Pages Navigation Menu

JULIO, BENVIDO Á TERRA

Da rede GNSV damos as boas-vindas ao companheiro Julio, despois de sofrer 40 dias de privación de liberdade na prisón Soto del Real en Madrid.

Queremos ao mesmo tempo denunciar públicamente a montaxe policial de que foron vítimas Julio e a sua compañeira Silvia ao serenlles aplicada a lei antiterrorista, ao somete-los ao réxime de incomunicación, ao serem trasladados pola forza aos calabozos da Audiencia Nacional en Madrid e ao ingresar o Julio no cárcere.

Dous días despois de ser detida, Silvia foi posta en liberdade sen cargos. Entrarom na súa casa pola forza, separaron-na da súa crianza lactante e levaron-a secuestrada para Madrid sen ningún tipo de xustificación.

Coarenta días tivo que pasar Julio na cadea para sair en liberdade, eso sí, baixo fianza para non ter que admitir que todo foi unha montaxe policial sen ningún tipo de provas.

Condeamos a actuación dos medios de comunicación subvencionados que publicaron a nova das detencións, con notas enviadas directamente de comisaria, sen molestarse en comprovar os feitos, con imaxes de artefactos para criminalizar as persoas detidas e sen ter ningún reparo en difundir os nomes e apelidos, sen concederlles a presunción de inocencia, condenando sen xuízo e incrementando a fantasia policial dos cargos que se lles achacaban. Agora que Julio foi posto en liberdade non lle adican nin unha soa linha nos seus panfletos mentireiros.

NON MÁIS MONTAXES POLICIAIS
NON Á DISPERSIÓN DAS PERSOAS PRESAS
ABOLICIÓN DA LEI ANTITERRORISTA
BASTA DE INTOXICACIÓN MEDIÁTICA

Galiza Non Se Vende

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.