GNSV esixe a destitución dos responsables políticos da degradación do territorio

Xa van tres anos dende as últimas eleccións para o Parlamento Galego. O troco político que se produciu en Galiza pareceu, naquel momento, esperanzador. Pero ó transcorrer do tempo, os feitos, as promesas incumpridas, as políticas realmente desenvolvidas polo novo Goberno mostraron, e mostran, que tal cambio non existe, que nunca existiu. Só hai novas persoas repetindo as mesmas políticas de sempre. Cunha diferenza: un sistema económico irracional, depredador e globalizado exerce sobre o noso territorio e sobre a nosa cultura identitaria unha presión máis forte que nunca.
E a nova administración, en vez de asumir as súas responsabilidades co País, móstrase feble e servil cos grandes grupos de poder económico e político. E mostra o mesmo desprezo pola democracia participativa que as administracións anteriores. E a mesma incultura e falta de ética territorial, social e ambiental. E no fondo, o mesmo ideario.

O resultado é unha degradación nunca antes coñecida, pola súa magnitude e pola súa rapidez, do medio ambiente e da paisaxe, dos conxuntos urbanos e rurais, do patrimonio histórico e da paisaxe cultural. Un proceso que destrúe, cun ritmo aínda superior aos das etapas anteriores, o territorio, os ecosistemas e a biodiversidade, a paisaxe identitaria, a nosa memoria cultural e a das xeracións vindeiras. Un proceso que destrúe, en suma, a identidade mesma do País.

Os plans e estratexias que se están a deseñar lévanos cara a unha Galiza fortemente urbanizada e co rural abandonado, eucaliptizada, furada por canteiras e infraestruturas e coa costa inzada de portos deportivos, urbanizacións e instalacións de piscicultura que nada ten que ver coa Galiza que coñecemos, e que desexamos que perviva, racionalmente actualizada e mellorada, evidentemente, non somos escravos do pasado.
Dende Galiza Non Se Vende non queremos facer acusacións vagas. Non son o sistema, unha administración nin un partido os culpables: son persoas concretas que están a traizoar as promesas que fixeron, que están a utilizar o seu posto nas administracións para favorecer intereses privados, concretos, específicos, en contra do interese xeral, incumprindo a lei e transgredindo os seus regulamentos.
A compra de vontades, a retribución aos medios de comunicación afíns ao poder e a ineficiencia ou permisividade da xustiza han de ter un límite. E o pobo, a cidadanía, asume a responsabilidade de dicir: xa está ben, non enganades a ninguén, solicitamos a vosa destitución e a depuración das vosas responsabilidades polos actos cometidos.

Dirixímonos aos órganos da que debera ser lexítima representación popular, aos plenos dos concellos, ao pleno do Parlamento de Galicia, ao pleno das Cortes Generales e ao pleno do Consejo del Poder Judicial.
Solicitamos a destitución dunha serie de cargos que consideramos responsables das negativas políticas que mencionamos. Son persoas concretas, están a incumprir os cometidos para os que foron nomeados e podémolo demostrar. Como cidadáns que somos reclamamos unha xusta resposta a nosa petición dende os órganos de representación popular.

11 Comments

  1. “Non son o sistema, unha administración nin un partido os culpables: son persoas concretas que están a traizoar as promesas que fixeron”
    Discrepo desta opinión de GNSV. O problema da degradación de Galiza non é debido ás persoas que ostentan cargos públicos. Eles non son máis que simples apéndices (con gusto) dos seus partidos que á súa vez son apéndices das grandes corporacións económicas do país. É a Banca, os promotores, Fenosa, Ortega, Tojeiro, etc. os que dirixen e planifican a política galega en materia de urbanismo, enerxía, minería…
    É fundamental ter esta visión real do problema para saber onde dirixir as críticas. Podemos “dimitir” a Pachi Vázquez, pero outro vasallo seguirá co seu labor.

  2. Pensar que son unhas malas persoas a causa dos males do país é dunha inxenuidade interesada. As políticas as ofertan as formacións políticas logo as aupan, apoian e matizan segundo os seus intereses os capitais. É sonado o anuncio, antes das eleccións do 2004, por parte de Botin de que Zapatero ía ser o próximo presidente do goberno de españa.

    O proxecto de país do BNG e PSOE non pode contradecir as directrices que marcan os Gadisa, Inditex, Caixa Galicia, Caixa Nova e cia, (tampouco temos por que personalizar o capital) por que senon non poderían gobernar. Sen apoios económicos nas súas campañas non hai maiorías no parlamento. Así é o sistema político establecido na transición. E eles, cando governan, devolven os favores aos seus donos.
    Para o BNG defender os intereses de galiza xa non é defender os intereses dos seus cidadáns, senon os das empresas “galegas”, como se en galiza, como en todas partes, non houbera máis que galegos. Pero resulta que hai traballadores galegos, pequenos empresarios galegos, parados galegos, explotados galegos, financieiros galegos… Para o BNG Pescanova é o mesmo que a cofradía do Grove, cando teñen intereses contrapostos. Eso sí, se hai que escoller, escollemos Pescanova, que son menos “conflictivos” e teñen máis pasta.
    Quintana, a primeira aparición pública como vice nunha visita institucional foi co presidente de Inditex, que aínda que é galego, é o maior explotador que coñeceu esta terra nosa. Que lle pregunten ás mulleres rurais do contorno de Coruña, Arteixo e Carballo.
    Pero falamos de medioambiente. A accion sobre o medioambiente é unha consecuencia da dirección da economía.

    Debemos paralizar a construcción do litoral, agás as accións que sexan necesarias para o correcto tratamento dos residuos que producimos.

    Debemos poñerlle obxectivos concretos a Galiza Non se Vende, por que imos lentos e non gañamos nin unha. Tan só lexitimación social. Un obxectivo podería ser introducir unha moratoria na edificación de novas urbanizacións, cousa que a nivel estatal só conseguiron os veciños de illas como Lanzarote, Menorca e Fuerteventura. En Ibiza perderon esa loita.
    Outro cuestionar o modelo enerxético e reclamar un pacto ambiental segundo o que por cada megawatio eólico que se instale se reduza un megawatio das centrais térmicas. Non temos por que ser a república bananeira da enerxía, con todos os custes medioambientais e da saude das persoas.
    A planta de gas nin dentro nin fora, é producto dun modelo insostible, e non é necesaria.
    Reclamar que as concesións mineiras se fagan co consenso dos veciños afectados e non nos despachos.
    Defender a pesca de baixura sostible e o marisqueo da ría como fonte de riqueza para tódolos galegos e as galegas.
    Moratoria tamén nos Plans de solo empresarial, que na meirande parte dos casos producen solares e naves para alugar e non postos de traballo e economía de verdade, e supoñen uns investimentos públicos elevadísimos para nada.

    Son todas cousas razonables, mensurables, obxectibables. Sobran argumentos para defendelas. ¿Qué facemos logo?. Non basta con manifestarse sen máis. Por que pasou o día e pasou a romería. Os que nos gobernar, por que xuntemos a 20.000 perosas na Quintana non van cambiar ao día seguinte a súa política. Temos que facerlles aprobar instrumentos de control democrático sobre o medio-ambiente.

    e xa paro. aínda que podería seguir

  3. Es interesante lo que dice Alma y Miguel, y tiene su fundamento.
    Obviamente la economía es la base de la política y, si ésta es de mercado y neolibe-
    ral, como la gallega, las políticas de izquierdas no existen,y, cada vez menos, las sociales.
    La ley del mercado libre es la única teoría “santificada” y aceptada por todos los grupos políticos y, por eso , en el fondo( y no tan en el fondo )son todos iguales, como dice tanta gente, donde el nuevo dios es el dinero y la Ley imperante es la ley del dios dinero, el método “el todo vale”, la acción , el saqueo permanente y destrución del territorio (incluía la costa, patrimonio cultural y espacios protegidos), la filosofía, “haz negocio e enriquécete a cuenta de lo que haga falta”y los efectos colaterales; destrucción, corrupción, mafias de todo tipo e impunidad.
    En este sistema falla el que debiera ser el motor de acción: la ética; su objetivo: el bien común, la defensa de los intereses generales y la participación de todos y todas en la mejora y profundización de la democracia y de las decisiones que atañen a la ciudadanía.
    No podemos pedir la dimisión de ese sector poderoso económico y su base ” natural”
    mundial,porque no valdría para nada pero podemos luchar de forma inteligente.
    Ellos están defendiendo y presionando para obtener el máximo beneficio y nadie los controla o les pone un límite, o, peor aún, se someten a sus decisiones y avaricia cada vez más, sin importarles las gravísimas consecuencias tato para muchos millones de personas como para el propio planeta.
    Por ello, veo lógico que esta Red solicite la destitución de sus puestos de todos aquellos ( presidente y vicepresidente del gobierno de la Xunta, presidente del gobierno central, conselleiros , ministros y otros funcionarios implicados,Fiscal General del Estado, presidente del TSXG, entre otros, Defensor y Valedor del Pueblo,
    numerosos alcaldes y concejales….)que, a difencia de los anteriores no están ahí para servirlos o servise ellos mismos, sino para servir al pueblo y, cuando no lo hacen, demuestran una clara perversión democrática, traicionan a la ciudadanía, y a los que le votaron, haciendo lo contrario de lo que prometieron es lógico que se pida y se exija a los Plenos diversos su destitución porque sólo cuando se vayan podrá haber esperanza de que otros “recojan el mensaje” y la ciudadanía imponga poco a poco su fuerza y poder, con soluciones nuevas, participativas y creativas, DONDE LAS GRANDES MOVILIZACIONES, LAS NUEVAS EXPERIENCIAS Y EL CASTIGO A TODOS LOS POLÍTICOS CORRUPTOS, VENGAN DE DONDE VENGAN. NOS ABRIRÁ UN DÍA LA PUERTA A UN NUEVO Y SOÑADO CAMINO.
    LOS PARTIDOS, TAL Y COMO LOS CONOCEMOS HOY HAN DEMOSTRADO SU INEFICACIA Y TIENEN LOS DÍAS CONTADOS.

  4. Convite a visitar o velho forte que POrtugal vendeu em 1903
    Atenciosamente
    http://www.fortesaojose.com

  5. este último texto é dun peligroso filofascismo. O rexeitamento dos partidos, o desprezo dos políticos -referirase a tal Renata aos responsables públicos, gobernantes, etc?, porque políticos somos todos- é o primeiro paso, como xa nos ten ensinado a historia, cara a un sistema monolítico e antidemocrático. Hai políticas erradas, modelos económicos inxustos, políticos venales, pero todo ido non serve para desprezar a política nen os partidos. As libertades das que gozamos, poucas ou mal repartidas, son froito da loita de partidos e sindicatos. E éstes non son outra cousa que a expresión, imperfecta ás veces, da chamada vontade cidadá. O outro é a tiranía dos iluminados polas verdades eternas.

  6. eu non estou en contra dos partidos políticos.

    Estou en contra dos préstamos que lles dá a grande banca, en contra do seu financiamento con carots públicos, en contra do actual sistema electoral, en contra das listas pechadas… intentástedes algunha vez montar un partido político. ¿por qué é dez veces máis complicado montar un partido que facr unha SA?

    Non estou en contra dos sindicatos. Estou en contra de que se financien co carto público, de que non lle den voz as voces críticas, de que repitan o discurso da patronal, de que lle digan aos transportistas que hai que avisar aos sindicatos antes de poñerse en folga, de que lles digan que tiñan que falar antes con zapatero ¿a quén sirven os actuais sindicatos?

    estou en conta de como se pactou o sistema político actual, entre prefranquistas e posfranquistas. A transacion democrática, o cámbio de lexislacion sen cambio de réxime e da monarquía por que sí.

    e non entendo de onde ven este réxime, porque cando se pactou tiña 8 anos.

    Agora sí. Que os amigos da memoria histórica segan a falar dp que aconteceu ata o ano 45. Se cadra despois non hai nada que rememorar, se cadra despois non houbo ningunha historia inventada polo poder.

    Fidel, non defendas este sistema de partidos, atácao dende a democracia

  7. non defendo o actual sistema de partidos, para empezar nin milito nin ocupo cargo algún. Pero temo esas reaccións maximalistas como a expresada no comentario anterior.

  8. eu xa sei que hai unha corrente que defende o voto en branco como único acto (individualista evidentemente, un luxo de actitude) de rebeldía democrática, e tamén que hai organizacións que queren socavar a pouca democracia que temos con críticas xustas pero que buscan xusto o contrario do que din defender: que non haxa nin pouca nin moita. Ou outros que se sentan a agardar unha sociedade perfecta (imposible) e mentres se situan ao marxe do sistema, porque se poden permitir esa actitude.
    Tes razón que as liberdades das que disfrutamos son froito das loitas dos partidos e dos sindicatos, é unha verdade como un templo. Pero eran outros partidos e sindicatos. Refundáronse case todos con novos obxectivos, sobre novas bases, para facer outra cousa. De ahí o meu rexeitamento ao sistema político que permite esto. Pero non para que desapareza, senon para que cambie radicalmente cara un sistema máis democrático.

  9. Fidel anda mais perdido que o de cuba. Que non neno, que alguns son politicos, e outros son revolucionarios;uns viven a conta do povo, e outros son o povo que se resiste a ser aniquilado.O rexeitamento a critica aos partidos e bastante comprensible no caso de miguel porque se vive moi ben rascando os… no concello de Ferrol.
    Cando un tonto colle un camiño, e o camiño remata, o tonto sigue, mais nos ultimos tempos hai moita xente na galiza que esta a darse conta que o camiño que leva cara o norte, non e o camiño dos partidos politicos. A clase traballadora dotouse de sindicatos e partidos na busqueda da sua emancipacion, ao comprobar que non son eficaces esta buscando novas(ou vellas) formas de organizarse na busqueda dos seus obxetivos lexitimos.

    Benvida Galiza non se vende!
    Ata nunca politicuchos!

    Adios mi corazoooon,
    y que te den, que te den por ahiiiii,
    que no me supiste daaaaaaaaar,
    ni un poquito lo que te di a tiiiiii.

  10. a maximalista o invito a ser concelleiro en ferrol unha semaniña. Igual lle caen os collóns ao chan antes de tres días. E non de rascalos precisamente. A ver que propós, maxi. Unha especie de hippismo do século XXI. valerache para tí que terás a vida resolta. Pero ao resto do mundo non lle vale. Non lle resolve nada. Se tes unha alternativa ao sistema de partidos, a traballala. Se a alternativa é a túa postura individual, de que todo é unha merda, pois eso vale para tí, pero tamén lle a banca e aos especuladores.

    Pero a ninguén máis lle vale.

  11. Bueno… fala por ti, machote. Que non nos vale con máis do mesmo.

    A min paréceme imprescindible que a xente que está a sufrir esta violencia procure na unión e na libre asociación o que as estruturas partidarias establecidas non lle están a ofrecer.

    É máis, esas estruturas (os partidos) coa súa burocracia e os seus carguiños son os desintegradores de calquera vontade de cambio social. E estaremos dacordo que existe unha necesidade apremiante de cambios a todos os niveis na orden económica e social para deter a maquinaria de destrucción da Terra. Esa maquinaria non é natural nin é eterna e obedece aos intereses de persoas concretas a quen lles temos que pedir responsabilidades políticas e morais mais tamén penais.

    A xente non pode tolerar máis a impunidade das actuacións criminais contra o territorio, actuacións que defenden e impulsan os partidos políticos.

    Se sinto a necesidade de organizarme hoxe para loitar polos verdadeiros intereses da miña terra (desde calquera punto de vista) non me afilio a un partido. Todo o mundo sabe en que consiten ese tipo de militancias…

    Non hai que temer por estar na vangarda senón por ter as maos lixadas de piche ou de GNL.

    Goberne quen goberne… GNSV

Deixa una resposta a Alma Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.