Pages Navigation Menu

Encúmbrase a inxustiza en Barreiros

Ir a descargar (Emisión de Radio Cerna)

De nada serven as sentenzas xudiciais cando o prexudicado é o poderoso promotor inmobiliario. A Xunta acaba de aprobar definitivamente o Plan Sectorial para Barreiros que pretende, baixo o barniz de dotar de infraestruturas a este concello, legalizar os milleiros de vivendas que o anterior goberno denunciou e os xuices declararon ilegais. De nada serviron as alegacións presentadas por GNSV, Fusquenlla e outras organizacións ecoloxistas que nin siquera foron contestadas polo goberno galego. 

O Consello da Xunta aprobou onte o Plan sectorial de carácter supramunicipal para o Concello de Barreiros, tal e como anunciara en marzo o conselleiro de Medio mbiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, cando avanzou que tan só quedaba pendente recibir un informe favorable de Costas do Estado. Polo visto tamén o goberno central apoia decididamente a proliferación masiva do cemento no litoral galego.

En virtude deste plan comprométese un investimento de 14,1 millóns de euros, dos cales o Concello se fará cargo de algo máis do 50%; a Deputación Provincial de Lugo participará con cerca dun 10% e a Xunta achegará o 40% restante. Esta inxente cantidade de diñeiro público utilízase para sufragar os gastos de urbanización que por lei lles corresponde aos promotores e que estes decidiron non costear seguros da benevolencia que a Xunta amosaría cos seus intereses.

Un exemplo máis da condescendencia coa que os poderes públicos tratan aos empresarios da construción a pesar da grave crise económica que provocaron no noso país. Un escándalo que os xuices deberían investigar como un presunto caso de malversación de fondos públicos. Unha razón máis para que o cidadán perda a confianza nas institucións que din actuar na defensa do medio ambiente, do urbanismo racional, do desenvolvemento sostíbel baseado na xestión responsábel dos recursos naturais, na protección do patrimonio natural e da paisaxe. Pero sobre todo, unhas institucións que non dubidan en menosprezar a as sentenzas xudiciais que non lles son favorabeis.

2 Comments

  1. Totalmente dacordo co comentario de fusquenlla. Síntome indignado, como contribuinte, ter que pagar para axudar nos beneficios de políticos corruptos ou empresarios especuladores.
    No caso de Foz, do outro de Barreiros, produciuse unha dsesfeita urbanistica sen control. Miles de pisos que non teñen saida, rúas estreitas, sen beirarrúas. Non hai aparcamentos, nen depuradoras, puxeron unha ao pé das casas e non funciona, vertendo sen emisario, na ría ao carón do mercado semanal.
    Está cheo de mamotretos: edificios de seis plantas ao lado de casas de planta baixa.
    E que pasa con Rivera? Vaise de rosiñas? Non procedería unha invstigación de todolos chanchullos do seu goberno, incluido o seu patrimonio ou o malgasto? Nos días das vacas gordas deronse 6.000 licenzas, ano 2006, e agora está con débedas. Como se exprica isto?

  2. Medidas para paliar a crise: desaparición da Fiscalía de Medio Ambiente.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Encúmbrase a inxustiza en Barreiros - [...] Encúmbrase a inxustiza en Barreiros galizanonsevende.org/?p=1111  por Socram o 07:55 CEST [...]

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.