Pages Navigation Menu

Importante manifestación en Ferrol contra a planta de gas

Convocada polo Comité de Emerxencia tivo lugar no Ferrol unha manifestación á que se sumaron máis de corenta asociacións, case todas elas integradas na rede Galiza Non Se Vende. A marcha iniciouse no porto de Curuxeiras e rematou no Concello, onde se atopaban pechados algúns membros do Comité dende principios de semana. Entre os milleiros de persoas destacaba unha representación da Ría Non Se Vende, chegados dende Pontevedra para apoiar as demandas do Comité de Emerxencia. Tamén podíase ver unha pancarta de veciños de Coruxo contra a macrodepuradora desta localidade.

O Comité manifestou a súa alegría pola decisión da Comisión Europea de admitir a trámite unha denuncia de EU na que se custiona a legalidade da planta de gas que Reganosa instalou na ría de Ferrol. Tamén se anunciou un novo fallo do TSXG que dá a razón aos veciños ao considerar que a decisión do Concello de Mugardos de conceder permiso para a ubicacion da plllanta debería contar cun informe de impacto ambiental que non foi presentado pola empresa.
O colectivo apuntou que, “tras oito anos de loita”, na actualidade existen “novas ameazas de Reganosa”, entre as que enumerou a “voadura da canle de entrada á ría”, a “ampliación da capacidade de regasificación” ou o “transporte de gas natural licuado en camións cisterna”. Fotografías de Inácio

10 Comments

  1. Xa con anterioridade, @s libertari@s, tiñamos manifestado o noso rexeitamento non só a actúal ubicazón da planta de gas, senón ao módelo económico e enerxético que precisa delas e as promove.
    Este domingo, 8 de xuño, dimos un pasiño máis neste senso: comcordamos con varios grupos e organizazóns, opositoras á planta de gas en calquer ubicazón, para artellar un bloco de máximos que cuestionase reganosa dende unha óptica ecoloxista e anticapitalista.
    Fronte ao lema do Comité Cidadán de Emerxencia, “Planta de gas: Fora da ría”, en alusón ao seu traslado ao porto exterior, nós propoñíamos este outro, inscrito na faixa común do noso bloco, de “Planta de gas, nem dentro nem fora. Por um outro módelo energético”.
    As organizazóns e colectivos que convocaron este bloco foron as que seguen: Nós-UP, Briga, Agrupaçom de Montanha Aguas Limpas”, CNT e Unión Libertaria. A este sumaron-se outros colectivos e organizazóns así como numerosas persoas a título individual.
    O resultado foi que das cerca de 1.200 persoas que participaron na mani, case a metade ou alomenos unha terceira parte, sobre todo xente nova, acompañou ao noso bloco berrando consignas como : “ Planta de gas: nin dentro nin fora”, “ Reganosa demolizón”, “ Nin celulosa nin reganosa”, “ O capitalismo é o terrorismo”, “ BNG, PSOE, PP a mesma merda é” e mailo mánido “ Goberne quen goberne, Galiza non se vende”.
    A realidade que se evidenciou nesta mani é que a pesares da unión, que non unidade, da oposizón a Reganosa, existe neste movimento unha polarizazón entre dous sectores, cada vez máis definidos: Fronte ao personalismo e dirixismo de Fuco Buxán, o noso apelo a unión horizontal e o asemblearismo. Fronte ao seu posibilismo e “pragmatismo” legalista, a claridade do noso discurso que non admite meias tintas.
    Moito vai ter que traballar o Comité para obviar esta realidade. Cada quen recolle o que sementa e nós estamos comezando a obté-los froitos do noso traballo.
    @s libertari@s, por se se dá o caso de que a “vía legalista” resulta finalmente un fracaso por si mesma, continuaremos a traballar nunca estratexía de loita asemblearia e horizontal, que prime a autoxestón e a aczón directa fronte aos intermediarios profisionais que pretenden reconducí-la, porque tumbar reganosa sería un estupendo ejemplo de cómo podemos tumbar o actúal módelo capitalista para construir sobre as súas ruiñas un novo mundo de auténtica xustiza social.

  2. Hai moitas maneiras de loita e todas fan falla, TODAS

  3. Efectivamente !

    Só que hai quen, evitando todo conflicto, agarda que seña a malchamada xustiza a que nos solucione “a papeleta”. Esta “vía legalista” por si mesma, sen presión social, non chegará a ningures.

  4. o programa de máximos moito me temo que nestes momentos non é posible. Cántas das persoas presentes na mani, algo máis dun milleiro, seguiría na loita por outro modelo enerxético unha vez que se aceptara a desmontaxe da planta? Un terzo?, sería moito, quizáis un cuarto. Duascentas cincuenta persoas (polo alto) de toda a comarca (e gran parte de Galicia) en contra da loita legalista e pragmática sobre Reganosa e que non aceptarían outra cousa que un cambio no modelo enerxético? Con esas cifras de opositores ben pode sobrevivir o gran capital.

  5. Non sei, pero mira todas as sentencias. E desolador. Teñan ou non teñan razón, o final pasa sempre o mesmo: pagan e seguen coa actividade. Mirade para ENCE, mirade para todos lados. Vistes algunha vez que se paralizara algo que de cartos?. Eu non. As veces fan o paripé e impiden facer unha minicentral, por poñer un exemplo; pero non perdades cuidado, que si paralizan algo así ou é porque non lle son da corda deles ou sinón porque pretenden facer un encoro de tres pares de … narices.
    Hai que ser civilizados, facer as cousas o mais legales que se poida. Pero as veces ves que non solo non che aportan nada, sinon que che tocan o carallo. Vamos, que se rin de nos. Eu entendo perfectamente a Rubén, mais que perfectamente. Vendo a animalada que vos fixeron nesa preciosa ría e para estar cabreado e mais. Pero nos temos que conseguir o que queremos sendo mais persoas ca eles ¿sabes Rubén? Loitaremos ata o final, e todos conseguiremos o que queremos. Vos que se largue Reganosa, nos que non nos fagan ese parque de merda no que queren convertir o meu querido Ribeiro. Con constancia, firmemente, sin fisuras. Temos razón. E eso non o poden remediar. Eles son uns vendidos, nos somos valientes; eles son uns rastreros, nos somos consecuentes; eles non teñen vergonza, nos veneramos a nosa preciosa terra. Reganosa: demolición, fora da ria, e tamen fora de Galiza. O parque da merda NON O QUEREMOS, nin con estas nin con aquelas condicións. NON O QUEREMOS. Ainda hai algún que di eso tan socorrido de “bueno, si ven asi, así e así, igual podería ser bo” E eu pregunto ¿esta xente é imbécil ou quere facernos imbécil os demais? Non, non e mil veces non. Como lles des unha pequena concesión, ala, todo para o parque da merda. E cando esté feito, despois non hai dios que os boten de alí. Logo o silenzamento. E desolador. Eu empecei a saber da vosa existencia cando viñestes a manifestación de Ribadavia. ¿Reganosa? ¿Reganosa? ¿Que é Reganosa?. Non tiña nin idea. Cando vos vin, cando me informei e, sobre todo, cando vin a película “o salario do silencio”, chorei. Da rabia e da impotencia, chorei. O ver aquel pequeno barco diante do gaseiro. O vervos protestan diante dos antidisturbios, vin que o futuro do Ribeiro, por desgracia, iba ser o mesmo que o voso presente. Rubén, ti xa sabes que contas con todo o meu apoio. Tes toda a razón. Loitaremos e conseguiremos o que tanto queremos: PODER VIVIR NA NOSA TERRA, sin Reganosas, sin parques da merda, sin vendidos que nos traicionan o primer cheque en branco. Síntote moi preto de min. Estamos no mesmo barco, na mesma loita. Venceremos, irmán, venceremos. A constancia e o amor a nosa terra no poden ter outro premio que non sexa a victoria. Vos en Ferrol nos no Ribeiro. Non nos agochamos, non lles temos medo. Nos temos razón. GAÑAREMOS.

  6. Para Fidel:

    1º )O Posibilismo é o único que é auténticamente imposivel. O mal menor e o pior dos males pois no seu nome toleranse cousas intoleraveis.

    2º) Non hai que mirar ás cousas dun xeito unicamente “cuantitativo”, a “cualidade” tamén ten a súa importancia. De que nos serve por exemplo en Ferrol este discurso posibilista/legalista? Pois nos serve para que Juan Fdez. tamén se considere opositor a Reganosa.

    Grazas.

  7. 3º) O gran capital sobrevivirá namentres deixemos que exerza a recuperazón das nosas loitas por meio de intermeiari@s profisionais, dirixistas, posibilistas, legalistas…

    Non hai que desbotar a via xudicial, máis non debemos confiar cegamente na xustiza…

    Pola xustiza social: Reganosa Demolizón; restituzón do espazo ás súas condizóns orixinais a conta d@s culpaveis e Orza; Tojeiro e todol@s demais culpaveis: AO FONDO DA RÍA !

    Grazas Sufranda polo teu apoio e ánimo a todol@s veciñ@s do Ribeiro na vosa loita contra o parque de merda…

  8. Ollo o BNG de Ferrol xa está a comezar a súa campaña de apoio e promoción da ENCE nunha das localidades da comarca de ferrolterra. No Diario de Ferrol de hoxe dez de xuño, o Responsábel Comarcal do BNG, Manuel López Foxo, fixaba nun artigo de opinion a postura do Bloque. Nas súas palabras o debate sobre o traslado de ENCE é desenfocado e esteril. E se deberia agardar caladiños a que a empresa faga a sua proposta. Está seguindo a mesma pauta de comportamento que con REGANOSA: defender o proxecto coma estratexico e acalar as voces internas que, coma a do Bloque de Pontedeume, xa se manifestaron timidamente en contra da ubicación da pasteira nas Pontes. Por que quere o máximo responsabel do bng na comarca que non se fale do tema? Por que descalifica a aqueles que queren abrir o debate e denunciar os intereses puramente economicos que se agochamn detras dos proxectos empresarias, como o de REGANOSA, que agora atopan no BNG os seus maiores defensores. Que digan dunha vez con quen están: ou cos do mercado ou cos da feira. Non se pode estar defendendo a REGANOSA e logo querer representar ao pobo galego…

  9. Aí falaches, Ferruxeiro.

Deixa una resposta a ruben Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.