Galiza non vale nada? – Chamado á manifestación nacional contra a minaría salvaxe o vindeiro domingo en Compostela
Cando o goberno galego entrega a nosa costa a capital extranxeiro para convertila en fábricas acuícolas, portos deportivos e urbanizacións, será porque entende que nosa costa non vale nada.
Cando o goberno galego non actúa contra a contaminación nas rías ata que as galegas e galegos, denuncia tras denuncia, chegan a Bruselas, será porque cre que as rías non valen nada.
Cando o goberno galego utiliza os nosos montes para plantar aeroxeradores e transformar a riqueza de todas e todos en capital privado, será porque pensa que os nosos montes non valen nada.
Cando o goberno galego divide o país en cuadrículas mineiras, e axionllado ofrece en bandeixa de prata a terra ao capital extranxeiro para que faga abuso dela, será porque entende que Galiza e as galegas e galegos que vivimos no país, non valemos nada.
Si pensas que Galiza ten valor, si pensas que as galegas e galegos que constituimos o país valemos algo, si pensas que a costa, as rías e os montes teñen valor, si pensas que non podemos entregar a terra sin loitar por ela:
Acude o próximo domingo 2 de xuño á Manifestación Nacional contra a Minaría Salvaxe que sairá da Alameda de Santiago de Compostela as 12:00 h.
GALIZA NON SE VENDE !!!
Firma a petición en change.org
Comentarios recentes