Pages Navigation Menu

Dia 8 de Maio, despois da manifestación, ás 17:00 concerto na Sala Nasa

Concerto de GNSV contra o saqueo socioambiental da nosa terraO 8 de Maio, día da manifestación contra a destrución socioambiental danosa terra, ás 17:00 celebrarase na Sala Nasa o último concerto da III Caravana de GNSV, onde actuarán os grupos Guintervan e GalegoZ, presentados polo grupo de teatro Berrobamban.Concerto de remate da III Caravana de concertos da rede de colectivos “Galiza Non Se Vende” co lema: “Contra o saqueo socioambiental da nosa terra”. Terra viva e vida digna para tod@s.
Actuarán os grupos Güintervan e GalegoZ presentados polo grupo de teatro Berrobambán:

Guintervan

Género: Acústica / Drum & Bass / Folk. Excentrica mistura de melodias balcánicas, ritmos e armonias diabólicas, velocidade extrema e cancións líricas en galego é a marca da banda. Presentan o seu novo traballo “Mundo loco”

GalegoZ
Género: Electrónica en directo / Fusión. Bases electrónicas misturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e a veces incluso surrealistas conforman o orixinal sonido de GalegoZ. Música marxista-electricista, para bailar pensada e feita en Galiza.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.