Pages Navigation Menu

Corrupción forestal no Courel

Todo o territorio do Concello do Courel está protexido pola Rede Natura e polas normas Complementarias e Subsidiarias do Planeamento Provincial, é un espacio natural coa máxima protección ambiental e urbanística.

Esta protección foi motivada polo excelente estado de conservación e  a biodiversidade  dos seus montes, cheos de hábitats prioritarios e de hábitats interese comunitario, conformando unha paisaxe única.

Non se entende, porque  nestes marabillosos e completos montes, onde non hai nada que restaurar a Xunta e o Ministerio estén artellando continuamente intervencións chamadas de Restauración  Hidrolóxico Forestal, dispondo gran cantidade de fondos propios e máis Europeos.

Máis escandaloso é aínda o feito, de que estas intervencións que están proxectadas para facelas de xeito manual, sexan finalmente realizadas con grandes máquinas e coa destrución  sistemática dos hábitats protexidos, coa intención de aforrar man de obra e multiplicar o lucro económico.

Estamos pois ante un gravísimo caso de corrupción de fondos públicos que desemboca nunha desfeita inimaxinable, podemos ver uns pequenos detalles da destrucción absoluta  do Courel, dos últimos anos, empregando fondos europeos http://megoxe.blogspot.com/

A falta de datos concretos calculamos que a Xunta de Galicia e o Goberno Central invisten cada ano máis de 3 millóns de euros en destruír o Courel, cifra suficiente para pagar os salarios de máis de 100 persoas que se poderían adicar a restaurar as inmensas desfeitas do  Courel. Postos en contacto con persoal das Direccións xerais de Montes e de Conservación da Natureza, sacamos a conclusión de que non van facer absolutamente nada e que posiblemente aparezan lumes por todos os lados, como represalias as nosas denuncias. Por iso temos que acudir inmediatamente ó Parlamento Europeo, para denunciar esta situación, e que obriguen as autoridades Galegas e Estatais a tomar medidas contundentes para atallar está barbaridá antes de que chegue o verán

A pesar do recente anuncio do Parque Natural xa detectamos  nas últimas tres semanas tres escándalos graves de destrución ambiental:

A-     Ferramulín http://www.agalega.info/videos/?emi=9661&corte=2010-03-05&hora=14:00:30&canle=tvg1

B-      Ferreirós http://www.agalega.info/videos/?emi=9687&corte=2010-03-09&hora=20:23:44&canle=tvg1

C-      Miraz: destrución das Lampas- Tarobranco http://tarobranco-courel.blogspot.com/

Este último caso afecta a un gran número de hectáreas de gran interese xeomorfolóxico florístico e faunístico, en plena época de reprodución de especies de interés cinexético: corzo, xabaril, ….(para máis información contactar con José Raposo, presidente do coto de caza  Courel-Alto, experto en recuperación de fauna cinexética e veciño de Miraz, aldea á que pertencen os montes destruídos, Lampas e Tarobranco

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.