Pages Navigation Menu

Denuncias contra a empresa Excongal

Esta é unha relación de denuncias feitas por Luita Verde os últimos dous anos contra da empresa Excongal (a mesma que está a obrar subcontratada en Massó) por varios delitos contra da ordeación do territorio e contra do patrimonio arqueolóxico e a inacción por activa ou pasiva da administración pública do anterior goberno bipartito e dos concellos de Cangas e Moaña gobernados por BNG e PSOE.

POZO GARRIDO – DELEGACION DE CULTURA DE PONTEVEDRA ( BNG )
Denuncia realizada o 24-02-06, a Delegación Provincial de Cultura de Pontevedra dende o primeiro día ralentiza e manipula o expediente sendo o xefe do servizo o arqueólogo Xullo Carballo e a Delegada cargo de confianza do BNG Mª Xesus López chegando ao extremo de aprobar un proxecto arqueolóxico de restauración que incumpría a Resolución do expediente sancionador de de data 27-07-07 ditado por la Conselleira Anxela Bugallo. Este proxecto nunca se chegou a realizar extremo que denunciamos nas tres reunións mantidas coa Delegada e o Xefe do Servizo, sen que estes fixesen nada ao respecto.
Dado que seguían as verteduras e non se realizaba a restauración denunciámolo por escrito, sen que ata a data se incoase outro expediente sancionador.

POZO GARRIDO – CONCELLO DE MOAÑA

Os Concellos teñen competencias en Patrimonio polo cal denunciamos tamén no de Moaña, sen que estes fixesen nada a pesar de que dende Patrimonio se lles envío un escrito de paralización das obras, da aprobación do proxecto arqueolóxico e da supervisión da súa execución. (o alcalde Moaña Sr Millán do BNG, o concelleiro de urbanismo Valentín Piñeiro tamén do devandito partido, primo dos propietarios da empresa Exconga. )

POZO GARRIDO – CONSELLERIA DE CULTURA ( CONSELLERÍA DO BNG )

O 27-07-07 A Conselleira de Cultura Ángela Bugallo resolve o expediente sancionador incoado a Excongal SL, impoñendo unha multa de 120.000 € e a restitución do lugar ao seu primitivo estado polo cal deberá presentar un proxecto arqueolóxico que terá que ser aprobado polo Concello de Moaña e a Consellería de Cultura e supervisado por estes.

O 14-08-07 Excongal presenta en Santiago un recurso do Alzada contra a Resolución da Conselleira indicando que na notificación da resolución do expediente sancionador se lle informa que ante a devandita resolución procede no seu caso a interposición do recurso de alzada, extremo este falso xa que dita Resolución di ” Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados impoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non prazo de dous meses contados dende ou día seguinte ao dá notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 44 e seguintes dá Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora dá xurisdicción contencioso-administrativa “.
La Consellería recolle o recurso de alzada e ata a data preto de 2 anos non resolve sobre este, sendo a falta de resolución deste recurso o argumento utilizado por a Delegación de Pontevedra e a Consellería para non obrigar a Excongal SL a executar a restitución do terreo ao seu primitivo estado e o pagamento da sanción de 130.000 €, temos exposto tanto na Delegación de Pontevedra como na Consellería a improcedencia de dito recurso e que deberían consultar cos seus servizos xurídicos a legalidade do mantemento deste argumento claramente ilegal para non executar a Resolución da Conselleira. O pasado día 7 de xullo volvemos ter unha reunión en Santiago co Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural, para que dunha vez por todas executasen a Resolución e a pesar de recoñecer que tiñamos razón recoñecendo o erro da Consellería de admitir o recurso, insistiu en que ata a súa resolución non podían actuar.
O 09-10-08 mediante escrito dirixido á Conselleira de Cultura e Deporte Anxela Bugallo puxémola en antecedente da situación en caso de que non fose coñecedora desta e entre outras cuestións solicitabamos executásese a resolución ditada por ela o 27-07-07. Ata a data non obtivemos resposta desa solicitude, como tampouco das de manter unha reunión con ela para tratar este e outros temas de agresión ao Patrimonio que estabanse a inctrementar pola nefasta e daixadez de funcións da Delegación de Pontevedra.
Existe unha clara intencionalidade por parte dos responsables das Consellerías BNG-PSOE ou dalgún funcionario en paralizar ou ocultar o expediente buscando a súa caducidade ou a súa perda para non executar a resolución, son varias as coincidencias na utilización do argumento do recurso por funcionarios da Delegación de Pontevedra e da Consellería de Santiago algo insostible xuridicamente, pero o esperpéntico é que o mesmo estea presentado hai preto de 2 anos e non haxa resolución, dado esta situación estamos a barallar a posibilidade da denuncia penal dependendo do custo económico xa que xuridicamente hai argumentos abondos, mentres tanto recorreremos ao Valedor do Pobo.

POZO GARRIDO – C.P.T.O.P.T – AXENCIA DE PROTECCIÓN DÁ LEGALIDADE URBANISTICA. (CONSELLERÍA DO PSOE)

O 29-08-08 Presentan denuncia ante la Axencia, na actualidade segue sin tramitarse estando paralizada na Delegación de Pontevedra sen xustificar as causas.

CASA ILEGAL – C.P.T.O.P.T – AXENCIA P.L.U. (CONSELLERÍA DO PSOE)

O 31-07-08 presentan denuncia pola construción dun chalé de madeira e unha piscina no solo rústico de protección de espacios naturais “Montes do Morrazo”, realizada polos propietarios da empresa Excongal SL a partir dunha licenza para construción dun galpón de 49 m2 para gardar utensilios de labranza, solicitada por Gabriel Piñeiro Costa pai dos representantes de Excongal, a pesar dos informes existentes da Policía Autonómica e técnicos da ilegalidade da construcción, a data de hoxe non se incoou expediente de restitución da legalidade urbanística.

CASA ILEGAL – CONCELLO DE MOAÑA

O Concello de Moaña gobernado polo BNG e PSOE era coñecedor da ilegalidade e non realizou ningunha actuación en orde á protección da legalidade urbanística como era a súa obriga, Valentín Piñeiro en aquela época presidente da Comunidade de Montes de Meira tamén era coñecedor da ilegalidade e encubriuna por razóns obvias, na actualidade como concelleiro de urbanismo e ante a denuncia que realizamos no Concello o 31-07-08 nin el nin o Alcalde denunciaron ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

CRUZ DE LA MACEIRA – CONCELLO DE MOAÑA

O 18-05-07 denuncian a vertedura de terras e entullos xunto á estrada PO-313 por parte da empresa Excongal SL. O Concello gobernado polo BNG e PSOE responde dicindo que a vertedura non corresponde a Moaña e que pertence a Marín, a pesar de que nos planos municipais figuran a zona da vertedura como correspondente a Moaña.

CRUZ DE LA MACEIRA – C.P.T.O.P.T ( CONSELLERIA DO PSOE )

O 18-05-07 presentan denuncia e o 18-01-08 o Servizo de Urbanismo e Inspección de Pontevedra propón iniciar expediente de reposición da legalidade urbanística e o sancionador, dando traslado deste a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sen que ata a data de hoxe se iniciara por parte da Axencia o correspondente expedientes. Tivemos dúas entrevistas en Santiago o 12-08-08 e o 07-07-09 con responsables da Axencia para tratar esta e otras denuncias, sen que ata a data iniciaran ningún expediente a pesar de que en Agosto do 2008 nos dixeron que lles parecía raro que non se iniciase e que tomaban nota para o seu inicio, na do 7 de Xullo infórmannos que está pendente en Pontevedra, cando Pontevedra xa rematou hai tempo a súa tramitación.

MONTECARRASCO – CONCELLO CANGAS ( BNG – PSOE- ACE )

O 29-08-08 presentan denuncia pola vertedura de terra e entullos por parte de Excongal SL, o Concello non respondeu á denuncia nin realizou tampouco as actuacións seguintes ás que está obrigado por lei ( LOUGA ) a alcaldesa Clara Millán.
Artigo 214. Protección da legalidade non solo rústico.
1. Corresponderalle ou conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a competencia para a adopción dás medidas precisas de protección dá legalidade respecto dás obras e actividades realizadas en solo rústico, en calquera dás súas categorías, sen a preceptiva autorización autonómica ou sen axustarse ás condicións dá autorización outorgada, así como nos supostos de actividades prohibidas, sen que resulte de aplicación a limitación de prazo establecida non artigo 210.
Nos restantes supostos a competencia corresponderalle ou alcalde.

2. O alcalde, en calquera caso, adoptará ás medidas necesarias para a paralización dás obras e actividades en execución sen autorización autonómica previa, sen licencía municipal ou sen axustarse ás condicións de calquera das, ándolle conta, se é ou caso, e de forma inmediata ou conselleiro competente en materia de urbanismo.

MONTECARRASCO – COTOPT – AXENCIA PROTECCIÓN DE LA LEGALIDADE URBANÍSTICA ( CONSELLERÍA DO PSOE )

O 01-09-08 denuncian a vertedura de terras e entullos en Montecarrasco, a denuncia está en paradoiro descoñecido, menos mal que mantemos no noso poder a copia debidamente selada.

VARALONGA – ALDAN – CONCELLO DE CANGAS ( BNG-PSOE-ACE )

O 05-09-08 presentan denuncia pola vertedura de terras, entullos, lamas etc. nos montes de Aldán nunha pista de acceso ao xeriátrico privado en construción, ao igual que na denuncia de Montecarrasco a alcaldesa Clara Millán fixo caso omiso á nosa denuncia e ao cumprimento da lexislación vixente.

VARALONGA – ALDAN – COTOPT – AXENCIA DE PROTECCIÓN DÁ LEGALIDADE URBANÍSTICA ( CONSELLERÍA DO PSOE )

O 03-09-08 presentan denuncia o 24-06-09 la Axencia resolve o expediente de restitución da legalidade urbanística por ser obras ilegalizables, quedando curiosamente o devandito expediente paralizado ao presentar Excongal SL unhas alegacións falsas implicando a outra empresa e á Comunidade de Montes de Darbo, extremo este que utiliza a Axencia para paralizar o expediente e amplialo ás empresas implicadas falsamente por Excongal SL xa, e se nos comunica o trámite de audiencia pola devandita implicación. Na reunión mantida o pasado 7 de xullo informamos e demostramos que o alegado por Excongal era falso e así actuaban en todos os expedientes que ten abertos, polo que non entendiamos como a Axencia daba por boas esas alegacións, cando era doadamente pola súa parte comprobar a súa falsidade, ante iso xustificaron a súa actuación pola resposta da Comunidade de Montes de non clarificar a súa non participación nas accións denunciadas por Excongal SL.

Para rematar queremos destacar a actitude da alcaldesa de Cangas Clara Millán pola sua labora en defensa dos infractores como a empresa Puentes e Calzada que está a realizar obras sen licencia en Masso polo tanto ilegais e non ordena a súa paralización, para ser máis esperpéntica a actuación desta señora siñalar que a empresa subcontratada por Puentes y Calzada nas obras de Masso e nada máis ni nada menos que Excongal SL.

2 Comments

  1. Noraboa e Grazas, a Luita Verde, pola súa actividade constante e exemplar. Lamentar a actuación do SEPRONA, que tapa os ollos, orellas, etc. e nembargantes participa da represión contra os veciños que defenden a legalizade no litoral cangués. Esta é a súa “DEMOCRÁCIA”

  2. CRUZ DE LA MACEIRA OU CRUZ DA MACEIRA?
    Por favor, un pouco máis de ecoloxía co idioma que bastante maltratado o teñen tamén. Polo demáis, adiante e forza!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.