Eles teñen a lejalidade, nós a lóxica e a rasón (Plataforma medioambiental de Corrubedo)
Contra o Plano Acuícola e pola Liberación da Fábrica da Alegría. Galiza Non se Vende
Dende as egrexias terras en proceso de liberación da bicuda punta da Barbanza, a PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO e maila asociación de artistas rebeldes BASTANTES LLON de Ribeira, facemos un chamamento pola terra, polas artes libres e pola dignidade e autoxestión das masas populares.
É por isto, por pura rebeldía, por non conformarnos cun sistema corrupto e profundamente antigalego, antimundo e antipersoas, que facemos un chamamento a participar no CONCERTO que, enmarcado na CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE, terá lugar na sala Sursum Corda de Corrubedo, mañá sábado, 14 de febreiro, día do amor pola terriña nosa, ás 22:00 horas, con entrada de balde.
Con desinterese mercantil, mais profundo compromiso cos movementos sociais e co outro mundo que estamos a construír, actuarán os famosos grupos, de calidade e creatividade máis que contrastadas:
OS JALOCHOS
CHARANGA PUNKI
OS CHIQUILICUATRES
INLLORFEIS
GALIZA NON SE VENDE, UNHA FLOR NACE NUN ALPENDRE, E MEDRA CONSCIENTE DO LABOR QUE POR DIANTE TEN DE VESTIR O MUNDO DUNHA COR DIFERENTE
Amais dos momentos musicais, intres de digna rabia, as organizacións convocantes reivindicamos:
- Que Galiza non se Vende, terra viva e digna para todas e todos. Acudide á manifestación do domingo 15 de febreiro en Compostela
- O soterramento no esquecemento da negra historia de barbarie e malfacer político do Plano Acuícola, e especialmente do destrutivo proxecto da Laxe Brava, que quere violar os nosos dereitos, a nosa dignidade e as nosas soberanas decisións de pobo libre, mariñeiro e porque non, tamén charangueiro
- O freo absoluto ao esnaquizamento da costa galega, e nomeadamente da Barbanza nosa e Ribeira, produto dun urbanismo cruel, cínico e antinatural
- A FÁBRICA DA ALEGRÍA: como non só berramos, senón que tamén propomos, BASTANTES LLON, a PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO, ALTERMUNDO e todo aquel que queira sumarse, reclamamos, non, mellor esiximos, a expropiación da antiga Fábrica de conservas de Area Secada (O Touro-Ribeira), que logo de 20 anos pechada segue a ocupar o espacio marítimo terrestre do Touro. A dita expropiación debe recaer en mans dos movementos sociais, quen contruirán, no canto de destruír, un gran Centro Social Autoxestionado dedicado ás artes de rúa, ao activismo, á ecoloxía, ao bo vivir e a todo o que signifique imaxinación para loitar construtivamente, con propostas de vida, contra o mercantilismo de quen nos malgoberna e a ambición das empresas especuladoras. Podedes ver fotos do espazo a conquistar, que de non ser expropiado será ocupado, en: http://www.flickr.com/photos/equinosio/
- Se preferides velo en formato presentación: http://www.flickr.com/photos/equinosio/sets/72157610574480871/show/
CHEJA A REVOLUSIÓN, CHEJA O EQUINOSIO, ALGO TAN JRANDE QUE VAI FASER TREMER O MUNDO
Por unha terra liberada
Saúde e rebeldía
BASTANTES LLON e PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO
Nota: e xa veredes na FESTA DA CHUVIA (3-4 de abril)!!!!!!!!!!!!!!
Audio entrevista a Rede Galiza non se vende en Ferrol, producido polo programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio FilispiM 93.9 FM – Ferrol(Terra de Trasancos), en http://pequenosmonstros.blogspot.com/2009/02/divertimento-para-pequenos-monstros-non.html