Delicto ambiental en Monteferro
O colectivo Salvemos Monteferro ven de denunciar como delicto contra o medio ambiente as ilegais e masivas cortas de arborado que se produciron nese espazo protexido durante as últimas semanas.
A primeira denuncia, presentada en novembro ante o Concello de Nigrán (pola vulneración da protección que para ese lugar dictan as Norma Subsidiarias en vigor) tardou 36 días en desembocar na paralización cautelar dos traballos por parte de Xunta e Concello. Cinco semanas nas que as cortas seguiron a un ritmo trepidante, levándose por diante centos de árbores. Cinco semanas que necesitaron para chegar á conclusión de que os autores da desfeita non contaban con ningún dos permisos preceptivos.
Por iso, na última denuncia presentada ante a Garda Civil (Seprona) solicitamos “que se abra unha investigación para determinar en quen reside a responsabilidade de todas estas actuacións: tanto a que corresponda á Comunidade de Montes, autora material das cortas, como a dos que as autorizaron (se fora o caso), ou a dos que non as impediron tendo a obriga de facelo”.
Esta é a cuarta ocasión na que este colectivo denuncia cortas ilegais no mesmo monte. Na última, en marzo pasado, o Concello de Nigrán abriu un expediente á Comunidade de Montes por idéntico motivo, tras paralizar outra tala ilegal.
Chove sobre mollado e compre que dunha vez por todas se depuren as distintas responsabilidades. Ese é o camiño no que agora andamos, e por el seguiremos ata onde haxa que ir.
Toda a información en http://www.salvemosmonteferro.org/,
No Comments
Trackbacks/Pingbacks