Pages Navigation Menu

Francisco Fernández Rei, catedrático da USC, membro da RAG

A nosa paisaxe da terra e do mar e a nosa identidade sociocultural leva anos sendo brutalmente destruída pola desmedida cobiza dunhas poucas persoas que non dubidan á hora de asolagaren vales e terras produtivas nunha Galicia excedentaria en electricidade; á hora de faceren recheos e portos deportivos en esteiros, xunqueiras e praias, co que afectan bancos marisqueiros, postas e lugares tradicionais de socialización da xente do mar; á hora de ergueren piscifactorías que destrúen irreversiblemente paraxes senlleiras (a do Cabo Vilán é unha tristísima mostra); e á hora de instalaren no interior das rías complexos industriais que son potenciais “prestiges” (onte Ence na ría de Marín, antonte os “bidóns” de Finsa na ría da Arousa, hoxe Reganosa na ría de Ferrol, mañá…).
O 6 de maio do 2007 milleiros de galegas e de galegos percorremos as rúas do bosque de pedra de Compostela berrando GALICIA NON SE VENDE. Que ese berro continúe ben alto, desde Ortegal ó Miño e desde o Salnés ó Courel, mentres procuramos unha TERRA VIVA E VIDA DIGNA PARA TOD@S.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.