Pages Navigation Menu

Galiza non se Vende en solidariedade cos mariscadores de Ferrol acusados polos feitos do 2007

Campaña de Solidariedade cos mariscadores

Campaña de Solidariedade cos mariscadores, promovida polo

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Os dias 22, 26 e 28 de Marzo 9 mariscadores comparecerán diante do Xulgado do Penal de Ferrol, polo acontecido en maio de 2007, cando o Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) levou a cabo as accións de protesta para impedir a entrada ilegal na Rïa dos primeiros gaseiros, cargados con GNL, rumbo a Reganosa e nas que participaron centos de persoas. O fiscal lles imputa os delitos de resistencia e grave desobediencia á Autoridade, e solicita penas que van desde máis de 3 anos para o expatrón maior a dous ou inferiores para os restantes.

 Lembramos que a planta de gas de Reganosa e unha instalacion ilegal, perigosa, deficitaria e innecesaria que acelera a destrución do ecosistema da Ría. Prevista a súa instalación no Porto Exterior, foi relocalizada no interior da Ría somentes, para facilitar ao grupo Tojeiro unha operación especulativa que lle reportou preto de 5.000 millons das antigas pesetas.

Nun primeiro momento a Fiscalia inmputou a 63 mariscadores, que logo rebaixou a 9, ademais desestimou a autoinculpación das persoas do CCE que participamos na acción. A estratexia da fiscalia pretende diluir a causa real do conflito: a planta de gas de Reganosa e que o xuizo teña a menor repercusión pública.

 A defensa da Ría de Ferrol non só compete aos mariscadores/as. O conxunto da cidadanía témola que defender. E inaceptable a persecución dese colectivo pois é vítima dunha situación cuxos responsables seguen actuando con total impunidade.

 O CCE chama a cidadanía, a todas as orgaizacións patidarias, sindicais, entidades cívicas, ecoloxistas, a expresar a súa solidaridade co colectivo dos mariscadoras/es, na defensa do emprego, da Ría e da súa recuperación, mediante comunicados públicos e actos de apoio e acompañándoos os días 22, 26 e 28 de marzo diante dos Xulgados de Ferrol.

 Asemade solicitamos de todos os colectivos e particulares sensibilizados, a axuda economica para afrontar a defensa xurídica dos mariscadores procesados, que podese facer efectiva a través da seguinte conta bancaria no Banco de Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros, en concepto de “axuda defensa xurídica a mariscadores”, C.C.C.: .0049 3315 77 2894017995

Engádese Folleto do CCE en apoio aos Mariscadores

No Comments

Trackbacks/Pingbacks

  1. DECLARACIÓN DE SOLIDARIEDADE COS OITO MARISCADORES PROCESADOS POR DEFENDER A RÍA DE FERROL | A RIA NON S€ VENDE - [...] A Ría Non Se Vende súmase á declaración de solidariedade de Galiza Non Se Vende [...]
  2. MundoGaliza – Solidariedade cos mariscadores procesados por defender a Ría de Ferrol - [...] Ría Non Se Vende súmase á declaración de solidariedade de Galiza Non Se Vende cos mariscadores procesados por defender…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.