Galiza é a comunidade con menor porcentaxe de superficie incluída en Rede Natura

Segundo o informe Perfil Ambiental de España 2008 publicado polo Ministerio de Medio Ambiente, Galiza é a comunidade que, porcentualmente, ten menos superficie incluída na Rede Natura. Só un 11,7% do seu territorio, moi por debaixo de comunidades como Canarias (44,8%), Madrid (39,9%) e a Rioxa (33,2&).

A nosa comunidade está lonxe de acadar os índices da media estatal. En 2008 o 27,2% da superficie de España estaba protexida ben mediante a súa declaración como ENP ou a súa inclusión na Rede Natura 2000. É necesario destacar que unha boa parte da superficie declarada como ENP forma parte tamén da superficie da Rede Natura 2000, polo que a superficie total protexida non se obtén da suma de ambas. Tamén é importante recordar que os datos de superficie de Rede Natura 2000 non se corresponden coa suma das superficies de LIC e de ZEPA, xa que igualmente existen solapamientos entre ambos os tipos de superficies que non deben contabilizarse dúas veces.

O informe tamén destaca a situación sobre agricultura, enerxía, acuicultura, etc. Pódese consultar na páxina do Ministerio de Medio Ambiente

7 Comments

  1. ONDE ESTÁ A ESQUERDA ?
    Con este titulo pubricaronme en ” La Voz de Galicia ” , edicion de Carballo , un artigo na data do 30 de outubro do 2008.
    No que segue , limitome a expoñer dous parágrados deste artigo , para comezar a entrar na materia que nos ocupa , para tratar en comentarios posteriores de desenvovela con maior precision

    Dicia en primeiro lugar que ” ….a sociedade galega actual está chea de politicos desioloxizados que desenvolven unha politica de dereitas mentres cren que estan a executar una politica de esquerdas ”

    Precisamente , para tratar de argumentar esta hipótese case inicial , engadia mais adiante
    ” En segundo lugar está o urbanismo , pai da maioria dos desastres socioeconómicos. É unha situacion realmente esperpéntica que os politicos da esquerda nominal estean votando continuamente a favor duns plans de urbanismo que favorecen dun xeito descarado aos propietarios do solo , aos promotores e aos especuladores , e que se esquezan sistemáticamente dos habitantes do territorio ”
    Este é un tema que estou estudando mais polo miudo na actualidade , pero en princiio poderiamos estabelecer unha idea básica . As élites politicas deste pais utilizan os votos dos ciudadanos para volvelos contra esos mesmos ciudadanos , escamoteando dun xeito burdo o mandato constitucional da ” funcion social da propiedade ” para regalarlle a un pequeno grupo de ciudadanos unha facultad de edificacion que nos fai lembrar a idea romana de ” propiedade absoluta ” da terra

  2. REFLEXIONS ( NON ESPECIALIZADAS ) SOBRE O CONCEPTO DE PROPIEDADE
    Que eu non sexa abogado nen Arquitecto , nen especialista en urbanismo de nengun tipo non quere dizer que non poida “reflexionar ” sobre istos temas . Se acerto nas miñas matizacions é un pouco de chiripa , craro

    Para falar do ” concepto de propiedade ” temos que comezar co artigo 33 da Constitucion Española , que está dividido en 3 puntos :

    1- Recoñecese o dereito à propiedade privada e á herdanza
    2- A funcion social deste direitos delimitará o seu contido , de acordo coas Leis
    3- Ninguén poderá ser privado dos seus bens e dereitos senon por causa xustificada , mediante a correspondente indemnizacion e de conformidade co disposto nas leis

    Creo que arrincando deste artigo constitucional e facendo unha alusion aos tres tipos de solo estabelcidos na lexislacion estatal e as das Comunidades Autoanémicas ( anemia cultural e politica ) podemos comezar a facer algunhas reflexions .

    Segundo a lexilacion urbanistica , hai 3 tipos de solo : solo urbano , solo urbanizabel e solo rustico . O único contido inicial do dereito de propiedade é o que ben determinado polo rexime xuridico aplicabel ao solo rustico : dereito dos propietarios a usar , disfrutar e dispoñer da sua propiedade , segundo a sua vocacion agricola , forestal , gandeira ou cinexética .
    Nen que dizer ten que nun pais no que agricultura está completamente arruinada , a gandeiria case arruinada, o valor de cambio do solo rustico é practicamente nulo
    Se vostede vai a un Concello e lle din que nunhas fincas da sua propiedade se poden construir determinado tipo de edificacions , isto ocorre porque a sociedade mediante un acto politico denominado ” Plan X de Urbanismo ” converteulle o seu solo rustico en solo urbano , previo paso polo categoria intermedia de solo urbanizabel . Ao facer isto a sociedade non lle pretende regalar a vostede nengun tipo de plusvalia , senón que arbitra determinados procedimentos para que esas plusvalias revirtan na sua meirande parte na sociedade que as xerou . Por exemplo ten qeu cederlle vostede á colectividade parte da superficie para zonas verdes , para edificacions de tipo social , e por suposto para ruas , beirarruas, parques , etc
    Aqui é precisamente onde comeza o comportamento aberrante e ilegal dos 3 partidos politicos maioritarios de Galiza . Regalanlle a vostede unha capacidade edificatoria , sen pedirlle nada a cambio
    E se non o fan de xeito expreso – e ilegal -fanno por omision – igualmente ilegal – , mirando cara outro lado mentras vostede está construindo unha edificacion ilegal ( por exemplo o caso Massó encaixa perfectamente neste ultimo tipo )
    Ou sexa que ” 3 mosqueteiros ” da politica galega teñen subornada a grande parte da poboacion galega , debido ao excesivo grao de reparto do solo en Galiza . Por iso facer un activismo ecolóxico medianamente coherente en Galiza vai ser bastante dificil , porque xa de entrada vaise atopar coa oposicion de grande parte da poboacion galega , á que os partidos politicos , de un xeito ou doutro lle regalan unhas facultades edificatorias ilegais , no mais puro estilo caciquil
    Este é un dos motivos polos que hai que comezar a teorizar sobre istos temas e desmontar a trama caciquil e o seu discurso asociado

    Para comezar hai que dicir que a min interesame que me dean permiso para edificar en certas fincas que teño cerca da costa , pero coa condicion de que non lle deixen edificar a ninguen mais porque neste ultimo caso estarianme producindo ruidos , quitarianeme as vistas , etc . Como os demais propietarios atopanse na mesma situcion , segundo a miña opinion ,” de facto ” eu atopome nuha situacion coñecida nas ciencias sociais como ” o dilema do prisioneiro “

  3. GALIZA CONVERTIDA NUN SOLAR
    Para que unha determinada parcela adquira a condicion de ” solar ” ten que ter un par de condicions previas :
    1- Estar calificada como ” solo urbano ” en un determinado documento xuridico-politico- administrativo
    2- Dispoñer de todos os servizos urbanisticos esixibeis segundo a lexilacion urbanistica do momento : acceso rodado , encintado de beirarruas , rede de sumidorios , subministracion de enerxia electrica , rede de abastecemento de augas …
    Creo que compre facer esta aclaracion , porque normalmente , na lingua corriente falase de ” solares ” e fincas como se foran termos sinónimos
    Asi que todo o artigo anterior é unha longa exposicion dun proceso que na etapa actual pode resumirse nunha frase : toda Galiza convertida nun solar
    Esa é a razon pola que en Galiza haia menos superficie de zonas verdes por habitante , de que teñamos menos parques , e naturalmente de que a porcentaxe da superficie do territorio galego incluido dentro da Rede Natura sexa moi inferior á que ten lugar no resto das Comunidades Autoanémcias
    E ollo ao piollo porque neste pais a Rede Natura vai ser disminuida ou simplemente bulrada coa complicidade duns pequenos reinos de taifas chamados Concellos . O mesmo que vai ser vulneraba unha das poucas leis do Goberno do bipartito : a da prohibicion de construir a menos de 500 metros da costa

    A loita contra ese modelo urbanistico de ” todo vale ” , coñecido pola tristemente famosa frase de TI VAI TIRANDO , contra a politica aberrantemente expansionista dos nucleos urbanos , ven xustificada xa que logo por varios motivos :
    1- Porque as politicas de desenvolvemento urbano non garantiron a reversion aos ciudanos xeradas polo proceso ubanizador
    2- Porque o modelo expansionista dos nucleos urbanos fracasou economicamente , tal e como era previsibel
    Con relacion a este ultimo aspecto quero engadir dous comentarios , referidos a dous ” cascos urbanos ” que poden servir como paradigmas do mal e bo proceso urbanizador
    a) O caso Carballo . No casco urbano de Carballo de Carballo vivimos actualmente unhas 20.000 persoas , pero se vostede fai un percorrido polas ruas carballesas , a cidade semella que é moito maior , debido a grande cantidade de miles de vivendas que hai valeiras . En Carballo temos casco urbano ata o dia do Xuizo Final e mais adiante . E non me extranaria nada que en futuros desenvolvimentos urbanisticos se ampliara ainda mais , o cal supoñeria unha autentica aberracion economica e urbanistica
    b) O caso Santiago . De feito cando se trata de poñer 3 concellos que fixeron un bo urbanismo nas 3 decadas que levamos de democracia só se poñen 3 casos : Alariz, Oleiros e Santiago
    O caso Santiago pode-se poñer como exemplo do que se deberia ter feito no resto de Galiza . Fronte a un urbanismo expansionista a medida dos propietarios do solo e dos especuladores ,en Santiago optouse por un urbanismo ” conservacionista ” . Rehabilitouse a Cidade Vella , estase a ” humanizar esa aberracion herdada do franquismo que era o Ensanche , etc . Teño que irme dar unha volta por Fontiñas , porque vinna fai moitos anos e iso non permite xulgar a calidade do urbanismo e da calidade de vida urbana . Moitos pequenos detalles de mobiliario urbano , asi como o funcionamento de algun tipo de comercios ( Kioskos , cafeterias , etc ) poden inclinar a balanza nun sendo ou no contrario
    ( Non creo que faga falta engadir que o bo urbanismo de Santiago ten un protagonista , Xerardo Estévez , que desde o comezo da democracia soubo resistir as presions especuldoras , xerando unha dinamica que continua na actualidade . A non moitos kilomentros , na cidade herculina , una alcalde do mesmo partido , Paco Vazquez , estaba empeñado en facer buratos para meter os coches no centro da cidade , metres na UE facian exactamente o contrario : quitar os coches da cidade ao mesmo tempo que se está a apostar ( en Europa ) de forma decidida polo transporte publico tanto a nivel urbano como interurbano
    Nen que dizer ten que o que hai que copiar son os criterios de Santiago ( ¿ mágoa desa aberracion que é a Cidade da Cultura ) e non os de Carballo . E o que son as cousas , é posibel ( non dispoño de datos cuantitativos fiabeis ) que Santiago sexa hoxe un dos poucos Concellos de Galiza , onde si haia que ampliar o caso urbano , precisamente porque o ritmo lento de nova edificacion fan o modelo de Santigao moito mais sustentél que o doutros lugares de Galiza

  4. Se alguén tivo a paciencia de ler os 3 artigos anteriores , gostariame facer unha aclaracion :
    Estes artigos non son artigos que eu tivera escrito anteriormente , senon que me puxen a escribir directamente na paxina web e fun tecendo o discurso sobre a marcha .
    E posibel que alguna argumentacion non sexa todo o coherente que debera , e que noutros foros , rectifique o contido do mesmo . Eu son socio da agrupacion VERDEGAIA, se ben hai que ter en conta que estos artigos escribinos a titulo exclsuivamente personal e non reflicten xa que logo nenguna postura oficial de Verdegaia
    Espero tamén que calquer posíbel lector/ra desculpe as fallas no mecanografiado , xa que nesta paxina web , non se poden editar a posteriori os comentarios ou artigos enviados

  5. Efectivamente, e a Galiza si se vende vos importa un carallo que se fagan aberracións como o da piscifactoría de Touriñán. Onde está a vosa voz protestando contra o plan acuícola de Feij009? Sodes uns merendiñas preocupados polo prezo das vosas leiriñas. Nada máis.

  6. Seguides doid@s os líderes beneguettis, eh?
    Que vos vai durar a perrencha? catro anos ou oito? Que sepas que nós non precisamos o BNG para nada, sodes vós quen nos precisades a nós, e cada volta tendelo máis claro.

    Non nos veñades de salvapatrias, que as palabras se quedan en nada e os vosos feitos falan por vos: Reganosa, Massó… O BNG sempre ao servizo d@s ( caciques) galeg@s.

    Abaixo a piscifactoría de touriñán e toda-las demais.Nin este plano acuícola, nin outro. O rodaballo, metedeo no …

  7. Quero contestar a “UncantoaGalizaghei” e sinto non poder facelo antes pois con tanto traballo, problemas, desfeitas, e “movidas” hai tempadas onde algúns membros da Rede non temos nin tempo de ver a nosa páxina web.
    Que eu saiba, os que se se venden e vendían Galiza, incluidos os seu espazos protexidos e mellores paisaxes, como sucede, entre moitos outros, nos dous Plans Acuícolas presentados polos distintos gobernos da Xunta(por certo, as 3 alegacións que xa se presentaran contra o !º Plan do PPG en maio do 2005 foron asinadas por 3 persoas de 3 entidades ecoloxistas que pertecen á Rede que se creou anos máis tarde) son os políticos, técnicos ou expertos sen conciencia así como administracións implicadas, que serven descaradamente ás multinacionais do sector e que estaban ou están dispostas a prevaricar e violar o marco xurídico ambiental vixente, comezando pola LEI DE COSTAS E AS DIRECTIVAS AMBIENTAIS EUROPEAS. Incluso, o actual presidente da Xunta, Sr. Feijoo, e a Conselleira de Pesca, chegaron a alardear sobre o incumprimento que pensan levar a cabo sobre o que ditamina as 2 sentenzas xudiciais do TSXG contra 2 proxectos que están neses Plans e sobre eles mesmos xa sexa porque non se tiveron en conta os impactos ambientais nin unha avaliación axeitada ou polo procedemento empregado.
    Anuncian que van destruir a nosa costa virxe e protexida(o Cabo Touriñán é un dos 10 espazos protexidos afectados, ademais de distintas praias ou costa virxe,dominio público, zonas de importante valor paisaxístico, cultural etc) mesmo a expropiar, se fai falla, o que demostra que non teñen o máis mínimo respecto á xustiza e ao estado de dereito, clave dun estado democrático.
    Algunhas entidades levamos traballando neste tema dende o ano 2001, cando xa lle advertimos persoalmente ao ex Xefe de Demarcación de Costas, Sr. Babío da necesidade de establecer protocolos de actuación coas consellerías implicadas para prevenir os impactos negativos que terían lugar sobre os ecosistemas costeiros de Galiza a consecuencia das reconversións de emerxencia anunciadas tralas negociacións do Convenio Pesqueiro co reino de Marrocos onde a acuicultura se presentaba como unha das solucións. A resposta, incluso escrita, foi que non tiñan “constancia formal desa previsión de incrementos de desenvolvementos de actividades acuícolas” e que, en todo caso, se respectaría a Lei de Costas, o que nunca sucedeu.
    A nosa entidade,foi a primeira que solicitou a intervención do Seprona cando, por casualidade, comprobou “in situ” a desfeita criminal do inicio das obras nun dos mellores espazos protexidos de todo o Estado e de Europa, o Cabo Vilán, “Sitio Natural de Interese Nacional” dende o ano 1933. Na resposta do Seprona se nos indica que todas as administracións implicadas deran a súa autorización para este proxecto, entre elas,2 consellerías, o concello de Camariñas (onde gobernaba un alcalde socialista)e, o máis sorprendente, a Demarcación de Costas mais que seguirían tramitando esa denuncia.
    Alí, nesa Demarcación, algúns ecoloxistas tivemos unha disputa , lles falamos moi claro e á salida todas as persoas que estaban esperando e mesmo algúns traballadores nos felicitaron….
    Algúns non voltamos mais por alí para falar con ese xefe, porque non cumpriu a súa palabra.
    As obras non se pararon, ningunha fiscalía ou xuíz interviu, só a Fiscalía de Medio Ambiente de Madrid, onde recurrimos 4 entidades galegas para denunciar 150 casos moi graves, sendo o precedente do Cabo Vilán un dos prioritarios deunos toda a razón e se comprometeu a intervir esixindo responsabilidades ao Director Xeral de Costas, xa que este departamente tiña a tutela e polícía do dominio público e das servidumbres de protección mais despois de ano e medio, arquivou todas as denuncias porque “faltaban unhas precisións”e non nos prestamos ao xogo que nos propuxo.
    Ningún político ou partido daquela defendeu o Cabo Vilán nin a previsible destrución do Cabo Touriñán que sería o seguinte da lista. Ata a propia Comisión de Medio Ambiente Europea que tiña oa obrigación de defender a Rede Natura e esixir o cumprimento das directivas ambientais como nos recoñeceu nun escrito, pasaron do tema e, aínda por riba, deron millóns de euros para a súa destrución. Incluso, foi un dos temas que máis denunciamos ante diversas instancias europeas e mesmo o ecoloxismo galego e algunhas entidades internacionais nos reunimos co Banco Europeo de Inversións e un representante de Política Rexional (valenciano)na Coruña para denunciar este asunto tamén e se lles deu un dossier con probas e fotos daquela barbaridade advertíndolles de que só sería o principio dunha destrución moito maior que tería lugar ao longo de toda a costa galega, da especulación salvaxe e corrupción que había en odo este asunto.
    Mais adiante,algunhas entidades que estamos na Rede antes da súa constitución, ademais de Adega, comezamos a axudar aos veciños/as e a distintas plataformas e seguiamos alegando aos proxectos de Costa Galloufa, xunto ao Castro de Baroña (que finalmente se descartou xa que interviu Patrimonio do Estado ante as distintas denuncias presentadas) ao de Quilmas, solicitamos a intervención de todo o ecoloxismo galego e dos grupos internaxcionais,organizamos ou participamos cos afectados en distintas actividades, protestas, roteiros, manigestacións locais, charlas, alegación diversas ao 2ª Plan etc.e logo, dende que se fundou a Rede GNSV , ésta apoiou decididamente esta loita, estiveran esas plataformas ou non nela sendo un dos principais motivos das distintas movilizacións nacionais da mesma e sempre presionou, seguiu traballando e esixindo ás distintas administracións, institucións etc.o rexeitamento dese Plan.
    En febreiro do 2007, o Ministerio de Medio Ambiente advirte que esas macroempresas deben estar fóra da franxa dos 500 m. como lles solicitamos para ao día seguinte ceder ás presións da Xunta.
    Ninguén pode acusar a Rede ou as distintas entidades que antes da súa constitución estivemos traballando e loitando neste tema (o que nos trouxo moitos problemas a algúns ecoloxistas ou viciños/as)que non actuamos con ética, porque se loitou sempre dun xeito obxectivo e independente contra todos os gobernos ou administracións que querían levar a cabo esos nefastos Plans que sempre rexeitamos, xa que a verdadeira acuicultura que hai que potenciar son as nosas rías que é ncesario que se rexeneren dun xeito integral co obxectivo de ter unhs ecosistemas limpos e ricos que dean riqueza para todos. Neste senso, lembramos os máis de 26.ooo persoas que traballan nelas fronte aos 195 desas macroempresas que non respectan nada porque hai que lles permite todo.
    Así que quero que sepas que ademais das protestas por e- mail, radio, prensa, a nosa páxina web, entre outras, carta ou prensa que levamos a cabo os ecoloxistas ou plataformas afectadas que están na nosa Rede (os medios publican o que queren) á Xunta ou ao M.M.A. e mesmo ao presidente da Xunta, a Rede non está perdendo o tempo xa que está a preparar unha campaña nacional, Iniciativa Popular para salvar o litoral e os espazos protexidos da nosa terra e se levará a cabo unha grande manifestación nacional no momento adecuado onde este tema segue sendo un dos principais, xa que non estivemos todos loitando tanto para isto,non podemos estar contentos en xeral a pesar de que nos alegramos que se descartaran outra 4 proxectos mais seguimos sen criterios mediambientais, paisaxísticos ou culturais e insertados no “vale todo” e iso é un risco ata para eses 4 lugares se un día hai un cambio de goberno.
    Por outra banda, as únicas leiras que coñecemos dos ecoloxistas ou membros das plataformas que están na Rede GNSV son as que non se dedican a especular, senón a levar a cabo proxectos de agruicultura ou gandería ecolóxica,unha fundación exemplar, manter a paisaxe producindo alimentos ou froitas,salvar espazos naturais, árbores ou bosques, etc.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.