Discriminación ambiental
Cada ano proxectos de construcción de rotas e diques desplazan a máis de dez millóns de persoas dos seus fogares e os paises industriais exportan millóns de toneladas de refugalos tóxicos ós seus veciños máis pobres.
Desafortunadamente, as externalizacións ambientaís negativas buscan a súa causa onde se opón unha menor resistencia, o camiño que polo xeral é ocupado polos grupos máis vulnerables da sociedade.
Non resulta suficiente o analizar un proxecto concreto en relación co seu impacto no ambiente ( no sentido estricto dos recursos naturaís afectados) senón que cómpre tamén considerar o carácter humano deste impacto.
Parte da discriminación ambiental provén da falla de participación informada polas partes afectadas tanto no planeamento como no implemento das actividades.
A discriminación as veces é debido a que non se analizan as consecuencias dos proxectos a longo prazo e tamén é polo medio que se toman as decisións; outras veces ocorre porque non se examina o impacto causado ós dereitos humanos.A educación é unha ferramenta para advertir as instancias da discriminación do ambiente.É necesario que se eduque á sociedade naquelas áreas que afectan a certos sectores da sociedade a cotío. Isto implica unha análise do ciclo da vida daqueles productos e actividades que causan un impacto no ambiente.
Para promover a concienciación comunitaria e a participación cidadá compre asegurar unha axeitada información sobre o medio como tamén o libre acceso á información por parte de calquera cidadán: é dicir a posibilidade de acceder sen atrancos a calquera información referida as condicións do ambiente. A Declaración dos Dereitos Humanos, aprobada en Paris en 1949, no artigo 19 di:”Toda persoa ten dereito á liberdade de opinión e de expresión, este dereito inclue o non ser molestado por causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións e difundilas sen limitacións de fronteiras por calquera medio de expresión”
Toda persoa debe ter acceso adecuado á información sobre o ambiente da que dispoñan as autoridades públicas, incluida a información sobre os materiaís e as actividades que entrañen perigo nas súas comunidades, como tamén a oportunidade de participar nos procesos de adopción das decisións.Os Estados deberán facilitar e fomentar a sensibilización e a participación da poboación poñendo a información a disposición de todos.
“A preservación dos recursos naturaís da terra é urxente polas dimensións do daño no ambiente causado no noso planeta e o seu impacto no individuo e nos seus dereitos fundamentais, incluindo o dereito á saúde. ”
Na comarca do Ribeiro a conselleria de medioambiente pretende instalar unha macrocentral de tratamento de refugallos de todo o sur galego , a 1.600 m dos centros escolares , donde estudan 1.000 nenos e rapaces de toda a comarca. Muy próximos están tamén varios núcleos de poboación e os acuiferos : Maquians , Avia e Miño. Todo isto en pleno corazón dunha comarca agrícola coa denominación de orixen vitivinícola mas antiga de Galiza.
Comentarios recentes