Manuel Rodríguez Carballeira (Lalán),Presidente da A.C. Fuco Buxán e coautor do libro

Domingo 24 de febreiro. Roteiro polo Courel. Vilamor- Vilar- Froxán“O Courel Mediterráneo”

Discorre ao sur da canteira da Campa, polo territorio que queren deixar fóra do Parque Natural, aínda que xa está protexido pola Rede Natura. O Camiño vai seguindo o curso do Lor a media ladeira. Coñeceremos aspectos naturais desta singular zona e os impactos que as canteiras están a ter sobre a conca do río Lor.

Data: Domingo 24 de febreiro. Saída en autobús dende a estación de autobuses de Compostela (marquesiña de acceso de pasaxeiros) ás 9:00
Cómpre anotarse antes do venres 22 de febreiro chamando ao 622033665 ou escribindo a info@verdegaia.org
Prezo: 10 €
Distancia: 9 quilómetros
Duración: 3 horas, incluíndo as paradas en Vilar, Castro de Vilar e no río Lor.
Dificultade: media
Colabora: SOS-Courel
Descripción:
Entraremos no Courel por Monforte – Poboa de Brollón.
A primeira aldea da Serra, o Carballal. Logo faremos unha paradiña no castro de Vilamor, preto da estrada, no medio e medio do Courel, dende onde se domina toda a cunca do Lor, dende o Cebreiro ata a Ribeira Sacra. Fronte a nós, na outra beira o inmenso cráter da canteira da Campa.
Máis abaixo, xunto a Igrexa de Vilamor deixaremos o autobús, e baixaremos un quilómetro e medio ata chegar a ponte que cruza o río Lor.
Dende o río, hai que subir 2 quilómetros ata Vilar, é o tramo máis difícil da ruta. Primeiro o souto, logo a aldea e no medio o museo etnográfico de Xan de Vilar, sen axudas oficiais.
Outro quilómetro e xa estamos na Capela de San Roque, tamén entramos polo Castro adiante, que fai equilibrio sobre o abismo.
Volvemos o camiño. Logo de baixar 3 quilómetros, chegamos a Vitoreira (a pena do voitre), inmenso farallón vertical que cae sobre o río, antigo cubil de todo bicho alado, aguias, bufos, falcóns, …. Camiño moi xusto entre a rocha e o precipicio.
Outro quilómetro, e volvemos estar no río, na praia de Froxán, na ponte de Castroportela.
Logo subiremos a modiño cincocentos metros ata Froxán.

O DÍA 23 DE FEBREIRO DE 2008 CEA SOLIDARIA CO COUREL e PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL ‘UNHA LOUSA SOBRE O COUREL’.

No centro social Faisca Rúa Toledo, 9, Calvario, Vigo

O ACTO COMEZARÁ AS 21:00 HORAS

QUEREMOS CONVIDAR A TÓDOL@S COMPAÑEIR@S DA REDE A UNHA CEA SOLIDARIA, QUE SE FARÁ EN VIGO, CO COUREL. PODE SER TAMÉN UN BON MOMENTO PARA COÑECERNOS TOD@S E TER UNHA CHARLA AMENA DIANTE DUN PRATO DE COMIDA.

A Produtora Namche Films proxecta e presenta o Documental

‘UNHA LOUSA SOBRE O COUREL’
o director do mesmo, Enrique Banet, a produtora Mabel Rivera, e un membro da Asociación SOS Courel, participarán na presentación do documental sobre a problemática do Courel.

Algúns contidos do documental:
-Courel Parque Natural?
-Imaxes do Courel e Somiedo (Asturias)
-Música de Emilio Cao
-Poemas de Novoneyra
-Tres temas de Xan de Vilar
tras a proxección do documental comezará a cea, vexetariana, da cal gostaríamos que participasedes tod@s.
É o momento de ser solidarios. O Courel necesita do apoio de todos.
convoca: rede A Ría Non se Vende

A Asociación na Defensa do Parque Rosalía de Castro pide apoio para preservar este enclave e lograr a súa denominación como Ben de Interese Cultural

Asinar aquí: http://www.parquerosalia.es/sinaturas.asp

e tamén neste outro enderezo: http://www.parquerosalia.es/bic.asp

Presentación documental “Unha Lousa sobre O Courel”

  • Día: venres, 8 de Febreiro.
  • Hora: 11:00, pase do documental; 12:00, rolda de prensa.
  • Lugar: Club Internacional de Prensa, Avda. da Coruña, 6 – baixo. (Compostela).

 

Estaremos na presentación os realizadores do traballo: Enrique Banet, director, e Mabel Rivera, produtora, que xuntos compoñemos Namche Films, S.L. Contaremos tamén na mesa con Orlando Álvarez, directivo de SOS-Courel, a asociación ecolóxico-cultural que encabeza o movemento a favor da declaración de O Courel como Parque Natural; confirmaron tamén a súa asistencia algúns dos profesionais entrevistados no documental, no que nos achegan opinións de gran interese sobre distintos aspectos da incomparable biodiversidade desta zona extraordinaria. Aproveitaremos tamén a oportunidade desta data para convidarvos unha vez máis a que vos sumedes á mobilización do próximo 17 de Febreiro en Compostela, convocada pola Rede Galiza Non Se Vende, da que tamén formamos parte xunto coa inmensa maioría das organizacións medioambientais de todo o territorio galego. A partir desta presentación, e tal como vimos facendo dende que sacamos o noso anterior traballo O Salario do Silencio, iniciaremos a fase de presentacións públicas do documental, con debate incluído, naqueles lugares que vaiamos programando, ou alá onde nos sexa requerido: para todo isto, seguimos contando coa vosa asistencia e colaboración, que aproveitamos para agradecer unha vez máis. Unha aperta, ata pronto, e ás portas dunha nova cita electoral, lembrade:

  • Goberne quen goberne GALIZA NON SE VENDE!!!!!

Mabel Rivera & Enrique Banet, NAMCHE FILMS, S.L.

Actividades da Comisión de Cultura en Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia

A Comisión de Cultura do C.O.A.G. en Lugo comprácese en invitarlle ó acto de de inauguración da Mostra cos resultados dos Terceiros Concursos Fotográficos de Acertos e Desastres Arquitectónicos na Provincia de Lugo, entrega de diplomas ós galardoados e seleccionados, e á conferencia que con ocasión da mesma dará D. Xosé Manuel Rosales Noves, coordinador do Proxecto Terra. Este acto terá lugar no Salón de Actos da Delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos (Rúa Puro Cora xornalistas nº 1) o vindeiro venres 8 de febreiro do 2008 ás 20:00 h. Saudos da Comisión de Cultura en Lugo do C.O.A.G.

culturalugo@coag.es
http://lugo.coag.es

Manifestación contra a Variante Interior de Noia

Convocamos a tódolos interesados a unha manifestación en contra da manipulación política de informes técnicos e a falta de protección oficial a que nos vemos sometidos.
Celebrarase o mércores 6 de febreiro, as 11:00, diante da sede da Presidencia da Xunta de Galicia, en San Caetano. Está organizada pola Plataforma Contra a Variante Interior de Noia. Dita plataforma conta co apoio dos verdes europeos, que condenan o proxecto vixente.
Agradecemos a asistencia e a colaboración de tódolos interesados en evitar a destrución da nosa terra. Saúdos.

O mundo das aldeas chega este sábado ao Liceo de Ourense.

2 de febreiro, ás 20.00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense, Rúa Lamas Carvajal,5.Arraianos, Alvarellos e TVE convídano á proxección do documental Queda alguén aí?, xunto coa presentación da revista Arraianos nºVII: A vida nas aldeas e unha mesa redonda sobre o futuro do rural galego.
Participan:
Rafael Cid, director do documental
Aser Álvarez, director da revista
Henrique Alvarellos, editor
Roberto Castro, voceiro do PP en asuntos rurais
Francisco Sineiro, profesor de Economía Agraria na USC
Xosé Rodríguez Cid, Delegado da Consellería do Medio Rural en Ourense

 

Agardamos poder contar coa vosa presenza

Próxima entrada dun gaseiro na ría de Ferrol

Ante a próxima chegada do gaseiro nº 13 cara a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, coa sua carga de GNL, este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
CONVOCA: Unha cacerolada – tamboreada para o Venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá. Diante do edificio da Autoridade Portuaria Peirao de Curuxeiras – Ferrol, para logo desplazarse a o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Plaza de España.
Características do buque: LNG SOKOTO, Bandeira de Bermudas, Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.

Manifestación en Redondela

Fagovos saber que o vinderio, venres, 1 de febreiro do 2.008, ás 20:00 hs., con saida dende o aparcadoiro da depuradora (E.D.A.R.) de Redondela, sita na Avda. de Mendiño, de Redondela, estades convocad@s pola Plataforma Cidadá contra a
Autovía e a Federación de AA. VV. “San Simón” de Redondela a unha manifestación “pola defensa do noso territorio e o fomento do trasporte público”

Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

Este sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol)acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría,producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe aos veciños de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron…), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy…), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das “cantareiras e cantareiros de Mehá”.

 

Charla-coloquio sobre a “CONTAMINACIÓN E SAUDE MEDIOAMBIENTAL” E “PLANTAS DE TRATAMENTO DE RESIDUOS TOXICOS E PERIGOSOS E SAÚDE HUMANA”.

JOSEP FERRIS I TORTAJADA.
Coordinador da Unidade de Saúde Medioambiental Pediátrica,
Hospital Infantil Universitario la Fe de Valencia.
sábado día 26 de Xaneiro de 2008 ás 6 da tarde na Casa da Cultura de Ribadavia,
Convoca : FORO O RIBEIRO “TEMOS DEREITO A SABER” contrario a instalacion do parque de tratamento de residuos de Carballeda de Avia

A calidade de vida da poboación está condicionada pola calidade do ambiente natural e social no que se atopa. As sociedades desenvolveron actividades que son discriminatorias para o ambiente.Unha das causas é a falta de conciencia das consecuencias de determinadas actividades para o ambiente e tamén de que a degradación do ambiente afecta non só ós recursos naturaís senón tamén á vida humana. Estas relacións fanse máis evidentes cando a degradación do ambiente ocasiona graves problemas de saúde e calidade de vida.O primeiro paso para afrontar a discriminación do medio consiste en tomar conciencia da súa existencia. Cómpre considerar o xeito en que desenvolvemos o comercio, as obras públicas, as leis, e o control e avalaiación das actividades que de xeito desigual afectan ó ambiente de certos sectores da poboación.A sociedade ten que participar activamente na toma de decisións destas áreas.
Toda persoa debe ter acceso adecuado á información sobre o ambiente da que dispoñan as autoridades públicas, incluida a información sobre os materiaís e as actividades que entrañen perigo nas súas comunidades, como tamén a oportunidade de participar nos procesos de adopción das
decisións.Os Estados deberán facilitar e fomentar a sensibilización e a participación da poboación poñendo a información a disposición de todos.
Protexer o noso ambiente significa protexer a nosa saúde, a saúde das nosas familias, os nosos veciños e nosa economía

Burla Negra e Arredemo convocan:

ACCIÓN DE APOIO A ISAAC DÍAZ PARDO E PRESENTACIÓN DO Nº CERO DO XORNAL GALICIA

  • Lugar: Instituto Galego da Información (IGI) Estrada de Lavacolla, Santiago de Compostela
  • Día: Mércores 23 de xaneiro
  • Hora: a partir das 18:00 horas
  • PRESENTACIÓN DO XORNAL: 19:30 horas

Coincidindo coa sesión da xunta de accionistas do IGI, na que previsiblemente o seu fundador, Isaac Díaz Pardo, será definitivamente afastado como conselleiro delegado do ente, convocamos as persoas e colectivos participantes no Foro Negro e demais colectivos e persoas comprometidas coa cultura galega a participar da acción.
Arredemo fai tamén un chamamento á distribución colectiva do nº Cero do Xornal Galicia aos socios da rede e a persoas e colectivos interesados en facer chegar esta acción en rede ao seu entorno máis próximo.
O Galicia estará dispoñible en librerías e quioscos a partir do xoves desta semana.
Ao mesmo tempo, no propio acto estarán dispoñibles exemplares para a súa venta e para a rede de distribución.
Para máis información, solicitar exemplares e calquera outra cuestión, contactar en
foronegro@arredemo.info
ou no 638 231 068

Boicó á caza do raposo

Tarde, pero enteramonos.Será o domingo 27 de xaneiro en Portomarin o V Campionato de España de Caza do Raposo.Apuntate e anima a amigos e amigas para boicotear esta “fazaña”.Contacta por telefono ou e-mail con matarpormatarnon@yahoo.es.
A ver se xuntamos a maior cantidade de xente posible para acudir ó monte.Hai que madrugar.Ás 9 empeza a cazata e hai que telos localizados.De non poder chegar a tempo quedamos frente a eirexa de Portomarin para contactar con enlaces e acudir ó monte.Divulga esta
información.

Sábado 19 de Xaneiro ás 18h : Acto informativo na rúa.

No cruce da rúa Príncipe con Colón (á altura da farola).
Xoves 24 de Xaneiro as 20h na Cova Dos Ratos (r/Romil,3) :
Charla-Coloquio
¿Qué é o Tratado de Lisboa?
Un instrumento que reforza as políticas neoliberais, a competitividade e o déficit democrático da Unión Europea, perpetúa o poder das multinacionais e incrementa a represión e a militarización de Europa, con graves consecuencias sociais (máis desemprego, pobreza e precariedade) e medioambientais (máis Cambio Climático por exemplo).
Na semana de acción global do Foro Social Mundial (21-26 de xaneiro) analisaremos os moitos impactos que teñen as políticas da Unión Europea sobre as nosas vidas e o planeta, e cómo profundizan a dinámica “todo se vende” á cal nos enfrontamos cada vez máis persoas berrando “O noso mundo non está en venda” e “Galiza non se vende”…
Ponente: Tom Kucharz, Ecologistas en Acción e Verdegaia
Organizan: Rede A Ría Non se Vende (Salvemos Monteferro, Centro Social A Revolta, L.S. A Faísca, Plataforma pola defensa da enseada San Simón, Luita Verde, Bouzas Móvete, Asociación Cultural Caleidoskopio, Verdegaia, Foro Social de Cangas, Colectivo Nacionalista de Marín, G.A.S., Plataforma para a Conservación do Litoral de Bueu Anduxía e OAR ), Xogo Descuberto e CGT.

Para ampliar esta información:
http://www.tratadolisboa.blogspot.com/

Remitimos proposta de programa de actos para o Día de Mobilización e Acción Global do 26 de Xaneiro.

Nestes intres máis de 60 organizacións teñen confirmada a súa presenza. Até o día 26 continúa a campaña de adhesións á asemblea de movementos sociais. LISTAXE DE ADHESIÓNS: http://altermundo.org/portal/content/view/1113/366/lang,gl_ES/

Lugar: Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela

Hora: de 10 da mañá a 2 da tarde

FEIRA DE ASOCIACIÓNS E ALTERNATIVAS: rematado o prazo de inscrición. Prégase ás organizacións participantes que teñan montada a súa estrutura ás 10 da mañá. Haberá mesas e cadeiras a disposición destas organizacións. A feira desenvolverase de 10 a 14 horas.

ASEMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS: proposta

  • 11:30 horas. Apertura. Chamamento a un Día de Mobilización e Acción Global. Presentación dos obxectivos da convocatoria.
  • Debate horizontal sobre a necesidade da creación dun Foro Social Galego (por mor do límite de tempo, só até as 14 horas, compriría establecer limitación temporal das intervencións de colectivos e persoas a título individual en función das palabras pedidas).

PARTICIPA NO FORO NEGRO
A necesidade de gobernar o descontento

O vindeiro sábado 19 de Xaneiro a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de Información (IGI) a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión, reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural.
No mesmo día presentarase o número cero do Xornal Galicia como reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá como documento base do foro e inciativa de apoio a Isaac.
Desde Arredemo e desde a Burla Negra chamámoste a formar parte da construción da rede de comunicación e distribución social coa que xa compartimos aventuras, despistes e fracasos, e algún que outro éxito en experiencias como Hai que Botalos.
Queremos contar contigo e con toda a túa experiencia para sumar forzas na construción dunha rede capaz de proporse accións á altura das esixencias do momento, seguros como estamos de que cando traballamos xuntos nos sentimos menos sós e acadamos mellores resultados.
Porque cando as cousas se sinten e o compromiso é sincero e libre as nosas accións resultan máis divertidas e os obxectivos a acadar semellan máis próximos.
O sábado 19 chocámonos as mans no edificio do IGI. Non faltedes.

LUNS DÍA 14 PRESENTAMOS EN SANTIAGO, ÁS 10:30 HORAS (CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA DE GALICIA -AVDA. DA CORUÑA, 6) A NOVA ETAPA E O NOVO NÚMERO DA REVISTA “ARRAIANOS”.

Consultade todos os datos neste enderezo:
http://www.alvarellos.info/convocatorias/
e na nosa web www.alvarellos.info

Convocatoria recibida do CCE:

Ante a próxima chegada do gaseiro nº 12 cara a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
CONVOCA: unnha cacerolada – tamboreada para o Mércores 9 de xaneiro, ás 16,15 h. Diante do edificio da Autoridade Portuaria Peirao de Curuxeiras – Ferrol
Características do buque:
LNG SOKOTO
Bandeira de Bermudas
Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.
Carga: GNL 130.711 m3 (58.476 Tm.)
¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

A Asociación Sagres e a Confraría de Aguiño

invítavos á proxección do documental AGUIÑO COMO SOBREVIVIR AO PRESTIGE
e a CHARLA-COLOQUIO na que intervirán:

Ramón Muíño, biólogo, Universidade da Coruña .
Luis Sampedro, biólogo, Sagres.
Quico Cadaval, dramaturgo, moderador.
Miguel de Lira, actor.
Emilio McGregor, director de cine.
Fins, presidente de Adega.
Andrés Monteagudo, patrón maior da confraría Aguiño.
José Manuel Oujo, presidente da Asoc. Mariscadores Aguiño.
Quedamos no salón da confraría de Aguiño este venres
4 de xaneiro de 2008 ás 18:00

MANIFESTACION EN CAMELLE

DOMINGO dia 30 AS 12:00H. A manifestación nacerá dende o museo do Alemán percorrendo todo o paseo Marítimo ata a Xandriña

CAMELLE NON SE VENDE! GALIZA NON SE VENDE!

Desde a Plataforma “Seiruga Limpa” queremos invitar a todos/as plataformas, asociacions e persoas a unha manifestación que tera lugar en Malpica de Bergantiños ó día 30 de Decembro as 12:00 diante do Concello.

O obxetivo da nosa manifestación e claro, un NON ROTUNDO ó actual Plan de Acuicultura da Xunta de Galicia e un NON ROTUNDO a calquer tipo de instalacions de este tipo AGORA e SEMPRE, xa que consideramos que este tipo de piscifactorias de engorde de peixe de alta calidade ó unico que faran e destruir a calidade das augas do noso mar, (calidade que por outro senso e precisamente ó que lle da ó reconocemento os nosos productos do mar a nivel mundial) en beneficio dunhas poucas empresas. Máis información aquí

Reunión da Rede Galiza non Se Vende

O sábado 22 de decembro ás 11:00h no local do Centro Social do Pichel. O enderezo é o seguinte: Rúa de Santa Clara 21, baixo. No mapa o lugar corresponde ao nº3

Manifestación en Vigo contra violencia urbanística

Sábado 15 ás 18 h. na rúa Príncipe fronte ao Marco.

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha cacerolada-tamboreada

para o Mércores 5 de Decembro, ás 12,45 h.

Diante do Edificio da Autoridade Portuaria (Peirao de Curuxeiras de Ferrol). A chegada deste buque gaseiro, é unha proba mais da temeraria falta de seguridade da Planta de Gas de Reganosa, a cal ten autorizada unha capacidade de atracada de 140.000 m3, pero este buque “LNG ADAMAWA” trae unha carga de 68.000 toneladas, que coa densidade de 0,4465 equivalen a 152.292 m3, polo tanto debe serlle prohibida a entrada por un exceso de carga de 12.292 m3, ademais de polos perigos que supón para a vida humana dentro da Ría de Ferrol.

 

NOVO ROTEIRO DA PLATAFORMA DE QUILMAS PARA O 6 DE DECEMBRO

A Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas organiza coa colaboración de ADEGA un novo roteiro polas fermosas terras de Quilmas, no Concello de Carnota.
O roteiro celebrase o xoves 6 de decembro(día festivo) ás 11:00 desde a fonte de Quilmas.
Entre os lugares que se visitarán: o Chan das Lamas, a pequena aldea de San Cibrán ( 3 casa,unha delas restaurada como Casa de Turismo Rural), pasando pola Curra,muiños,carreiroa e a beira do mar por Portonegros, Area Branca para chegar finalmente ao Portiño de Quilmas.

 

Cadea humana en Merexo (Muxía)

A Plataforma Veciñal de Merexo convocamos para o domingo día 16 de decembro, ás 12 horas en Merexo (Muxía) un multitudinario acto reivindicativo coa celebración dunha Cadea Humana, co fin de delimitar o perímetro da superficie que a Consellería de Pesca pretende expropiar para incluir no Plan Acuícola.
Tamén se lerá por parte de destacadas figuras un manifesto contra o Plan Acuicola Galego ante a presenza dos medios de comunicación.
Xa temos recibido multitude de apoios e mensaxes de ánimo na comarca e xa hai algunhas asociacións que confirmaron a súa presenza.
Convidámosvos a participar con nós nesta xusta causa e agradecemos a vosa colaboración activa.

Roteiro reivindicativo

Comunicado dos veciños de Mugardos despois de 111 pechados no Concello

111 DÍAS
Que son 111 días? Para nós “111 días” será desde hoxe a referencia á vez que uns veciños valentes estiveron encerrados no Concello de Mugardos co fin de devolverlle a dignidade perdida a Galicia; un tempo dedicado a demostrar que contra as cacicadas e abusos hai que loitar; e que cando algúns partidos e políticos perden o rumbo e traspasan os límites da legalidad, os galegos poden e saben actuar.
Con ese obxectivo fai xa 111 días abandonastes os vosos fogares e convertestes o salón de plenos deste Concello nun lugar de convivencia e organización exemplar. Estas paredes do salón de plenos deben estar atónitas, porque moito me temo que o que viron durante estes meses, en términos de compromiso e dignidade, non é, de ningunha maneira, ao que lle teñen afeitos as súas ocupantes naturais. Salvo algunha honrosa excepción. Descargar aquí o comunicado en formato pdf

Marcha nacional Conta o Plan Acuícola: 4 de novembro en Corrubedo

Dende as terras galegas que mollan os salseiros atlánticos, aquelas que bican o mar dende A Guarda a Ribadeo, os movementos sociais galegos, xentes con amor polo noso, chamamos a Galiza enteira a erguerse connosco nun berro colectivo contra o Plano Acuícola da Xunta.
Consideramos que este plano sectorial constitúe unha traizón ao povo galego por parte dos seus gobernantes, pois pretende enaxenar o mellor do noso litoral para alimentar os insaciábeis bandullos das transnacionais do peixe. Esta ocupación masiva da beiramar de máis de 3 millóns de metros cadrados é unha sentenza de morte contra as nosas praias e cantís, unha violación das nosas máis sobranceiras aisaxes, unha insustentábel hipoteca para os recursos ambientais e económicos autóctonos, e unha legalización encuberta da contaminación salvaxe do mar. Peixes planos nas piscinas… e encefalogramas planos nos despachos.
ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e ndecente no eido ambiental. Millóns de metros cadrados de litoral liberado poden ficar para sempre soterrados baixo o formigón transnacional. As macrofábricas de peixe agreden directamente unha chea de espazos naturais, moitas veces integrantes -ou lindantes- cunha Rede Natura 2000 da que depende a sustentabilidade dos nosos recursos. Resulta tendencioso pretender que instalacións industriais de ducias de hectáreas e sen ningún sistema de depuración non vaian impactar sobre o ecosistema mariño e terrestrepor situarse da outra beira ou no límite dun espazo protexido.
ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e ndecente no eido social. A Xunta pretende agasallar ás empresas con aquilo que as galegas e os galegos sempre conservamos. Velaí o noso castigo. Queren, ao cabo, facer unha expropiación salvaxe do litoral. O Plano ataca de cheo ás áreas costeiras que sempre estiveron liberadas das agresións industriais e urbanísticas. Son o pouco que os queda, e non estamos dispostos a que caian nas mans de mpresas depredadoras. O Plano foi consensuado coas empresas desprezando a opinión do pobo, no que en último caso reside a soberanía do país. Sen nós, non hai Plano.
ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e ndecente no eido económico. A acuicultura en terra só representa o 1,8% da actividade do sector en Galiza. Falar do carácter estratéxico do plano sectorial é enganar ao pobo, pois só resposta ás necesidades dunha mínima parte do sector esquecendo -e mesmo poñendo en perigo- a achega, esta si estratéxica, da acuicultura a flote e dos parques de cultivo marisqueiro, que ocupan a máis de 10.000 persoas, fronte ás 520 da acuicultura en terra. Expropiar ao pobo para beneficiar a empresas que en moitas ocasión nin sequera están no tecido económico do país é unha actitude colonialista. Estas macroplantas van esnaquizar a costa, non van xerar nin de lonxe o emprego que din e van recibir case 400 millóns de euros de subvencións públicas, que deberían ser investidos na valorización dos nosos recursos naturais e na creación de actividades produtivas sustentábeis ao redor dos nosos espazos protexidos.
ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS COS PEIXES PLANOS, chamamos ás galegas e aos galegos a berrar connosco no Porto de Corrubedo, o 4 de novembro de 2007 ás 12:00 da mañá, contra esta aberración ambiental, social e económica á que nos quere condear a Xunta.

“Galiza non se vende” manifestarase o 17 de febreiro en Compostela

Na pasada xuntanza do día 20 de setembro a Rede Litoral Vivo, en adiante Rede Galiza non se vende, acordouse convocar unha grande manifestación nacional para o Domingo dia 17 de febreiro do 2008; pois considerouse que convocar unha manifestación nacional antes desa data resultaría precipitado debido á falta de tempo necesario para elaborar o material, convocar a un grande número de entidades, etc. En calquera caso, acordouse participar naqueles actos reivindicativos previstos no que queda de ano e aproveitalos para dar a coñecer a nova Rede e informar da grande movilización. Para preparar a grande movilización do 17 de febreiro do 2008, creouse unha Comisión de traballo integrada por membros de Fusquenlla, A Ria Non se Vende, S.O.S. Courel, Afectados/as polo Vertedoiro de Carvalleda de Ávia (Ribadavia), Burla Negra, Greenpeace e Verdegaia.