Pages Navigation Menu

Incendio dun depósito de gas en Toronto

Unha nova que non nos queda lonxe se pensamos na planta de gas que Reganosa instalou na ría de Ferrol e cunha capacidade moi superior á de Toronto. Por causas que aínda se descoñecen tivo lugar unha explosión nuns depósitos de propano instalados nun barrio da cidade de Toronto. Ata o momento sábese que houbo un morto e que forton desaloxados 12500 residentes na área afectada.

Segundo recollen diversas axencias máis de 130 bombeiros contiveron o incendio do depósito de tanques de gas propano, con capacidade de almacenamento de 220 mil litros de gas propano cada un. O comandante de división dos bombeiros, Bob OHallarn, dixo que os “residentes tiveron moita sorte dado o impacto das explosións”, e porque a extinción do lume próximo aos demais tanques de gas afastou o perigo de máis estalidos.
Miles de persoas que viven nun radio de 1600 metros do depósito de Sunrise Propane Industrial Gases, situado na rúa Keele e a avenida Wilson, foron evacuados das súas casas nas primeiras horas deste domingo.
Cando chegamos, dixo OHallarn, o incendio era moi grande e puido ter consecuencias moito máis graves, debido á forte explosión.
Polo momento só se sabe dunha persoa desaparecida e dúas feridas polos vidros e obxectos disparados na explosión, que foi sentida ata uns sete quilómetros de distancia, segundo as autoridades de Toronto.
Pouco logo das explosións de tanques de gas propano as autoridades pecharon treitos na principal autoestrada e nas estacións de metro.
Así mesmo, o Aeroporto Internacional Leaster B. Pearson prohibiu aos pequenos avións utilizar o corredor aéreo que pasa pola zona do incendio.
Outra testemuña, que traballaba nunha fabrica próxima, afirmó que viu “caer tanques de propano do ceo” e varias casas incendiadas.
Moitos dos 12.500 residentes da área afectada pregúntanse por que razón permitiuse construír un depósito de gas propano nunha zona habitada de Toronto.

Richard Hawrelak, enxeñeiro deseñador de plantas de gas por máis de tres décadas e colaborador da Universidade de Western Ontario, dixo que a tendencia actual é sacar esas instalacións de áreas habitadas.
Hawrelak explicou que isto foi acordado tras a enorme explosión dunha planta de propano na Cidade de México, que en 1984 causou a morte de mais de 500 persoas.
Dixo a axéncia Prensa Canadense (PC) que o normal na actualidade é ter maior separación entre esas plantas de propano e as áreas residenciais.
Pero en Canadá, e a diferenza de Estados Unidos ou Europa, non hai regras firmes que establezan as normas para o depósito de sustancias como o propano preto das áreas onde viven os residentes, segundo Hawrelak.
Mentres tanto, unha investigación está en curso sobre a causa das explosións, segundo as autoridades locais. Ver video da explosión

2 Comments

  1. Será casual que os xornais deste país non recolleran esta noticia?

  2. Lidia lo dudas ? fue totalmente casual y que no te extrañe que a partir de no darse cuenta aparezca en ellos mas publicidad institucional de la normal, es lo mas NORMAL y vuelve a ser OTRA CASUALIDAD MAS. ( non me decatei que non estaba na intimidade, pois eu coma os nosos dirixentes politicos falo espanhol) OUTRA CASUALIDADE.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.