“Esta é a miña patria” de X.L.Méndez Ferrín
[…]existe unha esquerda, un ecoloxismo, unha clase obreira e un nacionalismo vivos e actuantes que non van permitir a destrucción do noso ambiente e da nosa vida[…]
Os comentaristas políticos galegos favorabeis á dereita e á súa “idea de España”, especialmente a fracción ben articulada dos procedentes do vello e glorioso PCE-PCG, están a facer retiro espiritual; ou ben calan ou ben falan crípticos, circunspectos e a modiño. Mesmo hai xornais enteiros e grandísimos que semellan ter entrado nun período de instrospección e reserva que lles eu desexo moi fructífero para as súas almas empresariais.
Utilizan coralmente a palabra chave escenario, que vén do inglés (ou latinglish) scenario, a cal significa o mesmo que entre nosoutros “guión cinematográfico”. Os comentaristas de política na prensa de Galicia poñen (non todos, non) cara de circunstancias, amósanse taciturnos ou biliares e parecen estar á espera, coma no drama de Pirandello, dun autor que lles prescriba as novas palabras. A derrota do PP nas pasadas eleccións foi tamén a derrota dunha parte considerábel dos colaboradores, dos xornalistas e dos xornais presentes en Galicia. Esta é a miña Patria.
Os escritores (merecedores do título) en lingua galega pasaron pola confrontación electoral sen lle daren moitos apoios á dereita e prestándollos, uns máis e outros menos, a todo aquilo que se moveu contra a barbarie. Entre outras cousas foi por iso mesmo polo que esta pasada tempada electoral se falou e escribiu tanto e tan agresivamente contra os escritores en lingua galega. E por que me virá agora á memoria aquela famosa carta de intelectuais galegos a favor da entrada de España na OTAN que non quixo asinar ningún verdadeiro escritor galego? Agora eu quixera felicitarme a min mesmo polo feito de que os escritores de Galicia, de Rosalía ás Redes Escarlata (por pór un simple exemplo de colectividade socio-cultural), pasando por Don Ramón María del Valle-Inclán, soen ser así ou, se non, chámanse Vicente Risco.
Días antes da campaña, unha manifestación nutridísima alagou as rúas de Compostela baixo o lema de Galicia non se vende. Tal mobilización ensinaballe á coalición autonómica que existe unha esquerda, un ecoloxismo, unha clase obreira e un nacionalismo vivos e actuantes que non van permitir a destrucción do noso ambiente e da nosa vida por moito que o BNG e o PSOE estean e prevariquen no goberno de Santiago. Sempre decimos que o Parlamento de Galicia amosa o atraso político da Nación ao non teren asento nel máis ca deputados de tres partidos, cando no de Euskadi fanno seis e no de Cataluña cinco (ou é ao revés?). Falamos do atraso político de Galicia.
O cal nos leva a albiscar un futuro no que, a consecuencia das vindeiras eleccións autonómicas, o retroceso do voto ao PP (elisión dos seus siareiros galeguistas ou simplemente demócratas), a ampliación desproporcionada e utilitarista do voto ao PSOE por parte de subxectividades verdadeiramente progresistas e a concentración no BNG da maioría dos sufraxios independentistas e de esquerda (ao que habería que asociar o voto patriótico e e marxista branco/nulo, tan numeroso) abran paso a unha mudanza política que sitúe no Hórreo electos ceibes e dispostos a aquilo que alguén chamaba “servir o pobo”. Xa veremos a ver. “Mudam os tempos, mudam as vontades” – dicía V. nunhas viñetas ou cadradiños perdidos do chiste (sic) V. for Vendetta, da autoría de Alan Moore e David Lloyd Faro de Vigo
En xeral, aparte do panorama parlamentario pouco diversificado, é de notar tamén a falta de xente minimamente intelixente entre as cabezas visibles do BNG, PSOE (por suposto, PP). Típico dun país de subnormais, o reino dos vidos a políticos idiotas se mestura co dos aproveitados (que non necesariamente intelixentes, senón pillos), resultando a cousa no país de pandereta que ben coñecemos.
A diferencia entre o atraso galego e o avance do norte de Europa (ou mesmo de Cataluña ou País Vasco) é a falta de intelixencia no parlamento, a pouca formación, o oportunismo: a ineptitude. Calquera parlamentario galego sería incapaz de ter un debate fluído con Anasagasti, por exemplo, ou con Carod. Simplemente non teñen testa de abondo para formular ideas elaboradas, razonamentos complexos, sensibilidade aos problemas; todas estas caracterísitcas moi notorias por certo no BNG, ultimamente representante da pompa e regocixo propio, do monotema sensacionalista (vivamos como galegos), da confusión ideolóxica e da necedade coas críticas. É imposible levantar o país, despois da ditadura e do paso de Fraga, vivindo das palabras e do conto, ou moito peor, facer das poucas accións emprendidas nestes 4 anos un conxunto de derroteiros continuistas, no mellor dos casos. Todo isto non é porque se lles esquecera ao PSOE e o BNG o que son, é porque se lles otorgou o poder dentro deses partidos a personalidades non aptas para a política, e si aptas para os intereses dos grupos económicos e mesmo para as inquedanzas da dereita. Galicia precisa cabezas pensantes, non un reflexo empeorado da nosa atrasada sociedade no goberno.
Se ben é certo que os partidos con tarefas de goberno non teñen “cabezas pensantes” como di Individuo, non é esta a verdadeira razón do atraso político, e polo tanto económoco e cultural, de Galiza. Os partidos políticos foron abducidos polo poder económico e son meros executores dos plans financieiros das grandes corporacións mercantís: banca, eléctricas, construtoras, compañías enerxéticas, etc
A política está deseñada nos despachos destas grandes compañías e o mellor para executalas é dispor de políticos corruptos, con poucas miras e con ansias de protagonismo. Este é o retrato da clase política hoixe en día. Moitos Aznar, moitos Quintana e moitos Touriño.
A política entendida como medio de interpretar as necesidades da sociedade e procurar as respostas adecuadas, está morta. O que queda é unha representación formal dun goberno que só atende aos intereses dunha oligarquía e desdeña os problemas sociais
Pero todo o mundo está manexado polo poder económico; deso non nos queda ningunha dúbida. Pero ¿cal é a verdadeira razón desta desfeita en Galiza?. Sinceiramente eu creo que é culpa do pobo, nosa a fin de contas, que non somos capaces de protestar de forma efectiva, e de revelarnos en contra dese poder aniquilante e estúpido que non fai nada; fiel representante dun pobo que tampouco o fai. Asemellamos masoquistas, pasotas, parece non importarnos o que nos acontece. ¿Será hereditario o noso? Porque vai ser que non é de hoxe esta actitude.
Ben certo é: o problema existe. E como se dí: “Si lloras porque no has visto el sol, tus lágrimas no te dejarán ver las estrellas”. Ou sexa, que si non deixamos de lamentarnos polo mal gobernados que estamos, e non lle poñemos solución XA, esto vai ser que non cambia.
Para eso temos que cambiar o chip. Temos que pensar en positivo (xa parezco o Vaan hall ese, ou como se escriba), temos que saber que somos pais e fillos das nosas circunstancias, e que todo se pode cambiar. E para eso hai que empezar a traballar, a mollarse, a deixar de pensar “estou de acordo pero ide vos”. Temos que ser nos os que cambiemos o rumbo da nosa historia. Pero eso, solo depende de nos.
Mientras eso non cambie, o resto tampouco o vai a facer. Seguiremos tendo os políticos que, por desgracia, son os que nos merecemos. TODO DEPENDE DE NOS.