Pages Navigation Menu

FÓISENOS XOSÉ

Quédanos o seu amor, o seu exemplo, o seu legado

As verbas duns poucos compañeiros e compañeiras expresan moi bem o sentimento de dor de todas as persoas que tivemos a sorte de coñecer a Xosé Reigosa.

A Xosé Manuel Reigosa
Serxio Regos “O García” de Fuga em Rede

Cando miredes a Ría de Vigo e vexades un monte no alto de Nigrán ke non está completamente urbanizado sabede ke se chama Monteferro. Sabede ke está vivo porke o colectivo “Salvemos Monteferro” protexeuno con Xosé Reigosa á fronte. Sabede que o Xosé foi unha peza irrepetible neste rompecabezas que chamamos Rede Galiza Non Se Vende, pois propiciou e sustentou a mesma como poucos ou se cadra como ninguén. Era tremendamente especial a nivel de representar a dignidade rebelde ke nos move. Sabede ke este compañeiro era un dos imprescindibles (aínda ke a el non lle gustaría esta definición). Síntoo Xosé, pero si, ti eras, es e serás un deses. O seguinte texto é unha carta en voz alta desde o persoal, non podo escribir desde a distancia, desde a frialdade, non podo. Van pois apenas unhas liñas a un grandísimo amigo, a un compañeiro de loita social, a alguén ke coñecín relativamente tarde mais nestes poucos anos compartimos moitos momentos moi intensos de fraternidade, un home humilde e sinxelo, enorme en esencia, humano ata o infinito.

A Xosé Manuel Reigosa Solleiro (Xosé Monteferro) de Serxio Regos “O García”.

Xosé, compa. Onte chegoume a noticia… agora sinto unha dor infinita porke es unha das persoas ke máis kero e respeto no mundo e, cústame pensar ke xa non poderemos desfrutar da túa presenza física. Cústame moito.

Estou saíndo no tren cara a túa Ría, a nosa, a dos compas, a ke non está a venda, ese espazo común de terra, xente e sal ke moldeaches con agarimo no facer. Vou mirar as Cíes, vou cara a Ría, a ke non se vende e tódolos carroñeros keren facer negocio con ela, como con todos e cada un dos espazos naturais da Terra, a ke pertencemos.

Porke sabemos ke son chulos, chulos do territorio e exercen como tal, nunca se sacian, pero para definilos nada mellor ke a túa sinxeleza e humor, como saído dun western, no medio dunha frase desas túas interminables e con voz susurrante : “…os malos”.

Vou no tren lento, penso ke nunca foi tan lento, cara a Ría a xunto ós teus, a xunto ós compas, para estar ó teu carón e falarche, teño tanto ke dicirche… e sobre todo tanto ke escoitarte pois desde ke te coñezo non deixei de aprender meu. Pra min es como a encarnación da esperanza, tronzas as barreiras xeracionais coa túa proximidade.

Vou no tren, para estar a túa beira, neste tren ke debera ser realmente do común e non como a alta velocidade elitista que tanto cuestionaches e asegúroche cuestionaremos, por formar parte de unha estratexia depredadora do territorio, ke só lle interesa ao capitalismo salvaxe, xa sabes nós somos pasmós-peatós e non hai máis.

Vou ao teu carón parece ser ke a despedírmonos de ti… pero eu kero escoitarte máis, ke me fales do decrecemento, dende o neolítico! Como acostumas a facer… cóntame si, porke o teu libro sobre o tema xa debe estar bastante encamiñado, ou ke? É cando máis precisamos dos teus coñecementos, da túa lucidez, da túa paciencia, da túa calma e da túa digna rabia cando hai ke tela. Agora é cando máis precisamos do teu humor, nestes tempos ke corren, fálame do decrecemento unha vez máis… da biodiversidade da Ría, transmíteme o teu AMOR con maiúsculas pola Terra. Veña Xosé ke eu comprométome a transmitirllo aos demais como poida. Dime.

Ah! E cántame a de “Al vent” e a de “se non tedes sachos traémolos nós…” ke aínda imos conversar dun par de temas un ratiño máis… ke digo un ratiño máis si sempre nos pasa o mesmo e remata por iluminarnos a raiola do amencer…

Xosé, eu noméote: Xosé Monteferro, noméote e vives, nomeámoste e pensámoste e estás akí con nós por iso non falo en pasado, porke negámonos a perderte. Todo o ke construímos é indestrutible aínda ke perdamos a vida, ti vivirás sempre en min, en tod*s nós, e nos montes e na Ría, e en cada loita antisistema como a ti che gusta dicir, non antisistémica como sempre che digo eu… E ti coa túa brillante intelixencia dicías “non! antisitema, porke sistémica son tódolos sistemas, e a nós, o ke non nos gusta é este e imos construír outro mellor…”

Quien nombra llama.
Y alguien acude, sin cita previa, sin explicaciones, al lugar donde su nombre, dicho o pensado, lo está llamando.
Cuando eso ocurre, uno tiene el derecho de creer que nadie se va del todo
mientras no muera la palabra que llamando, llameando, lo trae.

Eduardo Galeano.
“Ventana sobre la Memoria”, en Las Palabras Andantes. Ed. Siglo XXI.

Días despois do seu pasamento celebrouse unha homenaxe en Monteferro e botáronse as súas cinzas ao mar ke tanto coidou (e ke agora coida del) desde o monte ke tanto protexeu (e ke agora o protexe).

Xosé, pasou unha semana e algo da túa despedida e agora estou en Monteferro. Está isto ateigado de xente! E hoxe non sinto dor, sinto alegría, orgullo, e non son o único, escoitáronse akí moitas emocións de boca de xente moi diversa en idades, de diferentes lugares, de diferentes colectivos, da túa familia e amigos… E sentín ke andabas por akí entre a xente fumándolle un cigarro coa túa presenza inevitablemente agarimosa, de paz.

Unha homenaxe do pobo humilde e sinxelo como te mereces, uníndonos unha vez máis a tod*s entorno á terra, como acostumabas facer. Poesía, palabras, colectividade, natureza, xantar popular… Información rigorosa sobre a situación ambiental actual de Monteferro e todo o Val Miñor da man do teu irmán, asemblea, acción na rúa, música…

Estás xa na memoria colectiva, burlaches a morte! Como fixeches!?

O amor polas persoas, pola Terra, pola vida, sempre situado abaixo e de pé. Canto nos deches meu, canto, canto. Sempre con alegría, de arriba pra baixo, caravanas de concertos, conversas mil, asembleas a eito, manifestacións, notas de prensa, redacción e sobre todo sintetización de manifestos… sempre sumando. Sen alentar. Un espírito libertario, nada dogmático, xa che vén de familia: Ricardo Mella, Urania Mella… O teu compromiso admira a ken o mira meu, es xustamente todo o contrario á covardía.

Téñolle escoitado aos indíxenas de Chiapas unha definición das persoas especialmente respectadas pola comunidade por seren defensoras do Colectivo, da Cultura e do máis importante de todo, a terra e o territorio no seu conxunto. A Nai Natureza na ke se sustentan os Pobos, pois sen Terra viva non hai vida digna, non hai nada… “Los Guardianes” din, os ke garanten a protección do espazo territorial, “hasta morir si es preciso” din. Unha definición ke me ten chamado moito a atención e xa o teño falado contigo Xosé porke pra min es “O Gardián da Ría” e por extensión un Gardián, un guerreiro, ke ofrendaches o mellor de ti polo ben común, un bo e xeneroso como xa dixeron máis compas. O noso Xosé, gardando a biodiversidade da Ría xa desde os ollos de Monteferro. Gardando a Ría, como nós te gardamos a ti pois xa non te podes ir. Conseguíchelo, permaneces. Transmítesnos toda a forza para seguir defendendo o ke é de todos e todas. Hai un compromiso, unha débeda pois, de defensa da xustiza e da liberdade ke alimentaches e ke non se pasará por alto, asegúrocho.

Saúde e Terra camarada! E unha aperta rebelde desas ke nos damos a última hora cando xa se foron todos despois das asembleas, e do xantar e… akí estamos, no crepúsculo, ti máis eu felices coma nenos, conspirando por algo mellor, xunto aos todos e todas ke somos… compa! seguimos!

Xosé, vives!
A loita sigue!

Goberne ken goberne, Monteferro non se vende!
Goberne ken goberne, A Ría non se vende!
Goberne ken goberne Galiza non se vende!
Terra viva e vida digna para tod*s.

CORREO DE IRENE
Irene de Radio Piratona

Olá a tod*s. Antes que nada, mandar-vos todo o agarimo do mundo nestes momentos. Ainda que tarde, muita força… e sim, como di Montse por fortuna estamos a ver o surgimento de sinergias fermosas; hai cousas que, com todo o mau, unem e dam pê para outras que talvez nom aguardássemos.

CANDO MORRE UN IRMÁN UN COMPAÑEIRO, UN PAI, UN AMIGO
Montse de Salvemos Monteferro e companheira de Xosé

Pode que non aterrara aínda pero máis que munusvalías sinto o que tiven e xa sempre terei de Xosé. Houbo máis amor que bagoas na súa despedida e amor de todas as tallas e cores como lle gustaba. Recibimos tanto de todos e todas vós antes e agora que o que sinto é unha grande comunión no sentido non desastrado do término. Está e estará con nós porque nos fixemos xuntos e xa non é posible desfiar o que é de cada quén. Debe de ser esa unidade da que falan por outros lares. Axudáchedes ca vosa emoción e a vosa forza a encher de tenrura e beleza un escenario que soe ser de dor e negocio coa morte. Sei que, coma nós, estarabos infinitamente agradecido.

Seguiremos na vida, al vent, nestes momentos de maré que dende o seu posto de vixía anunciaba Xosé, para combatila, paliala, reventala e construir mundos e saídas fronte a Goliat. Pequeniños en rede: Cualsevol nit pot sortir el sol.

É …como é? A miña casa é vosa casa se que hai casas de alguén

Montse

PALABRAS DE CARIÑO A XOSÉ E A SÚA FAMILIA
Fran e Lidia dende Bouzas

Xosé, coñecerte foi das melloras cousas que nos pasaron na nosa vida.
Grazas por ser ese home entrañable, loitador e traballador incansable,
extraordinariamente intelixente e bo, que facía aflorar en todo o mundo o
mellor de cada quen, que sabía expresar as ideas e os feitos do xeito máis
claro e sinxelo, que sempre escoitaba aos demáis con cariño e respeto e
que nunca perdía o sentido do humor. E todo noso cariño e agradecemento a
tua familia que nos permitiu, como di o teu fillo, brindar por ti rodeados
dos teus amigos no Marrucho.

Fran e Lidia (Bouzas)

FALECEMENTO DO COMPAÑEIRO XOSÉ REIGOSA

Compas do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O pasado día 21 faleceu o activista e compañeiro Xosé Reigosa Solleiro Presidente de Salvemos Monteferro.

Pertencía tamén ás plataformas “Galiza non se vende” “A Ría Non se Vende”, “SOS Groba” plenamente dedicado a defensa do medio e os dereitos sociais.

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, amosamos o noso sentimento e a solidaridade coa familia e compañeiros.

RECORDO PARA XOSÉ
Iñaki, de Verdegaia

Aínda que as militancias sexan o que nos move, aínda que a diferenza sexa a nosa natureza, o cariño é o que nos une, por enriba de todo e dando sentido a todo.
Un bico grande para Gabri, a quen coñezo dende hai anos e por circunstancias diversas, para Montse, coa que coincidín máis esporádicamente, Anxo, e demais xente da RNSV e en xeral da comarca, da loita pola terra e polo mar.
E o recordo para Xosé, porque o pouco que o tratei chegou para que me sinta persoalmente afectado pola súa partida e para entender que persoas coma el son as que dan azos ás cousas máis necesarias e as veces máis difíciles, mesmo se facelas non é un apéndice da vida, senón a vida mesma, na que estamos tantas e aínda sendo tan poucas, somos e seguiremos adiante.
Que a memoria sexa xusta e lle garde un oco no camiño.
Bicos.
Iñaki, de Verdegaia.

XOSÉ COMPANEHIRO E AMIGO
Edi de Bouzas-móvete

ARNS: mais de três anos de reunions todos os mércores no Centro Social A Revolta, de ai saírom infinitas ideias, houvo intensos debates, algumha que outra bronca, mas sobre todo muita risa. Prepararom-se mobilizaçons de todo tipo, manifestaçons, roteiros, concertos, caravanas de carros e de música, passa-ruas, feches, comunicados, manifestos, denuncias, cartazes, faixas, rodas de prensa, ceas e festas solidarias, recolhidas de sinaturas…

Todo isto nom seria possivel sem o Xosé, que sempre se responsabilizava dumha grande parte do travalho e se lhe podia ver redactando textos, dando roldas de prensa, contestando aos medios por teléfone, tintando faixas e pendurando-as, desenhando e colando cartazes, fazendo pintadas e por suposto assistindo a todas as mobilizaçons.

Era umha pessoa que aglutinava à gente, conciliador, sempre mediava nas discusons e sobre todo tinha muito, muito sentido do humor. Mas também sabia dizer as cousas com contundência quando era preciso. Lembro um dia que estávamos num bar varios compas da RNSV, depois dumha assembleia, entrou um fulano com atitude violenta e muito mal rolho, e lhe cuspiu na cara a um home que estava na barra, que nom conhecíamos de nada. O Xosé, sem pensa-lo, encarou-se a el e lhe espetou que isso nom se lhe fazía a umha pessoa, que era umha falta de respeito bestial, que era despreciavel o que acabava de fazer. Eu pensei que íamos sair mal dessa, mas o fulano deu media volta e marchou, como se aceitara a bronca do Xosé. Todos quedamos flipados. Isso só o poido fazer el.

DESDE ORTIGUEIRA
Patricia de Ortigueira sostíbel

Tiven a sorte de coñecelo en persona. Soamente un intre: unha comida en Compostela e logo en Pontedeume, acompañando os dous aos amigos de Fusquenlla. E logo as ducias de correos na lista de GNSV e os seus fermosos manifestos. Quédame del unha grata impresión de calidez e humanidade: Só persoas así son capaces de mover mareas de xente.
Unha lembranza moi sentida dende Ortigueira, Xosé
Patricia

CORREO DE CARMUCHA

Carmucha Otero de Fusquenlla, Pontedeume

Todavía desde a emoción que supuxo asistir ao teu enterro, quero adicarche unhas palabras de cariño, como o que ti mostraches sempre hacia nós. Non é doado atopar xente coma ti, tan boa, xenerosa,intelixente, loitadora e, sobre todo, entrañable. Literalmente, estás xa nas nosas entrañas fusquenllas. Intento recuperar na miña memoria todos os momentos que compartimos desde aquel primeiro día en Monteferro, aquel xantar reivindicativo, ata a última vez que te vin na Alameda de Santiago. Sempre bos recordos. Sempre con sentido do humor. Sei que cando pase este tempo tan doloroso recuperaremos ese humor aínda que sexa negro. Como dixo Manuel, para nós fuches especial.
Xamais te esqueceremos. Bicos e ánimo a toda á familia.

PAI
Gabri Reigosa de Berra Val Miñor e fillo de Xosé

Haberá quen diga dor, mais eu creo que é mais grande o ORGULLO que sinto tras o falecemento do meu amigo, do meu compañeiro, do meu pai. Orgullo polo que foi e polo que deixou ó meu carón. Deixounos ben rodeados, na senda dunha loita que ademais de constante acción nos regala amizades enormes, almas grandes que sinten coma nós, que vibran coma nós e que camiñan onda nós. Sementou algo que está a crecer, por iso non podo sentir que marchou mentras teña @s compas conmigo. Nas vosas miradas está el, nas vosas verbas esta el, nas vosas mostras de amor está el. Sinto que, a pesar de ser fillo único, teño moitos irmáns e irmás, pois moit@s son os que falan de que fican un pouco orfos ca perda do “Guardián da Ría”.
Meu compañeiro, estamos ben, seguiremos adiante na vida e na loita, vivindo o momento e conservando a alegría. E volveremos a brindar por ti, unha e mil veces, coma o día do teu enterro, no Marrucho, rodeados de amig@s nun ambiente que reconforta e no que te sentimos moi preto.
Pai, Irmán, amigo, compañeiro, camarada…non te despido porque vas estar sempre conmigo.
Quérote.
Biel.

CORREO D@S COMPAS DO PARQUE ROSALIA DE LUGO

Sempre vivo na nosa mente, cando penso en Xosé non podo evitar que un sorriso asome na miña cara.
Asociación en defensa do parque Rosalía de Castro. Lugo
Dicir espera é un crime,
dicir mañá é igual que matar,
onte de nada sérvenos,
as cicatrices non axudan a andar.Só morrer permanece
como a máis inmutable razón,
vivir é un accidente,
un exercicio de gozo e dor.

Que non, que non, que o pensamento
non pode tomar asento,
que o pensamento é estar
sempre de paso, de paso, de paso…

Quen pon regras ao xogo
engánase se di que é xogador,
o que lle move é o medo
de que se saiba que nunca xogou.

A ciencia é unha estratexia,
é unha forma de atar a verdade
que é algo máis que materia,
pois o misterio ocúltase detrás.

Hai demasiados profetas,
profesionais da liberdade,
que fan do aire, bandeira,
pretexto inútil para respirar.

Nunha noite infinita
que vai meciendo a este gran cadaleito
onde esquecemos que o
día só é un punto, un punto de luz.
AUTE.


CORREO DE PILI IMO

Pili, militante feminista

…Sintoo moitíssimo… Um abraço

ATA SEMPRE XOSÉ !!
Orlando Álvarez de SOS Courel

Eu coñecín a Xosé fai poucos anos,.. impresionoume a súa proximidade e trato doado, o seu coñecemento dos problemas de todos, o seu agaritmo, a súa paz, a súa calma, …. e a súa incesante inquietude revolucionaria. Ata sempre Xosé!!

CORREO DE RAQUEL

Raquel da Cova dos Ratos

… siempre lo tendré presente, era una persona q me encantaba!!

NA LEMBRANZA DE XOSÉ REIGOSA

Pichi, de Luita Verde

Eran tempos que xa sucedera unha catástrofe ambiental provocada polo afundimento dun buque diante das costas galegas.

Eran tempos en que a resposta social a esa catástrofe esmorecera ante o oportunismo político.

Eran tempos en que unha marea negra no océano dera oportunidade á especulación doutra marea negra na terra firme dende a máis próxima ás augas oceánicas ata a máis lonxana das serras do interior.

A mediados da década pasada unha serie de persoas procedentes de distintos colectivos e tendencias ideolóxicas sentimos a necesidade de xuntarnos e unilas nosas vontades para loitar contra da barbarie que se nos viña enriba.

PXOMs moi por enriba das súas capacidades de ordenamento, plans de áreas portuarias, piscifactorías e portos deportivos que pretendían seguir ocupando e privatizando ilegalmente os terreos en primeira liña e a propia lámina de mar, plans de estradas que querían sepultar baixo do chapapote e en forma de impactantes autovías montes, rural e mesmo o patrimonio cultural, canteiras que pretendían esburatar os cantís escarpados das nosas serras mellor conservadas, plans eólicos cos seus monstruosos muíños e infraestruturas de acceso dende as serras protexidas do interior ata ós cantís do litoral, plans industriais onde seguir planexando parques sin ocupación ao antollo de cada concello, comarca, etc. da man da especulación empresarial, áreas metropolitanas onde concentrar o poder político e económico por enriba da identidade e a sustentabilidade territorial, social, cultural de cada concello, comarca, a ameaza de perda de zonas verdes e parques urbanos nas nosas vilas e cidades, …

E aí estaban o proxecto de porto deportivo de Massó, a ameaza de novos recheos en Bouzas, da urbanización de Monteferro, do PXOM de Nigrán, da perda de praias en Teis, de novos recheos na enseada de San Simón, do plan de usos da Autoridade Portuaria de Vigo, das piscifactorías na Costa da Morte, de Reganosa na ría de Ferrol, da urbanización do Parque Rosalía en Lugo, das canteiras no Caurel, do parque medioambiental do Ribeiro, do Plan de estradas de Galicia, do plan Vigo Íntegra, do plan director de portos deportivos, de piscifactorías, do plan eólico galego,…

E daí se montou a Rede Litoral Vivo e despóis Galiza Non Se Vende e entrambos A Ría Non Se Vende.

E charlas informativas, alegacións, roteiros reivindicativos, concertos solidarios, manifas, encontros paralelos coma o do cumio de pesca da UE en Vigo …

E centos de horas cubertas en xuntanzas, elaboración de documentos e roldas de comunicación ante os medios onde foi parte fundamental unha grande persoa que nos acaba de deixar pero que queda no máis fondo de nós para sempre coma foi Xose.

A súa abraiante capacidade de comprensión e de síntese das distintas e variadas problemáticas, de coordinación ata nos momentos de máxima controversia, e o seu temple e bonfacer á hora de exercer de portavocía do movemento social quedará para sempre nas nosas cabezas como asi mesmo quedará nos nosos corazóns a súa extraordinaria faceta humana fielmente expresada nos momentos máis desenfadados e de lecer, onde ademais sempre gostaba facer uso das súas capacidades intelectuais, antropolóxicas e socioambientais.

Para rematar esta carta parecerá moi triste, para min é obvio ante o pasamento dunha persoa querida, pero coma el solía darnos a entender malia cando no fondo era un pesimista confeso ante a realidade imperante todo se resolvía coa ledicia de velo produto do traballo feito, por moi pouco que se conseguira (que na realidade foi moito ao longo destes anos) e coa vista posta no seguinte a levar a cabo.

Que nos sirva de exemplo e de apoio para seguir na luita por un mundo mellor e libre agora que está e coma nunca tan necesitado ¡¡

Grazas irmán e ata sempre na outra dimensión.

GOBERNE QUEN GOBERNE A RÍA NON SE VENDE

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE

GOBERNE QUE GOBERNE A TERRA NON SE VENDE

TERRA VIVA E VIDA DIGNA PARA TOD@S

CANDO MORRE UN IRMÁN

Anxo Reigosa de Salvemos Monteferro

Cando morre un irmán hai unha parte de ti que morre tamén. Unha parte non rexenerable que se vai definitivamente e que non podes deixar de botar de menos.

Non hai cura nin consolo nin bálsamo para esta profunda dor. Non se supera, non cede, non alivia. Hai que aprender a vivir mutilado, sentindo o brazo que non tes, enchendo os pulmóns do baleiro que che falta.

Non vai ser doado, non. Non hai tampouco manual ningún, nin directrices que ordenen este territorio. Simplemente hai que seguir camiñando, arrastrando a túa minusvalía contigo a todas partes.

Onte foi un día duro, pero a pesar diso foi unha xornada para dar grazas. Grazas por vivir, por xuntarnos, por querernos. Non podo nomear aquí a tanta e tanta xente que demostrou o seu cariño cara a nós, cara meu irmán. Non podo esquecer aos que axudaron tanto na súa longa enfermidade, sempre dispostos a botar unha man; aos que na distancia se acordaron e chamaron e falaron con el, e arrincáronlle un sorriso. Non podo esquecer as verbas que lle adicades nos diferentes medios e que non podo ler deseguido. Dicirvos só tres cousas: grazas, grazas e grazas.

Onte foise meu irmán, pero quedades vós. Seguiremos adiante.

Anxo Reigosa.

ATA SEMPRE XOSÉ

Paquinho de Greenpeace

Vai tempo que non escribo nesta lista, ainda que a sigo con moita atención e interese.

Máis dunha vez vinme tentado a participar, mais agora sinto que teño que facelo. Dende onte que me chegou a mala nova levo tentando escribir algo, non sei o que, quizais calquera cousa na procura dese tempo que xa non vai se-lo mesmo.

Comenzaches por Monteferro, logo foi a ría de Vigo, máis tarde negácheste a que a nosa Galiza estivera nos “mercados” e quen sabe a que galaxia tiveras chegado, ao teu ritmo, paseniñamente, compartindo sempre unha boa conversa e unha “estrela da nosa terra”, pero deixando unha pegada imborrabel, coma a que por sempre vai ficar en min en penso que en todos os que tivermos o honor de estar ao teu carón.

Mais vai tranquilo meu amigo, que as bagoas de hoxe vannos dar ainda máis forzas para que “os malos” leven o que merecen e esta, a nosa terra, o noso planeta, fique verde e en paz.

Ata sempre Xosé
3 POEMAS

Manolo Pipas de Fuga em Rede
COMPA XOSÉ MONTEFERRO

compa xosé monteferro
entre a entrada da ría
a ria e o mar aberto
al vent esta travesia
o sentimento

entre monteferro e as illas
hoxe as ondas están calmas
logo serán mar embravecida
al vent as ondas palabras
ai sempre vivas

em cada esquina un amigo
a ria o sar o courel
terras da fraternidade
cravos bermellos xosé
compa xosé

escrito aki na ria

MONTEFERRO LETANÍA

Ferro rexo Monteferro

entre a entrada da Ría

a Ría e o mar aberto

a Travesía

entre a península e as illas

hoxe están as ondas calmas

son música letanía

ondas palabras.

NA MEMORIA DE XOSÉ REIGOSA, COMPA DE GALIZA NON SE VENDE

na memoria de xosé reigosa
compa de galiza non se vende
colectivas apertas montse e gabri
… e todas e todos marchamos
cunha flor na man ou no peito
e logo na tarberna marrucho seguiron
conversas volveron as boas lembranzas
e escoitamos as tuas e nosas cancions
lluis llach fuxan os ventos dakidarria
raimon paco ibañez silvio
rodriguez josé afonso …
em cada esquina un amigo

manolo pipas

XOSÉ, VIVES!, A LOITA SIGUE!

De Serxio García de Fuga em rede

Infinita dor, hoxe foise unha das persoas ke mais kero no mundo. Para ken non o saiba chamase Xosé Reigosa un home humilde e sinxelo, enorme en esencia, humano ata o infinito. Cando miredes a Ría e vexades o único Monte vivo sabede ke se chama Monteferro, sabede ke está vivo porké o salvaron compas con Xosé a fronte. Sabede ke este compa era un dos imprescindibles, sei ke me dirías “Gharçia, non hai ninguén imprescindible” sinto Xosé pero sí, ti es un deses.

E digo es, porke me nego a perderte, todo o ke construímos é indestructible aínda ke perdamos a vida, ti vivirás sempre en min, en tod*s nós e nos montes e na Ría e en cada loita anti sistema como a ti che gustaba dicir, non antisistémica como sempre che dicía eu. E ti coa túa brillante intelixencia dicías “non! antisitema, porke sistémica son tódolos sitemas, e nós o ke non nos gusta é este e imos construir outro millor…” Joder non sabes como vou estrañar o teu inmenso AMOR.

O amor ke tiñas pola xente, pola Terra, pola vida, sempre abaixo e de pé. Ostia eres enorme Xosé, non o sabes ti ben… joder podería seguir horas… canto nos deches meu, canto, canto. Unha aperta rebelde desas ke nos damos a última hora cando xa se foron todos despois das asambleas, e do xantar e dos cacharros.. ti mais eu no amencer felices coma nenos, conspirando por algo millor, compa! seguimos! eso sí cunha dor irremediable compa por non poder disfrutar xa da túa presencia.

SAÚDE e TERRA.

Xosé, vives!

A loita sigue!

Serxio Regos (O García)

BEIJINHOS TRISTES PARA TODAS VÓS

Bk de Fuga em rede, dende Porto

… agarimos e apertas grandes ao Gabri e a Montse, e outros para ti, para Eliseo e para todas as pessoas da RNSV e todas as pessoas achegadas a Jose.

Beijinhos grandes…e tristes…

CORREO DE ANTÓN

Antom Árias Curto, militante independentista

Se podes trasmite-lhe meus sentimentos aos familiares e amig@s ante a perda do companheiro, Um saudo.

CORREO DE JULIO

Julio saiáns de AMAL

… Umha forte aperta a todas as pessoas que conhecemos e desfrutamos de ter ao nosso carom ao Xose. Foi um prazer, pessoas assim som dignas de viver a vida mais intensamente. Esse sim que que foi um bom e generoso.
Saúde e Terra.

QUERÉMOSTE, SÁBELO!

Da Rosiña de Fuga Em Rede dende Guinea Bisau

Compas,

Dificil nova…. pero nós te pensamos e te pensaremos, te sentimos e te sentiremos, te escoitamos e te seguiremos a escoitar…

Ala onde estexas Xosé, con nós, xunto a nós ao noso carón estarás…

Non haberá asamblea de GNSV, mani…etc que non sexa contigo!! Sempre.

Seguiremos loitando para construir un mundo verde,digno e libre.

Xosé,cantas coisas aprendín xunto a tí,xunto a vós….e cantas verbas intercambiamos sobre as nosas forzas ante as enfermedades que percorrian os nosos corpos…pero que loitabamos por un corpo/mente mellor 😉 . Sabes, sei que esteas onde esteas seguirás loitando por tí,por min e por todas nós e eu seguirei loitando por ti,por min….

querémoste, sábelo!

ESTAMOS DE LOITO

Xilberte Manso de la Torre, de SOS Groba e Plataforma Serra do Galiñeiro

http://sosgroba.blogspot.com/2012/02/estamos-de-loito.html

Ata sempre, compañeiro Xosé.

Chegounos a mala nova hai uns minutos. O compañeiro Xosé Reigosa finou esta tarde.

Compañeiro en SOS Groba, dende o primeiro día, en Salvemos Monteferro , en Galiza Non se Vende e en todo o activismo do ecoloxismo e os movementos sociais.

Sabíamos dos seus padecementos dos últimos tempos e tiñamos esperanza de que un loitador coma el non se rendira nunca. E así foi. Non se rendeu nunca. Mais, a vida é dura e golpea forte e a súa saúde foise deteriorando, non así o seu afán de loita e o seu humor.

Xosé sempre estaba aí, a carón dos que necesitaban unha man amiga e tiña toda a paciencia do mundo para loitar sen desmaio contra os que venden o noso país e a nosa terra por unha puñada de euros ou unha cadeira quente nunha oficina.

Xosé era, é e será sempre na nosa memoria, dos imprescindibles que dicía Bertolt Brecht.

Agora que xa non está entre nós co corpo, sabemos que nos ha de acompañar sempre na memoria e non nos deixará sós nas loitas contra o duro capital e os seus secuaces que están a estragalo todo. Por el, e por a súa familia, a que queremos facer chegar o noso máis garimoso afecto, seguirémos avante e non nos moveran.

Un ramallo de mimosas que arrecenden xa a primavera temperá.

Unha onda de salitre salferida en mil pingas do mar do Centulo en Monteferro.

Un refacho de esperanza que abanea as carballeiras na Fraga de Oliveira.

Un cantar miudiño de auga doce do río da Groba.

Unha presa de area dos areais de Lourido.

Unha ringleira de homes e mulleres de Galiza loitando contra o piche do Prestige.

Unha faixa verde e branca con letras negras e un altofalante que espalla aos catro ventos unha voz firme, circia e clara.

Unha paisaxe sen muíños nen cetareas, sen recheos nen entullos,

sen gobernos que a venden como se fora súa.

E todas son túas

É nosas., e a de todos os que hoxe che agradecemos, Xosé,

o camiño andado xuntos.

Estés onde estés… sempre amigo,

estaremos contigo.

Ata sempre, compañeiro.

XOSÉ REIGOSA SOLLEIRO

Xosé Manuel García Crego de Salvemos Monteferro

Unha vez houbo un home que nunca dixo meu. Xosé Reigosa Solleiro foise de onda nós o 21 de febreiro de 2012.

Acudo ao vello Bar Patos, en Patos, Panxón, Nigrán do Val Miñor. Convocatoria boca-orella. Preséntase un escrito: trátase de preservar Monteferro da razzia urbanizadora do momento. Abaixoasinamos. Nace Salvemos Monteferro, asociación socio-cultural de defensa medioambiental. De alí a pouco eliximos presidente: Xosé Reigosa, naturalmente.

Desde a súa casa, en Alborés da parroquia de Priegue, vemos Monteferro e as illas Cíes despregar a súa potencia paisaxística. Podíase comprobar tamén, na altura, como as edificacións gañaban terreo ao monte e como mentes desaprensivas ordenaban a corta a feito de hectáreas forestais.

Entrade na páxina web http://www.salvemosmonteferro.org/ que prepararon Ángel e Xosé Reigosa: un exemplo de información. Gañaron no seu día o Premio Nano Cambeiro, outorgado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

Montse, Gabri, amigas e amigos prepararon con antelación o ambiente: SALVEMOS MONTEFERRO andaba xa polos camiños. Reunimos máis de 10.000 sinaturas, convocamos unha concentración diante do concello de Nigrán e impedimos a construción dunha estrada de circunvalación en Monteferro. Era 2006, pouco antes da mobilización veciñal contra o fraudulento PXOM.

Xosé Reigosa Solleiro, que eu saiba, non tiña carné de partido político ningún. A súa filiación política era a da irmandade, a da igualdade social, a do republicanismo. Viña dunha selecta estirpe: Ricardo e Urania Mella, Humberto Solleiro, nomes senlleiros da liberdade.

Estudoso da realidade, rigoroso, extremadamente coidadoso no discurso, quixo sempre compartir análises e responsabilidades: nunca o manifesto era cousa de un, sempre expresión da idea común. Constituíuse, por riba da súa vontade, nun dos epicentros do movemento galego de defensa da terra.

A Ría Non se Vende, Galiza Non se Vende. Fórmulas organizativas para aglutinar, para mobilizar a xente fronte aos atentados medioambientais do momento. Xosé Reigosa foi voceiro veraz de movementos firmemente baseados na razón e no coñecemento científico das cousas.

Unha cruel enfermidade retirouno hai meses da súa actividade militante. Home afable, humilde, xeneroso, déixanos o recordo dunha persoa entrañable, cariñosa, amante dos seus e dos máis.

Séxalle leve ao compañeiro a terra que tanto amou.

CORREO DE MANUEL

Manuel Dominguez de Fusquenlla

Acabo de recibir a noticia e non vos imaxinades a profunda tristura que sentimos os seus amigos de Pontedeume. “Meus fusquenllos”, dicía él cando nos atopábamonos cada ano, por estas datas, en medio das pancartas, as bandeiras e o ambiente festivo e reivindicativo que invadía a Alameda de Compostela. E logo, antes dos discursos e as chamadas á acción, había sempre un momento ou dous para tomarse con calma unha caña ou dúas baixo a mirada de Montse, que aparentaba reprobación pero que en realidade transmitía un amor infinito polo este home que hoxe nos deixa. Desculpade estas intimidades, pero Xosé foi de todos nós, e para nós, os “fusquenllos”, de verdade, Xosé era alguén moi especial. Lembrolle unha tarde de verano ás beiras do Eume, con esa mirada intelixente e traviesa mirando ás augas. Alguén lle preguntou por un partido da selección nacional, creo que había un mundial de fútbol, e él respondéu con ese humor cheo de sabiduría: “A min quen me preocupa é o celtiña”. Como ben decía Xan, é un home que nos ensinou a superar os dogmatismos, a mentira das verdades absolutas e puña o corazón e a razón na loita por un terra viva, por un mundo mais xusto e por unha Galicia libre e democrática. Hai algo tremendamente cruel nesta perda, nestes momentos en que tanto o necesitábamos. Montse, Anxo e á familia de Xosé, recibide unha forte aperta dos irmáns eumeses de Xosé. Tamén aos compañeios de Galiza Non Se Vende.

HOXE FINOU XOSÉ REIGOSA SOLLEIRO

Xan Duro de Verdegaia

Hoxe, o movemento ecoloxista, o activismo veciñal e todas as persoas que dende o seu recuncho de vida pulamos por mudar a realidade na procura dunha sociedade máis xusta e sustentable ficamos un pouco máis sós e un pouco máis orfos.

Xosé traballou arreo en todas as facianas da súa vida no activismo social e ambiental. Salvemos Monteferro, A Ría non se Vende e Galiza non se Vende foron as súas ferramentas nos últimos anos mais sempre estaba disposto a traballar e apoiar calquera iniciativa que supuxera defender o país e as súas xentes fronte as agresións que un sistema capitalista desbocado perpetra sobre as xentes do común.

Home pousado e conciliador, nunca deixou que os dogmatismos impediran integrar nunha mesma loita a xentes das máis variadas ideas. Procurando sempre o que une, o seu activismo incansable foi un acicate para moitas de nos e botarémolo moito de menos

Ate máis ver, Xosé Reigosa, terémoste connosco nestes anos duros e escuros que se achegan.

3 Comments

  1. Tiven a sorte de coñecelo en persona. Soamente un intre: unha comida en Compostela e logo en Pontedeume, acompañando os dous aos amigos de Fusquenlla. E logo as ducias de correos na lista de GNSV e os seus fermosos manifestos. Quédame del unha grata impresión de calidez e humanidade: Só persoas así son capaces de mover mareas de xente.
    Unha lembranza moi sentida dende Ortigueira, Xosé
    Patricia

  2. Ven, ven de présa!
    Nuns intres,
    o tempo parouse.
    Naquel cantil
    deixou de zoar
    o vento,
    unha gaita
    e ata o mar
    choraban….
    soamente ti
    enchías o pensamento.
    Entón, sen sabelo
    baixaron chorando
    as bágoas
    do meu corazón.

    Lembro o teu sorriso
    franco coma as túas palabras,
    esa tenra e cómplice ollada.
    Lembro a túa espontaneidade,
    retranca e tolerancia…
    Mais, especialmente lembro
    a túa devoción á Ría,
    o teu amor ao mar,
    esa incondicional pasión
    pola sagrada Terra-Nai.

    E esa faca maldita
    que te desangraba,
    cada vez máis…
    Quen puidera sanarche
    as feridas!
    As mesmas sufridas
    polas nosas rías,
    montes, ríos e praias!

    Mais ti compañeiro,
    loitaches ate o final
    contra tanta loucura,
    daquelas mentes pensantes
    que non pensan nada.
    Contra tanta desfeita,
    traizón e mafia!

    Mais ti,
    cidadán do mundo,
    sabías que a terra
    é sagrada.
    E, por iso,
    o teu soño
    é o noso soño,
    a túa senda
    non ten retirada.
    E os teus ideais
    están gravados
    no corazón
    das nosas almas.

    Ti, nos enseñaches que,
    cando a xustiza é cega
    e a lei fica mercada
    a indefensión roe a alma.
    Entón, só nos queda
    a loita,
    a forza dun país que se rebela
    a dignidade dun pobo
    que se levanta!

    Ai, como che doía a terra!
    Ai, como che doía a alma!

    Amigo Xosé,
    vas quedar sempre
    no corazón
    dos nenos,dos mozos,
    da xente humilde
    boa e honrada…..
    Neles está a esperanza
    dunha Galiza libre,
    dunha terra respectada
    sen caciques, sen amos,
    sen especuladores nin bárbaros!

    Xóroche, compañeiro,
    que a túa loita
    continuarase nunha
    e en mil batallas
    e que, un día,
    como ti desexabas
    polas nosas rías,
    montes, campos e praias
    polos nosos devanceiros,
    polos nosos fillos e fillas
    Galiza será liberada!

    Adicado ao noso benquerido compañeiro valente activista e amigo Xosé Reigosa Solleiro.
    Comité de Defensa das Rías Altas.

  3. Ven, ven de présa!
    Nuns intres,
    o tempo parouse.
    Naquel cantil
    deixou de zoar
    o vento,
    unha gaita
    e ata o mar
    choraban….
    soamente ti
    enchías o pensamento.
    Entón, sen sabelo
    baixaron chorando
    as bágoas
    do meu corazón.

    Lembro o teu sorriso
    franco coma as túas palabras,
    esa tenra e cómplice ollada.
    Lembro a túa espontaneidade,
    retranca e tolerancia…
    Mais, especialmente lembro
    a túa devoción á Ría,
    o teu amor ao mar,
    esa incondicional pasión
    pola sagrada Terra-Nai.

    E esa faca maldita
    que te desangraba,
    cada vez máis…
    Quen puidera sanarche
    as feridas!
    As mesmas sufridas
    polas nosas rías,
    montes, ríos e praias!

    Mais ti compañeiro,
    loitaches ate o final
    contra tanta loucura,
    daquelas mentes pensantes
    que non pensan nada.
    Contra tanta desfeita,
    traizón e mafia!

    Mais ti,
    cidadán do mundo,
    sabías que a terra
    é sagrada.
    E, por iso,
    o teu soño
    é o noso soño,
    a túa senda
    non ten retirada.
    E os teus ideais
    están gravados
    no corazón
    das nosas almas.

    Ti, nos enseñaches que,
    cando a xustiza é cega
    e a lei fica mercada
    a indefensión roe a alma.
    Entón, só nos queda
    a loita,
    a forza dun país que se rebela
    a dignidade dun pobo
    que se levanta!

    Ai, como che doía a terra!
    Ai, como che doía a alma!

    Amigo Xosé,
    vas quedar sempre
    no corazón
    dos nenos,dos mozos,
    da xente humilde
    boa e honrada…..
    Neles está a esperanza
    dunha Galiza libre,
    dunha terra respectada
    sen caciques, sen amos,
    sen especuladores nin bárbaros!

    Xóroche, compañeiro,
    que a túa loita
    continuarase nunha
    e en mil batallas
    e que, un día,
    como ti desexabas
    polas nosas rías,
    montes, campos e praias
    polos nosos devanceiros,
    polos nosos fillos e fillas
    Galiza será liberada!

    Adicado ao noso benquerido compañeiro valente activista e amigo Xosé Reigosa Solleiro.
    Comité de Defensa das Rías Altas.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Caderno do García. » Blog Archive » A Xosé Manuel Reigosa Solleiro (Xosé Monteferro) - [...] a Xosé Reigosa – Video Galiza Contrainfo Galiza Non se Vende I Galiza Non se Vende II Envolventes as…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.