GREENPEACE convídavos a presentación da súa campaña Fotodenuncia
Convencidos de que a presión pública é un dos mecanismos máis efectivos para producir os cambios necesarios para a mellor protección do noso planeta, desenvolvemos unha nova ferramenta para a participación cidadá na defensa do medio ambiente. Estades todos convidados a descubrila e a facer uso dela:
Canteiras no Courel
a dependencia desta organización internacional de criterios e estratexias dictadas desde fóra, lonxe de intereses inmediatos da Rede, supoñen un atranco para os traballos dentro da Rede. Ao marxe de ter que depender dos “dictados de Madrid” -que é asunto interno, a última manifestación de non contou cun mínimo respaldo mediático e propagandístico por parte de Greenpeace. Agora sí, para isto de colaborar en campañas internacionais ou de contribuir financieramente ás mesmas, sempre contan con nós.
O importante dos criterios e estratexias é que sexan compatibles coa rede GNSV. Que veñan de fóra ou de “dentro”, dame igual. Xa teño superado o arcaico nacionalismo incapaz de opoñerse a certas empresas depredadoras de capital galego. Polo que se vé, os plantexamentos da rede GNSV van na dirección acertada ao incidir no nefasto efecto do capital, veñe de onde veña. Acaso Pescanova é unha empresa respectuosa co noso litoral? E que dicir de Reganosa?
o meu comentario non tiña nada que ver coa teima nacionalista. Referíame ao feito de que a loable labor de Greenpeace -como a doutras organizacións internacionais- ten ás veces obxectivos, estratexias,distintos aos nosos, que os seus frontes de loita non son sempre coincidentes cos que podemos ter aquí. É decir, a defensa das baleas, a loita contra a degradación do Mediterráneo, do bosque tropical etc, etc,.. non son aquí, en Galicia, a nosa prioridade. Se fora así non teriamos más que unirnos a outras organizacións que están xurdindo no estado español, ou en Europa, que recollen preocupacións similares, pero que teñen problemáticas distintas ás nosas.