Luita Verde denuncia verquidos de entullos e lixo no petrogrifo Abelaires

O Colectivo Ecoloxista presentou este 15 de maio no Concello de Cangas e na Delegación Territorial en Pontevedra da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria senllas denuncias contra dun verquido incontrolado de entullos e lixo e afeccións por abrasión nos
gravados na área de proteción do xacemento catalogado da Idade do Bronce das Abelaires asi mesmo Ben de Interese Cultural de Galicia.

Con varios gravados xeométricos de circos concéntricos con cazoletas e liñas con apéndices, está ubicado á beira do sendeiro ecolóxico de
Grande Percorrido do Morrazo (GR-59) na parroquia canguesa de Aldán perto do límite co concello de Bueu e na base do Monte Liboreiro, onde
existe outro xacemento castrexo-romano e medieval.

Xa é a terceira vez en 10 anos que Luita Verde denuncia afeccións á área de proteción deste petróglifo e resulta totalmente paradóxico que
os verquidos se sigan producindo malia proximidade do punto limpo de recollida de resíduos voluminosos da Mancomunidade de Concellos do
Morrazo.

Responsabiliza á administración pública do abandono do ben cultural, onde a mesma Mancomunidade de Concellos do Morrazo incumpríu a posta
en valor para este xacemento arqueolóxico, que a Dirección Xeral de Patrimonio dictou o 16 de maio de 2001 no seu informe favorable ao
Estudio de Efectos Ambientais do Complexo Medioambiental de RSU do Morrazo, na actualidade construído tamén nas proximidades do
petróglifo.

Luita Verde solicitou a retirada dos verquidos e a posta en valor do petróglifo.

Deixe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *