Encontro paralelo á reunion dos ministros de pesca da Unión Europea
Ante a reunión que manterán en Vigo os ministros de pesca da UE os días 4 e 5 de maio, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, xunto á problemática situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.
Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como representantes do sector marisqueiro e confrarías de pesca locais.
O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no Documento de Convocatoria e constará dos actos e accións que se detallan no programa.
As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento
que será entregado ós/ás participantes na reunión ministerial.
Comentarios recentes