Pages Navigation Menu

O DISCURSO DO MESTRE: Enrique Banet, Premio de Honra Fernado Rey nos Premios Mestre Mateo

O pasado xoves 15 de abril a Academia Galega do Audiovisual tivo o acerto de entregar o Premio de Honra Mestre Mateo ao noso querido compañeiro Enrique Banet en recoñecemento a toda unha vida profesional marcada polo compromiso. Un compromiso que, como el deixou ben claro, foi e vai sempre máis alá do que normalmente se entende por defensa da paisaxe e da biodiversidade para chegar a ser defensa do territorio, da vida, e da dignidade: Terra viva e vida digna para tod@s.

As palabras que pronunciou tras recibir o premio tiveron unha gran repercusión no país. Seguramente porque a súa firmeza e o seu contido quedaban moi lonxe do estilo habitual deste tipo de actos. Mesmo sorprendía escoitalas emitidas por unha canle de televisión. Por iso queremos ofrecelas hoxe aquí a todas e todos os que non tiveron a oportunidade de escoitalas aquel día.

Podedes velo aquí: Vídeo 1 e Vídeo 2

Parabéns e moitas grazas por todo, Enrique.

4 Comments

  1. valente, coherente, intelixente,… unha lección admirable. Noraboa e gracias Enrique

  2. Fantástico Enrique como sempre…!
    Se houbera máis galegos coma il este país sería coñecido e respectado no mundo enteiro pola súa propias capacidades e sinerxias positivas.

    Por certo onde está a web do proxecto de sementes autóctonas que seica abriu as súas portas ao lado de Forcarey…?

  3. Grande, moi grande, don Enrique.
    Gustaríame ver os caretos dos politiquiños que estaban na sala cando Banet falaba. Se tiveran algo de vergoña, aínda que fora un anaquiño residual, tiña que caerlles a cara ao chan.
    Por certo, Gamela00, o de Forcarei (a Fundación Galicia Verde, traballo marabilloso de Mabel Rivera e o propio Banet) podes velo en http://www.fundaciongaliciaverde.org/
    Moitas gracias Enrique, moitas gracias Mabel.

  4. do proxecto de sementes autóctonas que seica abriu as súas portas

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.