Pages Navigation Menu

Domingo 27 De Febreiro: II Marcha contra os recheos na ría de Vigo

Marcha contra os recheos na r�a de VigoEste domingo 27 de Febreiro a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” convoca unha marcha manifestación, que sairá ás 12:00 da rotonda das áncoras de Bouzas e rematará na Laxe, onde se celebrará un xuízo popular contra @s responsábeis da Autoridade Portuaría de Vigo por estragar a nosa ría.

As reivindicacións desta marcha son as seguintes:
-Que se suspendan todos os recheios que se están executando na actualidade como o do Areal, ou están en proxecto, como o de Bouzas.
-Que se levanten todos os recheos que non se utilizan exclusivamente para actividade portuaria.
-Que se derruben todas as edificacións construidas en solo portuario e que non teñen relación directa coas actividades propias dun porto, como: centros comerciais, restaurantes, oficinas administrativas, campos de futbol, salas de exposicións, naves e industrias espalladas polo porto.
-Que se recuperen as praias e bancos marisqueiros aterrados polos recheos.
-Que se derruben os portos deportivos construidos ilegalmente como o de Punta lagoa en Teis.
-Que se suspendan todos os proxectos de portos deportivos como o de Massó en Cangas.
-Que se retiren os valados portuarios e que a cidadanía poda acceder libremente ao litoral.
-Que o porto se adique exclusivamente ás actividades portuarias e non á construcción nin á especulación urbanística.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.