II XORNADAS DE AGROECOLOXÍA
Do 26 de febreiro de 2008 ate o 14 de marzo de 2008, Ourense. Consulta o Programa
Amarante, A Esmorga, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia decidimos apostar de novo pola difusión da agroecoloxía como forma de vida alternativa aos círculos comerciais actuais tanto para consumidoras como para produtoras organizando as II Xornadas de Agroecoloxía en Ourense. O obxectivo é achegar un pouco máis á cidadanía as propostas existentes ou ás que están en proceso de constitución dentro do campo agroecolóxico. Para iso propomos 15 días de mesas redondas, charlas, video-fórums e actividades formativas e musicais que nos sirvan para nos aproximar máis ao mundo da agricultura e a pecuaria ecolóxica.
Queremos resaltar da agroecoloxía o seu potencial transformador a respecto da sociedade onde vivimos, xa que implica actuarmos de forma activa contra os modelos de produción capitalistas, mudarmos as relacións meramente comerciais por outras que implican tamén a confianza entre produtora e consumidora, boicotearmnos de feito as grandes superficies comerciais para poterciarmos as pequenas vendedoras locais, criarmos redes de consumo e distribución alternativas ás empresas distribuidoras (puramente lucrativas como intermediarias do proceso de intercambio).
Propomos, polo tanto, unha serie de palestras, mesas redondas, video-fórums e actividades formativas e musicais para nosa chegar máis a este mundo e facernos máis partícipes del.
Comentarios recentes