IMPIDAMOS A ENTRADA DE BASTIDA NO CÁRCERE!
Tod@s paramos o Galicia Spirit!
IMPIDAMOS A ENTRADA DE BASTIDA NO CÁRCERE!
En Maio de 2007 a imaxe dun gaseiro bloqueado na entrada da Ría de Ferrol foi portada de todos os medios de comunicación. A acción convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, na que participamos centos de cidadáns e cidadás, incluidos os mariscadores, impedíu a entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado con GNL na Ría de Ferrol. Rachábanse os muros de silencio sobre a barbaridade dunha planta de gas reubicada dentro da Ria.
A resultas daquela acción, Bernardo Bastida, enton patrón maior da Confraría de Ferrol foi condenado a 13 meses de prisión polos delitos de desobediencia grave e coaccións, ou ao pago de 2.700 € para eludir a cadea.
A condena de Bastida reflicte a situación dun país onde os corruptos pasean con total impunidade e aqueles que defenden a legalidade, a vida e a Ría son condenados.
A planta de gas de Reganosa é un exemplo de corrupción político- financieira, e todas as persoas de ben, estivemos con Bastida fechando a Ria aquel mes de maio do 2007.
O CCE chama a toda a cidadanía a colaborar contribuindo cunha axuda económica para impedir que Bernardo Bastida entre na cadea.
Conta Corrente no Banco Santander,
titular: Luz Marina Torrente e outros
IBAN: ES71 0049 3315 77 2894017995
Concepto: Axuda Bernardo Bastida
Comentarios recentes