Luita Verde denuncia agresións ao patrimonio arqueolóxico de Cangas
Luita Verde denunciou no Concello de Cangas e na Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte senllas agresións aos petroglifos catalogados de As Abelaires e Laxe da Chan. Estas agresións ao patrimonio cultural e arqueolóxico son das máis graves que atopamos na actualidade, pero o estado do resto do patrimonio arqueolóxico do municipio non é máis halagüeño, onde existen máis de 50 xacementos coñecidos e catalogados dende o paleolítico ata a época galaico-romana, pasando polo neolítico, o calcolítico, a idade de bronce e a cultura castrexa.
O estado da maioría dos xacementos (a máis dos que están por descubrir e catalogar) é o máis total abandono, pasto da vexetación e as actividades ilícitas humanas (verquidos de entullos, construcción de vivendas, colocación de antenas, etc.), tanto dentro da área integral como na de cautela de protección, que é de 200 metros no seu perímetro. Aparte dos casos máis graves arriba denunciados podemos constatar a existencia dunha antena colectiva na area integral do castro de Monte Liboreiro, a invasión de Acacia melanoxylon (mimosa moura) e de áridos na área integral do petroglifo de Pinal do Rei, ou o tapado dos gravados do petroglifo de Río Loureiro, en Aldán, pola vexetación de mato e piñeiral, entre outros.
Por outra parte queremos lembrar que varios xacementos desapareceron ou quedaron fragmentados nas últimas décadas por construcción de vivendas e estradas, casos máis severos e impactantes, a construción da vía rápida do Morrazo, con máis de 20 xacementos afectados (agora coa ameaza de facer máis destrozo co desdoble proposto no Plan Vigo Íntegra), algúns deles tamén no concello de Cangas, como por exemplo o petroglifo de Gondarán, en Coiro, coas pedras esnaquizadas e trasladadas sin control á escola obradoiro da Rúa; a urbanización de varios chaléts pola empresa PROMALAR que afectou á área de protección do castro de Herbello, en Aldán; e a construcción do parque medioambiental de tratamento de resíduos do Morrazo, en Castiñeiras, ó que se lle pode engadir a ameaza de varios proxectos de canteiras e o proxecto de parque empresarial do Morrazo, entre Aldán e Beluso.
O patrimonio arqueolóxico forma parte nunha maioría dos casos tamén do natural e paisaxístico, e polo tanto o estado de abandono e agresións afecta en global.
Luita Verde, vai solicitar ao Concello de Cangas e á Consellería de Cultura e Deporte unha ordenación real e a posta en valor de todo o patrimonio cultural e arqueolóxico municipal, que entende que non ten que ser como o das excavacións do castro e santuario do Monte Facho, que a pesar do seu evidente interese científico e turístico, temos que salientar que debido aos seus altos custes está a hipotecar o estudo, posta en valor e inversións no resto do rico patrimonio municipal. Con respecto ó novo proxecto de centro de interpretación do castro de monte Facho non estamos de acordo con que se ubique un centro de interpretación dentro da área de protección do propio xacemento e lembramos que parte do xacemento está tamén integrado dentro do LIC Costa da Vela, e de non telo en conta, o denunciaremos e alegaremos na súa contra, como xa de feito o fixemos con respecto a un proxecto anterior en outubro do 2005.
Luita Verde entende que o mellor centro de interpretación é a protección e a posta en valor do patrimonio sin excesiva obra e o menor impacto no medio, feito que en xeral non se está a levar a cabo neste municipio, do que responsabiliza tanto ao Concello de Cangas, como á Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, que a pesar de pretender ser gobernos progresistas non mudaron as políticas desenroladas polos anteriores gobernos do PP, baseadas na nuclearización das intervencións e grandes inversións nuns poucos e colosais proxectos, en detrimento da desatención, desprotección e abandono do patrimonio en xeral.
Se a Xustiza funcionara neste país ou no Estado os responsabeis de Patrimonio da Xunta de Galiza, entre outros, comezando polo Director Xeral de Patrimonio,Sr. Felipe Arias e a conselleira de Cultura e Deporte, Sra. Bugallo, ESTARÍAN NO CÁRCERE POR TODO O QUE FIXERON OU PERMITIRON NO REFERENTE Á DESTRUCIÓN,GRAVE AFECCIÓN OU NON INTERVENIÓN NA DEFENSA DO NOSO PATRIMONIO.
Ademais das gravísimas agresións que denuncia Luita Verde en Cangas hai que lembrar que estos indignos representantes que demostran que non teñen cultura ningunha porque as persoas cultas non destrúen o patrimonio do pobo están superando aos seus antecesores. Polo menos antes, nos derradeiros anos, cando se denunciaba os feitos no Xulgado, as veces ao Seprona ou se lles descubría as barbaridades ou agresesións que pretendían ou os medios de comunicación os denunciaba( agora tan caladiños e todos controlados e fortemente subvencionados pola mesma Xunta)soían tomar medidas urxentes, paralizaban os proxectos (tal vez nalgúns casos esperando unha ocasión mellor), levaban a cabo modificacións para non afectar a ese patrimonio denunciado ou a súa área de cautela que agora parece que non existe ou non legalizaban as obras que sabían que eran ilegais e deixaban “seguir facendo…” etc.
Mais os que temos agora non paran no seu empeño de levar por diante o que faga falta, están moi politizados, non interveñen ante as agresións, numerosas e constantes denuncias, petición de información ou o fan tarde; obvian as súas obrigacións unha e outra vez,nin sequera esixen as veces a prospección arqueolóxica anterior ás obras; non revisan permisos ilegais dados pola Xunta anterior ou permiten obras sen o permiso de Patrimonio; non paralizan desfeitas sangrantes ou Leis que a permiten (LEI DE MINAS, LEI DA PAISAXE ETC.) como no caso das canteiras do Courel que non respecta a paisaxe que tamén é cultural e o contorno das aldeas medievais, centrais hidroeléctricas, vías de alta capacidade e outras montaxes nos acañóns do Sil ou no seu cauce ca destrución de bosques centenarios; parece que están decididos a levar por diante numerosos bens catalogados ca VÍA DE ALTA CAPACIDADE DA COSTA DA MORTE ou do Ortegal; arrasan cos CAMIÑOS DE SANTIAGO impoñendo no mellor dos casos unha proteción ridícula de 30m, co Camiño Real etc; deixa que se constrúa edificios de apartamenteos enriba dun castro catalogado como sucede en Cervo; que sigan as obras xunto da urbanización de Saíñas en Valdoviño xunto a outro castro e ata en LIC e Zona Ramsar (menos mal que existe unha proteción de 500m. provisional no litoral galego e que temos declarados ” espazos protexidos”!) que destrúan outros para talar eucaliptos como sucedeu na costa ferrolana; da a orde para destruir os CÍRCULOS LÍTICOS entre outras fazañas; non fai respectar o patrimonio valioso e toda a súa área de cautela imprescindible para a conservación do mesmo en alomenos 8 casos do PLA ACUÍCOLA; non quere catalogar bens valiosos descubertos que están nese Plan ou que coñecen ben o seu valor nos casos de Quilmas ( porto vikingo, núcleo de pedra precioso que debera de ser catalogado como BEN DE INTERESE CULTURAL igual que o de Merexo,FORTALEZA QUE DESCUBRIRON OS VECIÑOS7AS DE MEREXO, CASTROS e áres de cautelas como no caso de Seiruga en Malpica etc.; permiten un PLAN NÁUTICO MOI AGRESIVO,que non respecta nin 4 cascos históricos costeiros así como a construcción do innesario porto deportivo nas Ánimas da Coruña Cunha MOLE QUE TAPARÍA AS MURALLAS SENÓN INTERVÉN PATRIMONIO DO ESTADO ou que se fixese un enorme aparcadoiro e centro comercial no Parrote onde hai pouco descubriuse unha valiosísima foirtaleza mais pasaron das denuncias todos OS IMPLICADOS e permitiron alí o famoso “control arqueolóxico” furando a zona con maquinaria pesada…..
Por todo iso e máis estes representantes, entre moitos outros, teñen que dimitir e responder por todas as agresións que permitiron e seguen permitindo e que son impensables noutros países europeos.
estou moi de acordo e o corredor do Morrazo fastidioume moito xa que vivo por así decilo ao lado