Pages Navigation Menu

Luita Verde critica a situación da RSU do Morrazo

Luita Verde califica de grave a situación da recollida e tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) na comarca do Morrazo (Moaña, Cangas e Bueu) e cun futuro totamente incerto cando menos moi preocupante.
Cun servizo de recollida privatizado dende o ano 2000, e cunha planta comarcal de tratamento adicada exclusivamente a empacar o lixo para posteriormente envialo á planta incineradora de Cerceda (A Coruña), O Morrazo pasou en 10 anos dun prometedor Plan comarcal de RSU baseado na reciclaxe e a compostaxe, exemplar e pioneiro en Galicia, a un plan desvirtuado, ruinoso e totalmente dependente da incineración e de SOGAMA, na actualidade. E dunha xestión municipal de recollida a sucesivos contratos con empresas privadas, primeiramente con Urbaser, a cal rompeu o contrato por impagos, e agora Isolux-Corsan con contratos provisionais.
É de verdadeira caradura, que @s mesm@s que daquela privatizaron o servizo de recollida, desvirtuaron o Plan de RSU e nos meteron en SOGAMA, agora soliciten que non se aumente o prezo das taxas polo lamentable servizo que nos legaron. E tamén é vergoñento que @s mesm@s que daquela defendían o Plan inicial da reciclaxe e a compostaxe comarcal, o BNG e o PSOE (este por engadido dividido nas súas posturas), e da teórica esquerda pretendan agora subirnos as taxas por un servizo pésimo e totalmente deficiente e por un Plan que non presentou apenas melloras dende que están co-gobernando, senón en moitos casos empiorou.
Dende Luita Verde voltamos unha vez a denunciar que o gran problema cos RSU no Morrazo, ó igual que en moitos outros sitios, é o contínuo aumento de residuos, o que fai que a súa recollida e o seu tratamento sexa máis complicado e custoso. A isto hai que engadir que os residuos apenas se seleccionan, e se está a enganar á cidadanía pois por exemplo os residuos orgánicos que en moitos contenedores se pon aparte, ó final se mesturan cos inertes e todo vai xunto para incinerar; por non falar do vidro e os cartóns, que moitas das veces van parar ó mesmo camión xenérico da recollida. Os contenedores están en moitos lugares mal ubicados, solen estar a rebosar e mesmo rotos do mal uso que se lle da e por falla de mantemento, lavado e/ou substitución, xa non digamos nas zonas máis afastadas dos núcleos urbanos.
A planta comarcal de tratamento de Castiñeiras sigue mantendo inoperativa a planta de compostaxe que se fixo para este fin con cargo a subvencións millonarias da UE, e ademáis se utiliza para amontonar incontroladamente todo tipo de lixo, ten filtracións de lixiviados ao contorno natural e está rodeada dunha explanada onde se verquen incontroladamente todo tipo de entullos. Só Cangas ten punto limpo e infrautilizado.
Non existe en ningún concello do Morrazo lugares específicos para verquidos de terras e entullos, e isto está a provocar un problema moi gordo a nivel medioambiental, pois esos residuos se están a verquer incontroladamente en grandes cantidades nos montes e no litoral, sendo ás veces os propios concellos quen verquen ilegalmente.
A xestión comarcal mancomunada dos RSU está ferida de morte, en 4 anos os gobernos BNG-PSOE non foron capaces de modificala situación anterior legada polo PP, dentro dun Plan malxestionado, que prima o incremento en vez da reducción do lixo xenerado e a incineración en vez da reciclaxe e a compostaxe (non nos vale a xustificación do proxecto piloto da compostaxe caseira do Bokashi nin a promesa de que se vai por en funcionamento a planta comarcal de compostaxe, pois non deixa de ser unha proposta electoralista e propón ademáis a compostaxe de só un 50% do lixo orgánico domiciliario).
Luita Verde denuncia que existe unha intención política de botar abaixo a xestión mancomunada a nivel comarcal dos RSU por motivos economicistas e estratéxicos, xa que se quere que a xestión siga estando en mans privadas e pase de ser comarcal a metropolitana.

3 Comments

  1. En este tema si rascamos un pouco a historia e a misma en todos os lados. Fraudes , subvencions millonarias a empresas que non cumplen , postos de traballos mal pagados , traballadores expostos a riscos bioloxicos e con poucas mediadas de seguridade.
    O lixo crece en cantidades exponenciales e termina en vertedeiros ou incineradoras. O de Cangas e unha planta comarcal . No Ribeiro queren poñer unha macroplanta para todo o sur galego . Para que logo diga a corporación municipal de Ribadavia que somos unhos alarmistas. Pois que pasen por Cangas a dar unha voltiña.

    O enlace que poño mostra un Ecoparc en Cataluña , un video onde se pon de manifiesto o fraude no que terminan moitas destas plantas.

    Ecoparc do fracaso a mentira

  2. Bos días, son o administrador de S.O.S. Pontedeume ¡Denuncia!, un blogue
    que encárgase de publicitá-las desfeitas e cousas mellorables na vida
    dos eumeses.
    Unha das cousas que nos preocupa é que o fondo das nosa ría estase a
    converter nun vertedoiro de todo tipo de lixo, baterías, rodas,
    bicicletas, motocicletas, etc…, polo que decidín dar un paso mais e
    tentar publicitar o noso problema pra ver si coa vosa axuda logramos
    amañar este problema xa que desde o concello non se toman cartas no asunto.
    Esperando a vosa resposta e creendo que o asunto despertará o voso
    interese, recibide unha aperta.

    Deixovos o link do artigo que puxen no
    blogue
    pra que lle botedes unha ollada.

  3. Se queres información sobre o tema dos residuos en

    http://www.espacioblog.com/avia na sección dos enlaces (parte inferior dereita) hay algunhas direcciones que poden servir para entrar en materia. Temos moitas mais , pero terias que concretar un pouco . No blog tes o contacto.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.