Pages Navigation Menu

Ecologia na lingua

Aínda hai gente que quando ve umha píntega
amarela e negra
esmaga-a com o pé.
Gente que pesca troitas com lixívia
e de noite mata os jabarins no laço
com o machado.
E o governo permite canteiras no Courel
e umha planta de gas ao pé do mar
e das nossas casas.Devemos proteger os rios de palavras
e as montanhas de significados.
O infinitivo conjugado é um porco teixo
que se agocha no bosque.
Colocar alumínio nas janelas de madeira
e deixar de falar-lhe a língua própria aos filhos.

Se a lei nom protege a nossa terra nem a nossa língua
devemos faze-lo nós.
Conhece a fauna da nossa lingua:
a culher garça, o verme parafuso,
os lobos montarom um grupo punk,
Manifestaçom de ouriços cacho este domingo:
Galiza nom se vende.

El País despreça o galego e da-lhe voz
ao Clúster de Madeira.
La Voz defende a Reganosa
e discrimina o nosso idioma.
Na TVG nom hai programas de hip hop,
rock, tecno para gente nova
nem, que coincidéncia, nemgum programa ecologista.
O presidente e o vicepresidente do governo
falam mal a nossa língua
porque tenhem piscifactorias e parques eólicos na boca.

A gente pom-se diante das máquinas excavadoras
que ameaçam o nosso idioma.
Nom damos nem um passo atrás.
Um poema pode ser como um esquio
esmagado na estrada
ou como o ouveo dum lobo.
Juntemos as nossas palavras para ser mais fortes.
Nom lhe botes sulfato ás tuas cordas vogais.
Nom lhe vendas os teus traços dialectais
aos especuladores.
Nom tires cigarros entre os libros.
Transmite-lhes aos teus o amor pola vida.
A nossa lingua é o nosso médio ambiente.
séchu sende

12 Comments

  1. Todo-los povos / de Ferrolterra
    fican en pé / en Pé de guerra
    Porque hai unha bomba / de reloxería
    A ponto de estourar / no meio da ria.

    Con plan de emerxencia / ou pintada de rosa
    a planta de gas / segue sendo perigosa..
    A nosa conciencia / non se cala con cartos
    e berramos: Nunca Máis / porque xa estamos fartos…

    da súa incompetencia / das súas mentiras
    as que están en xogo / son as nosas vidas
    e por ese motivo / seguimos en loita
    estamos en perigo / e non se nos escoita…

    … máis non silenciarán / a nosa demanda
    por moito que invirtan / na súa propaganda
    xa vai sendo hora / de que sepan quen manda
    Zapatero, Touriño / Irisarri, Iolanda !!!

    ( Extracto dun tema de hip hop anomeado REGABOOM!)

    REGANOSA DEMOLIZÓN !

    http://www.reganosademolizon.org
    reganosademolizon@gmail.com

  2. Pois agora tocalle o Ribeiro
    que o queren convertir nun vertedeiro
    Din que non vai contaminar nada
    e a min xa me empeza a tremer a ialma
    Pobo galego desperta do teu letargo
    pois esta desfeita vai pra largo
    Si a tua terra queres a seguir ver
    hai que empezar a loitar con fe
    con fe en non mesmos
    con fe no que creemos
    non queremos ser un estercoleiro
    Xente do Ribeiro, non te resignes
    na tua man está que esto o evites
    Sempre conformes, sempre calados
    si esto non cambia, estamos aviados
    A loita continúa,
    A loita é moi dura
    E mais fácil quedar a velas vir
    e que sexan outros o que por ti den a cara
    E mais fácil resignarse
    e botarlle a culpa os outros
    Pero sodes vos os que non facedes nada
    Sodes vos ós que tendes que plantarlle cara
    Senón os vosos fillos diránvos con asombro
    “Non fixeches nada? Non fixeches nada?
    Viches que destruian a terra en ¿non fixeches nada?
    Os tempos de espertar son chegados
    Os tempos de loitar son chegados
    O tempo do Ribeiro está aquí
    Non deixes que outros decidan por ti
    Que o Ribeiro non é un vertedeiro
    Que o Ribeiro non é un basureiro
    Que o Ribeiro é o mellor do mundo enteiro
    Loita Ribeiro, non quedes na casa,
    Ainda se pode evitar a desfeita
    Está na tua man, non o esquezas.
    Que todos se den por enterados
    O Ribeiro non vai estar calado
    Que todos se den por avisados
    O Ribeiro non vai estar parado
    Esta loita ímola gañar
    Ainda que o noso sangue teñamos que empeñar
    Vos así o quixestes,
    Nos estábamos tranquilos,
    Pero desta sabredes que O Ribeiro
    Ten a xente mais loitadora
    Do mundo enteiro
    O RIBEIRO NON É UN BASUREIRO
    E OS DO RIBEIRO IMOS A DEFENDELO

  3. Noraboa a Séchu Sende pola súa fermosa e creativa poesía e tamén a Rubén e Sufranda.
    Por que non facemos unha sección ou apartado pequeno de poesías nesta páxina?
    É unha arma de denuncia excepcional, que chega ó corazón da xente, que conciencia ….
    O Comité comprobouno na manifestación espontánea que levamos a cabo 400 persoas cando colocaron a 1ª pedra do Porto Exterior da Coruña en Punta Langosteira ( Arteixo )e diante de tantos antidisturbios E TANTAS PERSONALIDADES DE TODO TIPO DE ADMINISTRACIÓNS, INSTITUCIÓNS etc. (nunca viramos tantas xuntas).
    Nos facían repetir a poesía que imitaba unha de Quevedo unha e outras vez. Titulábase: ” Érase un cacicón á construcción pegado”…., tamén inventáramos estrofas dunha canción cunha música coñecida que foi cantada por todos ,e levouse a cabo dramatizacións, manifestacións , denuncias e peticións totalmente libres onde participaba todo o mundo dende nenos á xente moi maior… que foron os verdadeiros protagonistas da protesta.
    Quedamos sen copias da simpática poesía e da canción cubana…
    Fraga saleu ó pouco tempo moi enfadado e o seu coche oficial pasou rozándonos a algunhas persoas a toda velocidade….
    Foi todo moi ben (aquel día si que nola xogamos), a xente pasouno en grande e felicitaron ós ecoloxistasque estábamos alí moita xente ata quen menos vos imaxinades.
    O día seguinte moitos veciños/as da zoa pedíronlle explicacións ó alcalde de Arteixo polo que se acababan de enterar, segundo nos informaron unhas persoas.
    Por certo, estaba a sra. Espinosa que era naquel momento ministra de Pesca aplaudindo a barbarie da destrución do derradeiro tramo virxe do entorno coruñés que contaba cun negativo informe preceptivo e vinculante da D.X.de Costas, nunha ubicación xunto a un L.I.C.que debería formar parte del, onde había 7 castros, un no mesmo dique que parece que se trasladou e os demais se salvaron pola intervención da FISCALÍA DE PATRIMONIO trala denuncia dos ecoloxistas e que deixaba sen traballo a máis de 20000 mariscadores ou pescadores da zoa e da Costa da Morte .
    Lembramos que todos/as berraban.”Ministra Espinosa, defende a pesca nosa”…. E esta ministra é agora a que nos vai “defender ” o medio ambiente.

  4. Sería unha idea estupenda. Gustánme o feito de rimar coa nosa desgracia. Penso que as maiores poesías se fixeron en tempos nefastos, onde o sentimento brotaba o mesmo tempo ca dor, feito palabra.
    Estamos nuns tempos de tristura, de desalento. Antes inda podías botarlle a culpa os que mandaban, pensando que os que estaban na oposición ian a ser os redentores. Agora, despois de levar coa realidade nos morros, dámonos conta do certo que é aquela frase: distintos cans, os mesmos collares. A teima é a mesma. O chegar o poder xa non hai ideales, solo intereses. Vemos como Orwell tiña tanta razón. Estamos a ver pola fiestra da nosa desgracia que aqueles os que moitos vian con esperanza de que cambiaran unha realidade tremente, non son mais que uns famentos de poder e de cartos, que lles da igual boicotear unha sinal de televisión porque non lle gusta o contido, como de negar información o cidadán. E vémonos impotentes ante tanta traición. Eses que se enchían a boca falando mil pestes dos fascistas, son hoxe eles os fascistas, son eles os imposidores. E nos ¿que facemos? ¿repudiamos desa clase política?¿deixamos de creer no sistema?¿botámonos a chorar?. Non. O poder é do pobo, as ilusións non morren. Solo nos decepcionaron, pero nos temos que seguir para adiante.
    Temos que loitar polo noso, pola nosa dignidade como pobo, reivindicando o noso lexítimo dereito a seguir vivindo nunha terra preciosa, regalo de Deus, que estes famentos de cartos e poder venden a mans cheas o primeiro que lles quenta o bolsilliño. Solo nos restregaron os seus ideales como moeda de cambio para fartar os seus instintos de poderosos. Hoxe sonno. Mañán non serán nada. Pero neste medio vannos por acabar de rematar, que é o que nos faltaba.
    Miña terra, miña terra, terra onde eu me criei….. Ese é o espíritu que nos ten que manter fortes ante esta desfeita contínua: o noso amor por esa terra nai que nos está pedindo a gritos que a libremos desta farta de interesados déspotas. Mentras non nos quiten a palabra, seguiremos berrando contra eles. Dende aquí, dende calquer outro sitio.
    Pídovos que nos botedes unha man no Ribeiro, a piques de ser absovido por un parque “merdambiental” que nos vai convertir no terceiro macrovertedeiro de Galiza. Un saudo, meus irmáns, fillos da mesma terra, de nosa Galiza nai.

    GOBERNE QUEN GOBERNE: O RIBEIRO NON SE VENDE
    PARQUE MERDAMBIENTAL NON.

  5. Força, força, força. Como na maré do Nunca Mais. Ainda que hoje só uns poucos, ainda que só um carreiro de formigas, um fio puro de água só da montanha, também é escasso o sal da terra, a levedura do pão, o fermento da cerveja.

  6. Poucos, si caramujo, pero dignos e namorados da terra nai. Insignificantes, si caramujo, pero dispostos a dar o que nos queda de vida por loitar polo que creemos. Galegos namorados, comprometidos, inconformistas, loitadores, persistentes, teimados, valentes…Força Galiza: ESTAMOS AQUI PARA LOITAR POR TI.

  7. No tema do parque da merda, seguen coa mesma teima: NON CONTAN COS DO RIBEIRO PARA NADA. Eles seguen o seu, tramitando esa desfeita a sua maneira, excluindo os grupos ecoloxistas da comarca e o Foro Social. Vese que non queren que nadie lles contradiga. Os grupos ecoloxistas que estan a participar nesta barbarie, asinten todo o que o conselleiro lles di. Moi bien, moi bien, pero que moi bien.
    Paseime pola wikipedi e cortei este fragmento:

    “Se puede resumir en una frase: TODO PARA EL PUEBLO, PERO SIN EL PUEBLO. De esta frase podemos destacar dos ideas:

    La búsqueda del bien de la nación (o, al menos, de lo que los gobernantes entienden que es ese bien). Se trata de unas reformas que provienen desde el poder, sin contar con la opinión de los ciudadanos.
    Este sistema político es el que hará crisis en los últimos años del siglo provocando lo que se conoce como REVOLUCIÓN FRANCESA”

    Si alguén sabe leer entre liñas, este suceso, acontecido no século XVIII na veciña Francia, ben se pode extrapolar ó problemiña sin importancia (como diría xuntADEGAlicia)que temos na miña terra. TODA A MERDA PARA O RIBEIRO PERO SIN CONTAR PRA NADA COA XENTE DO RIBEIRO.
    E nos, os do NON O PARQUE DA MERDA, vai ser que contamos con ducias de Maximilien François Marie Isidore de Robespierre, e este “desplanté” vailles sair mais que “caré”.

    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO
    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO
    PARQUE DA MERDA NON

  8. A CONSELLERIA DE MEDIOAMBIENTE SIGUE CLAVANDO O ESTOQUE AO RIBEIRO
    De novo, co o oscurantismo que a caracteriza, a Conselleria de Medio Ambiente co silencio dos políticos locais gobernantes, acaba de dar outro paso na tramitación do Parque de Residuos de Carballeda de Avia onde pon de manifesto a falla de interese por tratar de forma axeitada o tema de mais importancia para o futuro do Ribeiro nos ultimos tempos.

    Ainda que dita Conselleria decidiu someter o Proxecto Sectorial a Avaliación Ambiental Estratégica como pediu este Foro, elaborando o Documento de Referencia, que e a guía pola que ha de rexirse Vivenda e Solo pra redacción Informe de Sostibilidade Ambiental, a sua actitude de desprecio a comarca do Ribeiro e mais que evidente, ao obviar por completo, en dito Documento de Referencia, as nosas observacions sobor da necesidade de análise da alternativa cero, ou sexa da posibilidade de que os estudos medioambientais concluan que o mais axeitado e a non instalación do Parque no lugar decidido de Carballeda, cando en outros proxectos de Parques Empresariais, consta literalmente a obriga de plantexar dita alternativa cero, que significa non facer dito Parque, i elo porque así o especifica a propia Ley aplicable.

    Trata así a Conselleria de forma unilateral, de evitar que poida surxir un informe contrario a ubicación do Parque en Carballeda.

    Ademais do anterior, e seguindo a liña de ninguneo que ten marcada con iste Foro a Conselleria de Medio Ambiente, atrévese non só a non citar no Documento de Referencia ao Foro Social “Temos Dereito a Saber”, como Sociedade Civil afectada polo proxecto, senon nin siquera o fai con ninguna das Asociacions Ecoloxistas do Ribeiro dispois de facer todas elas alegacions, e tampouco cos compoñentes de forma individualizada do Consello Galego de Medio Ambiente, como fai en outros proxectos similares, como soplan Acuícola no que recolle expresamente observacions de “Luita Verde”, “Foro Social de Cangas” etc.

    A Xunta quere “calzarnos” o Parque de Residuos e non están dispostos a escoitar a ningunha voz crítica que lles poida afear a conducta.

    Seguiremos denunciando a política de falta de transparencia e de imposición por parte de Xunta, e o silencio cómplice do Psoe e o Bng na comarca.

  9. El silencio de los politicastros locales, censores de medios, manipuladores y mentirosos natos, tiene su indignante correspondencia en otro sector de moralidad no menos preocupante: los ecologistas.

    Entre los traidores confesos de Adega y los cagapoquito de Coito del Fraile, por poner dos ejemplos, la cosa de las alegaciones y de los razonamientos técnicos que deberían ser tenidos en cuenta con carácter previo a la declaración de impacto se están quedando en poca cosa. Ante la arrolladora maquinaria de la Administración ¿qué otra cosa hacen que sembrar la duda y jugar al despiste? No hay un no rotundo, hay un sí condicionado, es decir, lo que de hecho supone un SÍ INCONDICIONAL, a poco que uno conozca cómo funcionan estos procesos.

    ¿Será que a estos aprovechados no les ha quedado claro que con toda seguridad se procesarán residuos tóxicos y peligrosos cuando así lo reconoce la propia Xunta? ¿No saben usar el sistema métrico decimal y calcular que la macroinstalación se hallará a 600 metros de algunas casas y a menos de 2 Km de colegios y muchas poblaciones?

    No nos engañemos: todo estaba calculado cuando nos “gratificaron” con este proyecto. Desde la previsible falta de coraje de una población con escasa cultura social, nula sensibilidad ecológica y absoluta inconsciencia sobre las necesidades higiénico-sanitarias, hasta la magnífica colaboración de los domesticados “defensores de la naturaleza”, que ya huelen lo beneficioso de quedarse calladitos a tiempo.

    Si no fuesen tan repugnantes, unos y otros, darían risa.

  10. Torito, se é certo o que denuncias ti e outras persoas sobre os ecoloxistas e o podedes fundamentar e formades parte dalgunha entidade da rede GALIZA NON SE VENDE é necesario que dita entidade,a mesma plataforma contra esa barbarie ou entidades que traballen este tema ou presentaron alegacións leven este asunto sen demora á vindeira asemblea de xuño de GNSV e que a Rede no seu conxunto tome medidas.
    Nós como outras moitas entidades, non traballamos na zoa de Ourense a excepción dalgúns apoios ou denuncia puntual pois estamos centrados nas rías( fundamentalmente nas Rías ALTAS) e os seus contornos e cidades e nos está sorprendendo todo isto moito.
    É evidente que esa barbaridade PODE POR EN PERIGO A INTEGRIDADE FÍSICA E A SAÚDE DE TANTA XENTE (incluído os nenos/as dun colexio), ESTÁ NUN LUGAR DUN ALTO VALOR PAISAXÍSTICO,( non sabemos para que vai servir a LEI DA PAISAXE), INCUMPLE A NORMATIVA AMBIENTAL SUPERIOR COMO O RAMINP E A SEVESO II E NON O QUERE A MEIRANTE PARTE DA XENTE AFECTADA SON 4 CRITERIOS QUE HABERÍA QUE TER EN CONTA EN CALQUERA ESTUDO SERIO DE IMPACTO AMBIENTAL, e que temos que ter en conta toda a Rede , ecoloxistas , Plataformas ou Asociacións de veciños/as, entidades de defensa do patrimonio cultural etc.xunto a outros como: a protección efectiva de espazos naturaus ou protexidos, do patrimonio cultural ou arqueolóxico,do sector agro-gandeiro, da pesca ou marisqueo sostíbel ( no caso das rías) etc. E, como dixemos hai uns días sobre o tema de Ence que “o que non queiramos para nós, non o debemos querer para os demais”, e, dicir, que haxa coherencia . Tamén é necesario decidir sobre o modelo de país que desexamos.
    Nos consideramos que os ecoloxistas debemos ser ser radicais senón non somos ecoloxistas de verdade ( non cremos no ecoloxismo de salón) e non ser “comprensivo” nin ceder ante ningún interés particular ou privado nin ante ningunha postura política que vaia en contra do que defendemo0s ou deberamos defender. Ser un exemplo de ética e facer que ésta sexa o “motor” sempre do noso traballo.
    Podemos comoeter moitos erros, equivocarnos de estratexia, caer nas trampas que nos tendan por inxenuos….mais endexamais traizoar, deixarse levar, manipular ou venderse.
    Desexamos que a Rede teña toda a informnación necesaria e probas sobre esta acusación, que elabore medidas de acción ou apoio ó voso tema e decida aquelas medidas para que non haxa máis dúbidas, se aclare este asunto ou non volva a suceder algo así.
    Nós nas medidas de acción que presentaremos teremos en conta este asunto e o voso tema como moitos outros estarán na proposta da Iniciativa Popular que se presentará.

  11. É un feito: O conselleiro deixou de lado os ecoloxistas do Ribeiro e NON SE REUNE CON ELES. Deixaron tirado o Ribeiro na manifestación do 15 de septembro tras reunirse co conselleiro tres días antes. Sabedes cal foi a condición que lle impuxo este señor conselleiro ós que se reuniron con él?: QUE NON FORA A ESA REUNIÓN NIN O FORO SOCIAL TEMOS DEREITO A SABER NIN RIDIMOAS NIN COTO DO FRADE. E ainda así, os convocados (grupos ecoloxistas, algún deles cunha “traxectoria” de anos (a saber a que “anos” se refiren e para qué os utilizan)) asistiron a devandita reunión, e despois de abanderarnos, de apoiarnos, inexplicablemente dicen que ou leemos solo o seu manifesto, sin modificar nin unha liña nin coma ou non veñen a manifa. Coto do Frade leeu o seu manifesto, pero os “outros” non aceptaron esa posibilidade. Pásate por o artículo que fai referencia a Lousa, e flipa coas explicacións que nos da ese grupo ecoloxista de tanta “traxectoria”. Parece que falaran pola voz do conselleiro.
    Nos solo defendemos o noso dereito a seguir vivindo na nosa terra. Quérennola convertir noutro basureiro mais, vese que non lle da abasto Nostián e Cerceda. Non podemos permitir que nos afundan a terra desa forma, e estes “ecoloxistas” de pacotilla VENDERON o Ribeiro, e eles ainda o xustifican decindo catro barbaridades como que nos facemos política. Mirade o Foro Social Temos Dereito a Saber, non fixo ningún tipo de campaña nas eleccións a favor nin en contra de ningún partido político. Fumos a canto mitín houbo a protestar polo feito, e xa vedes como nos trataron no mitin do PSOE en Ribadavia: antidisturbios incluidos. Matizo que foi no de Ribadavia, pois fumos tamén a Ourense o mitín do Zapatero, e este señor deunos permiso para nos manifestar, E NON HOUBO NINGÚN PROBLEMA. Nos non facemos política, temos cada un a nosa ideoloxía, é un foro plural no que o único que nos importa é defender a nosa terra, e informar os nosos veciños. NOS NUNCA MENTIMOS, quen o fan son os promotores dese parque, que queren vendelo como a panacea do tratamento de lixo, chegando a xurar que NON VAI CONTAMINAR NADA DE NADA. Mirade, xa estamos ata o carallo de mentirosos e interesados. NOS NOS SOMOS ASÍ. Nos defendemos ó Ribeiro. Non nos move ningún oscuro interés.
    Un saúdo. E torito escribiu ese mensaxe no foro do Ribeiro, http://www.espacioblog.com/avia, e eu copieino e pegueino. Un saudo, e por favor volo pedimos NON ABANDONEDES O RIBEIRO, NON NOS PODEDES ABANDONAR. Mais que nunca O RIBEIRO NECESITA A TODA A XENTE DE GALIZA. NON NOS DEIXEDES. Eles siguen dando pasos para impoñernos un parque merdambiental que non quere a inmensa maioría dos veciños, o conselleiro sigue a ter reunións e a tomar decisións sin contar cos colectivos do Ribeiro, e eses “ecoloxistas” seguen a consentir que non os reciba.

    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO
    O RIBEIRO NON É UN BASUREIRO
    PARQUE MERDAMBIENTAL NON
    GOBERNE QUEN GOBERNE: O RIBEIRO NON SE VENDE

  12. E para o COMITÉ DE DEFENSA DAS RÍAS ALTAS: Si queredes probas do que denunciamos dende aquí sobre o comportamento deses grupos “ecoloxistas” que nos venderon na manifa, e nos siguen vendendo ó aceptar seguirse a reunir co conselleiro, cando éste négase a reunirse cos representantes do Ribeiro, non tendes mais que leer as “xustificacións” que da un deses grupos “ecoloxistas” nos comentarios a “ADEGA ESIXE UN COMPROMISO CLARO DA ADMINISTRACIÓN A PROL DA VECIÑANZA DA LOUSA FRONTE A FENOSA”. Nunca mellor dito o de “para mostra un botón”. Os ataques os lexítimos intereses da xente que estamos en contra dese parque merdambiental, e as xustificacións que dan pra non haber asistido a manifa (tres días antes debeunos “untar” de carallo o conselleiro, ou eso ou leerlle a cartilla), e que se segan a merendar ó Ribeiro entre eles, sin deixar que NADIE, que teña que ver coa miña terra, poida decir nin MU, e para “ver para creer”. Pero a sua desfachatez é de tal calibre que inda se gaban da sua actitude e nos restregan os mesmos “argumentos” que emplean os promierda. Polo ben deses grupos ecoloxistas, e para que recobren o prestixio que sempre tiveron, creo honestamente, que as persoas que, amparándose nesas siglas, están a vender a miña fermosa terra, deberían deixar de ser militantes deses grupos ecoloxistas,pois estan deixando quedas os membros deses grupos a altura do betún. Un saúdo. E, DEFENDEDE O RIBEIRO. Que hasta os que nos tiñan que defender, por irlle nos principios, están a intentar crucificalo.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.