Pages Navigation Menu

Domingo 10 de Juño: Manifestación en Compostela contra as fumigacións de eucaliptos cun pesticida tóxico.

A Plataforma contra as Fumigacións convoca unha manifestación o domingo día 10 de xuño en Compostela, con saída ás 12:00 dende a Alameda.

O flufenoxurón é o principio activo do Cascade, nome comercial do insecticida que se está a utilizar, co beneplácito da Xunta de Galicia, nas fumigacións de plantacións de eucalipto para luitar contra a plaga do gurgullo que sofren estas árbores foráneas e pirófitas.

Este produto mata as larvas de abellas e outros insectos, contamina acuíferos, afectacta a anfibios e aves, é absorbido polos cogumelos e pode chegar a entrar na cadea trófica dos humanos. É perigoso para o medio ambiente e para a saúde das persoas, xa que ten efecto acumulativo.

Na Unión Europea prohibiron a súa comercialización a partires do 1 de Agosto de 2012 por consideralo moi tóxico.

Alen diso este pesticida leva unha substancia que actúa como axente fixador para que a chuvia non o lave. Esta sustancia é parafina ou un derivado, polo que incrementa o risco de incendio. A propia folla de seguridade do produto indica que moi combustibel.

http://fumigacionsnon.org/

No Comments

Trackbacks/Pingbacks

  1. Domingo 10 de xuño: Manifestación en Compostela contra as fumigacións de eucaliptos cun pesticida tóxico - [...] Domingo 10 de xuño: Manifestación en Compostela contra as fumigacións de eucaliptos cun pesticida... galizanonsevende.org/?p=1197  por iola o 22:11…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.