Cospeito: 10º concerto da caravana Galiza Non Se Vende
O vindeiro luns día 15 de marzo terá lugar no Hotel-Restaurante Terra Chá de Vilalba a rolda presentación do X concerto da Caravana Galiza non se Vende, que terá lugar en Cospeito, onde a veciñanza esta a levar adiante nestes últimos anos unha forte loita contra a extracción de cuarzo que pretende realizar a empresa Erimsa.
marzo 15 Luns 12:00hrs. Hostal-Restaurante Terra Chá de Vilalba
Poñentes:
-Carlos Montero, voceiro da Plataforma de asociacións en contra das minas
-Juan Carlos Andión Río, Presidente da Cooperativa Copacios de Castro de Rei.
-José Rodríguez, Secretario da Cooperativa O Seixo d´A Pastoriza
-Ismael García, Afectado pola concesión mineira e colaborador na organización do concerto.
-Margarida Prieto Ledo, Coordenadora comarcal do Sindicato Labrego Galego n´A Terra Chá
Comentarios recentes