I Marcha en bici Moaña – Cangas
O próximo domingo 6 de novembro terá lugar esta marcha, entre Moaña e Cangas, atravesando a parroquia de Tirán polo chamado “Camiño Real”. Un camiño tradicional con vocación peatonal ou ciclista. O obxectivo e poñelo en valor evitando novas desfeitas como a transformación do mesmo en estrada.
Será o próximo domingo, 6 de novembro, ás 11.30 horas.
Trátase dun acto para reivindicar un mellor uso dos nosos camiños tradicionais, en este caso, como vía de comunicación e senda de lecer entre os concellos de Cangas e Moaña.
O percorrido atravesa un auténtico parque insertado no territorio. Un parque cheo de paisaxe ao interno do cal, discurre esta fermosa vía tradicional coñecida como “Camiño Real”.
Moitas veces, utilizar as infraestructuras que xa temos axeitadamente, evita novas e dispendiosas obras. Este é o caso deste camiño que discurre por Tirán, unha xoia que perviviu ata hoxe como parte da nosa paisaxe cultural e que diferentes proxectos pretenden desvirtuar. A intención é a darlle vida.
Esta convocatoria forma parte dun proceso de participación cos veciños no que se pretende pór motivos para mellorar as cousas sen destruílas. Cunha filosofía semellante á “Proposta de mobilidade para O Morrazo” inténtase crear debate sobre o xeito de intervir no noso territorio inmediato. Bótalle un ollo a esta proposta en:
https://sites.google.com/site/mobilidadeparatodos/
Esta marcha está indicada para calquera persoa, xa que a distancia será de 5.500 metros (que separan as estacións marítimas de Moaña e Cangas).
Queremos amosar unha ruta segura e amable para ir de Cangas a Moaña sen necesidade de usar o coche e sen correr riscos circulando por estradas sen espacios específicos para a bicicleta.
Poderemos experimentar o pracer de chegarmos en menos tempo (se contamos o tempo de estacionamento); ademáis iremos máis seguros, aforrando con cada pedalada e mellorando a nosa saúde e sociabilidade.
Quen vai faltar?
P.D. Dende Vigo: para asistir dende Vigo, débese coller o barco con destino a Moaña (sae da estación marítima da Laxe ás 11.30). O prezo do billete é de 4€ para o billete de ida e volta, ou 2,15 o de ida.
Para voltar a Vigo, poderase facer dende Cangas, ou voltando con nós polo mesmo camiño ata Moaña.
Dende Cangas teremos barco cada media hora (pero a compañía que opera por Cangas cobra o billete de bicicleta)
mentras que si optamos por voltar por Moaña teriamos que agardar ata as 16:00 horas.
Asiste para axudarnos a solucionar este tipo de problemas!
No Comments
Trackbacks/Pingbacks