EN PONTEVEDRA NON, EN GALICIA SI?

Mais de 3000 persoas saíron á rúa o pasado venres en Pontevedra para manifestarse contra ENCE. O presidente da Xunta asume xa a necesidade inescusable de eliminar a celulosa da cidade. Os prexuízos ambientais que o complexo provoca na ría e aos cidadáns non poden eludirse, nin tampouco a oposición dunha cidadanía farta de aturar cheiros e un entorno degradado. A Xunta recoñece que, sen dúbida, a única solución posible é eliminar o complexo da ría, pero ao tempo e de xeito contradictorio, manifesta traballar para atoparlle unha nova ubicación na comunidade (Touriño declara: En Pontevedra, non; en Galicia, si) . Isto significa que outra localidade soportará irremediablemente  os serios inconvenientes das instalacións pasteiras e que a intención non é outra reproducir a situación noutro sitio, agardando que a resposta social sexa politicamente mais asumible Ben é certo que o presidente promete que a nova factoría que se promoverá fora de Pontevedra non será como a actual, senón que reunirá as condicións tecnolóxicas para minimizar a contaminación. Paradóxicamente, de existir unha celulosa que non constituíse unha actividade molesta, insalubre e contaminante, non se faría necesario o seu traslado pero obrigaría  a explicar á cidadanía por qué motivo non se lle esixiu á empresa adoptase as medidas necesarias para converterse na inocua factoría que agora nos aseguran que vai ser. Tanta indeterminación é inxustificable por mais que fose certo que se actúa en defensa dun sector economicamente estratéxico para Galicia. Pero sobre isto mantemos un desacordo profundo que compartimos con APDR, coas cofrarías de mariscadores e con un amplo sector da cidadanía presente na manifestación que considera que unha actividade é estratéxica cando xera ao seu redor outras actividades limpas e sustentables relacionadas con ela, non cando crea as condicións para a recesión das que existen e a imposibilidade de que se desenvolvan moitas mais.

10 Comments

  1. Na Europa, na Galiza tamém, consumimos grandes quantidades de papel, quê fazemos se nom queremos fábricas del? Montamo-las em Uruguai, que duvido que gaste tanto papel coma nós?

    O debate deve ser se na Galiza si ou nom? Ou mais bem: para fazer quê (só pasta ou tamém papel?), quanto (para abastecer Galiza? tamém para exportar?), com quê (eucaliptos? outras árvores ou plantas? e a reciclage de papel e cartom?), onde, com quê tecnologia?

  2. Efectivamente, o que hai que revisar é o modelo de producción de papel, aínda que tamén hai que tentar reducir o consumo. O actual modelo é o que lle convén a ENCE, se destiña a exportación e non se pecha o ciclo do papel na comunidade. Existen xeitos de producir pasta de papel a menor escala que teñen moito menor impacto. O que é inadmisible é que a actual factoría de Pontevedra obteña unha autorización ambiental sendo como é un dos complexos industriais mais contaminantes de Galicia. E coincido co artigo: si a celulosa é contaminante en Pontevedra tamén o vai ser noutro lugar, chamese Uruguay ou As Pontes, e non me parece moi honesto adoptar solución o problema, o traslado do problema a outra parte. Quizais a sua actual ubicación non sería a axeitada en ningunha circunstancia, aínda que ENCE merecese unha autorización ambiental, porque perxudica ao modelo urbanístico. Pero iso é xa outro problema e habería que abordalo doutro xeito.

  3. O que hai que fazer e mudar de sistema porque este está a esgotarse, É INSOSTIVEL.

    Temos que mudar definitivamente o modelo económico e mailo enerxético, a nivel global.
    A defensa da natureza non debe restrinxirse ao terruño, do mesmo modo que non debe quedarse en simple defensa contra agresóns concretas ao meio ambiente.

    O CAPITALISMO NON PARARÁ ATE DESTRUIR A TERRA, mái a nós NON NOS ASUSTAN OS CASCOTES NEN AS RUIÑAS porque LEVAMOS UN MUNDO NOVO NOS NOSOS CORAZÓNS.
    O verde voltará a refulguir coa Revoluzón Social.

    REGANOSA?: DEMOLIZÓN !
    http://www.reganosademolizon.org
    reganosademolizon@gmail.com

  4. É certo que hai que mudar o sistema económico e tamén o sistema enerxético que ten o país pois é a única maneira de levar a cabo un desenvolvemento ecolóxico integral (que é o que respecta a natureza e ten en conta os aspectos ambientais ou ecolóxicos, paisaxísticos e o patrimonio cultural) e non o que eles entenden polo “desenvolvemento sustentábel” onde calquera interés económico ou particular sae adiante arrasando o que faga falla sen respectar sequera os espazos protexidos ou a costa que é o que fai a Xunta de Galiza.
    Non nos deixemos manipular nin enredar polos políticos xa que están demostrando que despóis de case 40 anos de contaminar moi gravemente e destruir a Ría de Pontevedra aínda non aprenderon a lección e son partidarios do modelo franquista de industrialización e urbanismo ( consruir miles de vivendas ó lado do mar que é o que hai detrás dese traslado que non é ético, pois non se debe quitar esa “peste” dunha ría para metela noutra que aínda por riba esté mellor ou con espazos naturais ou protexidos ou xunto á térmica das Pontes para que remate definitivamente co PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME E A RÍA DE PONTEDEUME E ARES.
    o TRASLADO SÓ RESPONDE A ENORMES INTERESES ESPECULATIVOS COMO OCORRE COS MUELLES DA CORUÑA E FERROL E ONDE OS PROMOTORES E POLÍTICOS ASÍ COMO CERTOS POLÍTICOS -PROMOTORES OU POLÍTICOS- CONSTRUCTORES PRETENDEN REPARTIRSE O BOTÍN.
    O que hai que facer é pechar definitivamente esa “peste” e ofertar unha solución óa 250 postos de traballos, RECOLOCALOS, pois foi unha desgraza para Galiza e non só para Pontevedra e,entón , gañaríamos todos e se podería levar a cabo unha xestión axeitada dos nosos montes como fonte de riqueza para todos os veciños/as e teriamos unha paisaxe fermosa que implicaría unha enorme calidade de vida para o pobo galego e uns enormes beneficios de toda unha serie de sectores económicos que si son compatibles cos nosos recursos naturais como sucede en Francia, o país do mundo que mellor coida os seus montes e fragas , onde os incendios son´prácticamente inexistentes e de moi pequenas dimensións (PORQUE COMO NOS DICÍAN OS AGRICULTORES OU GANDEIROS DOS PIRINEOS ” NON TEMOS AS MAFIAS DO LUME NIN QUEREMOS EUCALIPTOS OU PINOS”)e, por iso, teñen tanto éxito económico para todos e un enorme futuro como nos pudemos comprobar.
    O que nos queramos para nós non podemos desexalo para os demais.
    O Comité non vai participar nese xogo e reclama unha postura coherente a toda GALIZA NON SE VENDE.

  5. Mudá-lo módelo económico implica tamén mudar o módelo de traballo. O paro é un problema estructural do capitalismo.
    Se mudamo-lo sistema económico non precisaremos recolocar aos/ás traballadores/as de ENCE nin de Reganosa. Ante a falta de traballo bastaría con reduzer á xornada laboral e redistribuí-la riqueza.
    O argumento do traballo non é máis que unha burda excusa, queda ben claro no tema de Reganosa. Nas derradeiras eleizóns sindicais o censo de electores/as non chegaba a 70, fronte a 1500 postos de traballo no mar condenados á extinzón.
    Estas empresas só son estratéxicas para @s caciques locais aliados cos seus parentes multinacionais e toda a corte (por non dizer cortello) de “padriños políticos”.

    Botemo-l@s a tod@s:
    UNIÓN, ACCIÓN, DEMOLICIÓN

    reganosademolizon@gmail.com
    http://www.reganosademolizon.org

  6. É certo Rubén mais como o modelo económico non se vai mudar dun ano para outro é convinte procurar solucións intermedias que lles deixe sen argumentos.
    Non podemos esperar 25 ou 50 anos a que as cousas cambien radicalmente, hai que loitar xuntos cunha estratexia xusta, decidida, creativa e intelixente que faga que se solucionen os graves problemas de contaminación e impida más desfeitas na costa, nos espazos protexidos e no territorio en xeral….porque doutro xeito para entón seguro que non haberá nada que defender, incluso, a este ritmo, moito antes.
    Mais sempre que haxa un neno/a, un rapaz/a, un home ou unha muller que se rebele contra esta enorme inxustiza…haberá esperanza para ese país.
    Non dubidamos que este capitalismo salvaxe leva a semente da súa propia destrución.

  7. Pois entón, teremos que empezar a revelarnos. E non desanimarnos porque sexamos poucos. Encántame esa frase: “Mais sempre que haxa un neno/a, un rapaz/a, un home ou unha muller que se rebele contra esta enorme inxustiza…haberá esperanza para ese país.” Non sabes o ben que a entendo cando eu e mais a miña filla nos poñemos coa pancarta de “MERDA NON” encima da ponte da autovía A-52, o seu paso por Ribadavia casi todos os días a partir das 20.30. Nos reivindicamos o dereito a seguir vivindo na nosa terra, a que non nos instalen ese parque “merdambiental”. E penso comoa ti: Mentras haxa un que loite, hai esperanza.
    O RIBEIRO NON É UN VERTEDEIRO.
    PARQUE DA MERDA NON

  8. Estou completamente dacordo coas dúas derradeiras intervenzóns.
    De seguro haberá que procurar soluzón inmediata aos graves problemas de contaminazón ou a destruczón da costa, máis de seguro esta soluzón non será unha simple reforma do actúal orden das cousas. Como dí “comité de defensa”, este sistema leva a semente da súa autodestruczón. Un sistema que precisa da crise económica (d@s de abaixo) e da guerra contra os povos non pode durar demasidado.

    O COLAPSO ESTÁ CHEGANDO: ECONÓMICO, ECOLÓXICO E ENERXÉTICO, GLOBAL…

    A única soluzón a todo-los problemas actuais da humanidade sería unha resposta global e radical ( que vaia ás raices do problema) por parate d@s afectad@s, que somos tod@s.
    Se non nos apresuramos a dar esta resposta, autoxestionaria, asamblearia, de democracia directa, de aczón directa… o máis probábel e que non sobrevivamos ao sistema.

    Cando máis evolucione este sistema, máis desastrosas serán as consecuencias do seu derrumbe.

    As cousas SI van mudar de un dia para outro, pois está chegando o tempo no que o capitalismo se torna totalmente insostibel. Se non o tiramos nós por unha revoluzón social, caerá por el mesmo e será moito pior.
    Será o CAOS que tanto tememos.
    A frase “COMUNISMO OU BARBARIE” adquire hoxendia máis senso que nunca no pasado.

    APRESUREMO-NÓS COMPAÑEIR@S A CRIAR UNHA ALTERNATIVA REAL E EFICAZ, A LEVAR A CABO A UTOPÍA POLO FUTURO DA HUMANIDADE.

    Levamos un mundo novo nos nosos corazóns,
    saquémolo fora, comezemos a construí-lo dende abaixo, dende os nosos colectivos, asociazóns, organizazóns… dende esta/s loita/s e dende as nosas esferas e vidas privadas
    NON CABEN REFORMAS NEN MEDIAS TINTAS, fica claro que cada pequena victoria que obteñamos afondará na posibilidade desta alternativa real, na nosa capacidade para mudá-las cousas a tódolos niveis dotándonos dunha perspectiva clara de mudanza total.

    OUTRO MUNDO É PRECISO. REVOLUZÓN SOCIAL !

    GALIZA NON SE VENDE:
    GOVERNE QUEN GOVERNE, MANDAMOS NÓS: O POVO.
    Metámo-nos isto nas nosas cabeciñas.

    O POVO, UNIDO, FUNCIONA SEN PARTIDO
    O POVO ORGANIZADO, FUNCIONA SEN ESTADO.

    http://www.reganosademolizon.org
    reganosademolizon@gmail.com

    http://www.reganosademolizon.org

  9. Rubén: ¿Qué temos que facer? ¿Cómo temos que loitar? Eu quero salvar a miña terra do desastre de convertelo nunha segunda sogama, nun segundo Nostián. ¿Con quen contamos? Sei que en Mugardos estades ata o carallo de que pasen por encima da vosa seguridade, pois si hai un accidente en Reganosa, voades polos aires. Eu ata penso que a puxeron ahi por preservar a integridade da pranta, pois de seguro que si non peligrara a xente, esa pranta xa iba sabe deus onde.
    Na miña terra, a xente non quere ese parque; sabe o que vai supoñer; pero como bos galegos que son, están resignados a sua sorte. Non loitan. “¿Para qué? Total vanno facer?”. Eso é o que me pon de mui mala hostia. Ese estar en contra de algo, saber que vai destruir o que queres E NON FACER NADA. Preguntarasme ¿Que fas ti?. Eu estou queimando saude, ollos, tempo; buscándo enemigos cada vez mais poderosos, que xa teñen tentado frearme co traballo, intentando facer ver que cando escribo o fago dende alí, cando os ordenadores dende os que traballo non están conectados a rede; chegando a amenazar con quitarme os meus nenos…. Pero ¿sabes? SON DAS QUE MORRE DE PE. Voume a ponte, as veces chovendo. E a xente, mándanos bicos, saúdannos coas suas manciñas dende lonxe cando nos ven, dannos as luces, pítannos… tamen nos fan a puñeta. Pero son os menos. De todas as veces que fumos poida que contaramos 12 puñeteros. O resto mira pra nos, decindo ¿e estes que fan, por que protestan? Ali, na cima daquel ponte, que unha compañeira lle chama “da esperanza”, ninguén nos cala, ninguén nos silenza. O PROBLEMA EXISTE, A XENTE NON ESTÁ CONFORME. O día que empecen esas p.tas obras, eu estarei diante das máquinas; a obra faranna, pero han de facela cos corpos e forzas de seguridade cada catro metros, como cando fixeron o embalse de Castrelo. Xa decidín que na miña terra non lles vai sair gratis o feito de destruila. Conta conmigo Rubén. No Ribeiro tes a alguén disposto a loitar polo que mais quere ata o final. Eu non vou quedar arrodillada vendo e calando. Estou do lado dos que loitan pola dignidade, desa dignidade que nos queren seguir a roubar. FORÇA GALIZA. A TUA XENTE ESTÁ AQUÍ PRA LOITAR POR TI.

  10. A proposta libertaria é a de sempre:

    UNIÓN, ACZÓN e AUTOXESTIÓN. Construir unha nova sociedade dende abaixo. Fazendo do ASEMBLEARISMO, ACZÓN DIRECTA (sen intermeiari@s), A SOLIDARIEDADE e o APOIO MUTUO as nosas ferramentas de traballo. Para aspirar a sustituir ao estado e aos poderes económicos nas tomas de decisóns que nos atinxen.
    Todo isto está xa teorizado, non vou ser eu quen diga nada novo a este respecto. Máis, inda que está tan teorizado está moi pouco levado ao terreo da práctica.
    É moito máis cómodo e doado decidir a quen vas votar (ou non) que dá-lo paso de querer governar a túa propia vida, máis este paso é o que ten que dá-la humanidade se quere sair do calexón sen saída no que se atopa na actualidade, dependendo dos poderes económicos e políticos e os seus intereses inmediatos.
    Pola nosa banda, @s libertari@s de Ferrol, coordinad@s en torno ao Espazo Libertario. estamos a fazé-lo posible (dentro das nosas posibilidades) para incidir na loita contra reganosa, movilizar e expoñer estes plantexamentos a @s afectad@s, aportar esta perspectiva libertaria na que acreditamos firmemente.

    O 8 de Xuño haberá unha grande convocatoria en Ferrol contra a planta de gas, e @s libertari@s aportaremo-lo noso esforzo a movilizazón colectiva, sen perder e vista esta perspectiva da que falo/falamos.

    Miramo-nós en Ferrol.
    UNIÓN, ACZÓN e DEMOLIZÓN !

    http://www.reganosademolizon.org
    reganosademolizon@gmail.com

Deixa una resposta a sijosiendoelrey Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.