Cromos “aire fresco para Galiza”

NON OS COLECCIONES!!

5 Comments

  1. ¡¡¡Meigas Fora!!, con perdon para as meigas

  2. Se esta vai ser a linha de trabalho da rede “Galiza non se vende” eu me desapunto

  3. SE LLE ACUSA DE:
    · Continuar a política de desmantelamento da pesca e o marisqueo do goberno Fraga
    · Seguir os ditados contidos no Libro Branco Galicia 2010 realizado por Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor e outros, que crucifican a pesca artesanal como actividade minifundista e sen futuro
    · Manter unha política caciquista e de división do sector para evitar a súa rección ante medidas destrutoras
    · Manter coutos pechados privilexiados e privatizadores, como o dos percebeiros en algunhas zonas
    · Calar ante os graves atentados ecolóxicos promovidos por portos deportivos, ampliacións de peiraos, portos exteriores, Reganosa, etc, etc…
    · Promover a revisión do Plan Galego de Acuicultura, aumentándoo en máis de 755.000 m2, favorecendo intereses privados de transnacionais, pretendendo legalizar plantas ilegais, fomentado unha actividade nociva e destrutora de territorio virxe, e aínda por riba ofrecéndoo como progreso para o sector
    · Continuar (coa escusa da profesionalización) coa redución de postos de traballo, (e de metros cadrados de explotación), do marisqueo, cando é a verdadeira acuicultura natural e podería ter unha moi importante expansión
    · Favorecer ou ignorar a entrada de peixe de terceiros países para comercializar a traveso das nosas lonxas, utilizando a nosa marca de calidade, e tirando polo chan os prezos dos nosos produtos (Só un 14% do peixe e marisco vendido en España como galego realmente o é)
    · Ignorar o repetido uso da dinamita na pesca do cerco
    · Intentar tirar todo o control ao sector coa nova Lei de Pesca, na que é a Consellería a que decide todo. A mesma lei tamén abre a porta á privatización do marisqueo, aparecendo a figura do asalariado exento de licenza.

  4. Agora penso que a denúncia que prtende o “cromo” é mais pedagógica co comentário de “tiago” que deixa patente umha série de actuaçons e políticas concretas da Conselheria de Pesca co respeito ao litoral, o marisqueo e a pesca artesanal, que som denunciáveis e que há que reprovar.

    Vimos de mobilizr-nos contra o Plano Acuicola da Xunta de Galicia e seguiremos nessa linha, nom nos queda outro rémedio até fazer variar a política da Xunta, mais quando vejo aos de Merexo, dando-lhe a mam ao dirixente do PP Feijoo, a cousa nom cheira bem. polo que temos que ser pedagógicos à hora de denunciar, pois se a gente soubera todo o que há e porque o fazemos nom fariam falta Blogs como o de Galiza Nom Se Vende. Assím que procuremos explicar as cousas, para evitar equivocos.

    Saúde e Liberdade !

    Inácio da Plataforma Ártabra 21

  5. exactamente, a mesma sorpresa que sínto cando algunhas “asociacións non políticas” (están próximas as eleccións) procuran parar as críticas ao BNG, cargando as tintas sobre o PSOE. Son un goberno e ámbolosdous son responsables

Deixa una resposta a tiago Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.