Pages Navigation Menu

Denunciamos ante a Fiscalía o exceso de metais pesados no Eume

O recente descubrimento de metais pesados nas augas do río Eume e afluentes motivou unha nova denuncia das organizacións ecoloxistas ante a Fiscalía do TSXG. Representantes de Adega e Fusquenlla presentaron ao fiscal as probas do achado na composición das augas: uranio, aluminio, arsénico, manganeso, chumbo e cromo. Todos estas substancias en cantidades moi superiores ás consideradas normais polos organismos internacionais.

 

As organizacións Adega, Fusquenlla, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia xa denunciamos en febreiro pasado ante a Consellaría de Medio Ambiente e ante a Fiscalía do TSXG o enchido pasivo do oco da mina que Endesa estaba a realizar naquel intre. Nunha reunión que se tivo co fiscal encargado dos delitos medioambientais fíxoselle saber as consecuencias negativas que o lago podería acarrear ao río Eume. A alta acidificación do río non parecía motivo suficiente para unha intervención dos organismos oficiais que, ata o día de hoxe, non deron asomos de preocupación.

 

A gravidade do detectado nesta última análise debería ser razón suficiente para que a fiscalía  abrise unha investigación e solicitase a paralización cautelar do enchido da mina de As  Pontes pois as augas alí acumuladas poden multiplicar os efectos actuais no que a contaminación se refire. As palabras emitidas esta mesma semana polo fiscal do TSXG, Carlos Varela, nas que lamentaba as escasas denuncias que os cidadáns presentan polos delitos contra o patrimonio, merecen unha reflexión. Ou ben as denuncias non son tan escasas e a xudicatura as ignora, ou os xulgados non gozan de credibilidade entre os cidadáns. Agardemos que nesta ocasión a fiscalía amose unha sensibilidade que a consellaría de medio ambiente parece non ter

 

Máis información en El País

No Comments

Trackbacks/Pingbacks

  1. Galiza Non Se Vende » Blog Archive » A Fiscalía non vé delito no enchido da mina de As Pontes nin na contaminación do río Eume - [...] coñecer os termos das denuncias presentadas por Verdegaia, Adega, SGHN e Fusquenlla, tanto polos verquidos ao Eume como polo…
  2. Colectivo Fusquenlla » A Fiscalía non ve delito no enchido da mina de As Pontes nin na contaminación do río Eume - [...] coñecer os termos das denuncias presentadas por Verdegaia, Adega, SGHN e Fusquenlla, tanto polos verquidos ao Eume como polo…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.