GNSV interpela ao Delegado do Goberno en Galiza, D. Antón louro
Ante os gravisimos feitos que tiveron lugar, unha vez máis en Cangas, o pasado día 20 e superaron todos os límites por canto a Garda Civil levou a cabo unha inxustificada e brutal carga contra os veciños/as, entre eles numerosos ecoloxistas pertencentes á rede Galiza Non Se Vende, detiveron a 16 persoas (6 quedaron detidos ata o día seguinte) incluída unha concelleira, con tres feridos (un compañeiro de Luita Verde convalecente dunha fratura de perna que tivo que ser hospitalizado nunha clínica, unha rapaza que se servía de muletas para andar , e un compañeiro do Foro Social de Cangas) que estaban protestando pacificamente contra as obras ilegais do porto deportivo de Massó e que é a punta de icebergue da macrourbanización ao estilo do Mediterráneo que se pretende construír en Cangas, o que supón un precedente terrible para a costa galega, e tras non recibir contestación algunha do escrito entregado nesa Delegación o día 2 de xuño tras os graves sucesos ocorridos o día anterior no cal solicitabamos unha xuntanza o antes posible con vostede,
Solicitamos:
Unha vez máis esa xuntanza para tratar os asuntos indicados así como o denunciado neste escrito
Que nos responda por escrito ás seguintes preguntas:
1.- Aínda que o subdelegado do goberno en Pontevedra, Sr. delfín Álvarez, é o responsable desta nefasta actuación, qun deu realmente a orde desa carga e detención? Partcipou vostede nesa decisión? Participou nela o Presidente da Xunta? Por que entón a consentíu?
2.- É consciente que con estas accións,mesmo os casos dos catro compañeiros acusados de atentado, estase a violar flagrantemente dereitos humanos fundamentais e constitucionais? En que normativa se basean esas intervencións que non son propias dun estado democrático?
3.- Por que a Garda Civil ampara e protexe aos que levan a cabo obras ilegais como esta, permítenas e detén aos ecoloxistas e veciños/as que defenden dun xeito pacífico o patrimonio natural e a legalidade vixente, algo que non fan as administracións e a Xustiza? É esa unha das funcións da Garda Civil? En que lei se ampara?
4.- Por que non se fixo unha investigación independente de todo o acontecido e non se depuran responsabilidadesentre os verdadeiros culpables deste problema?
5.- Leu o informe Auken aprobado polo Parlamento Europeo onde se denuncia a brutal e masiva destrución do litoral e do territorio español, a implicación de todas as administracións e a corrupción endémica en todo o Estado?
6.- Sabe vostede que se descubriron 1242 ámbitos -áreas de solo- clasificados como urbanizables, urbanos non consolidados e rústicos aptos para urbanizar, 897 deles dentro da franxa dos 500 metros de protección do litoral (106 áreas en contacto coa ribeira do mar, 180 nos 100 m. de servidume de protección de dominio público, 324 entre 100 e 200 metros, e 287 entre os 200 e 500 metros desa franxa) que querían urbanizar os concellos obviando toda a normativa ambiental e destruíndo a costa virxe e o mellor do noso litoral, tale como aparece nun informe da Xunta de Galiza?
7.- Sabe vostede que o día 12 de xuño a Fiscalía alertou da destrución do patrimonio histórico galego e declarou que o noso patrimonio cultural estaba en serio perigo?
Comentarios recentes