Mañá, Xoves, 27 de Marzo, concentración e manifestación ante a chegada do “Mourad Didouche” con GNL para REGANOSA
[Clica acima da imaxe se queres ver unha das Galerías Fotográficas do 30 de Maio de 2007,
cando o “Mourad Didouchje” logrou entrar ao segundo intento,
na Ría de Ferrol, despois dun grande despliegue policial]
O pasado, luns 24 de marzo, agardabase que entrara de novo o buque gaseiro “Mourad Didouche”, cargado con GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA, mais, parece ser que por causa dun forte temporal este retrasou a súa chegada até mañá [27.03.2008], motivo polo cal o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol adiou a concentración e posterior manifestación até mañá que terá lugar ás 7 da tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.
Mañá vai ser unha mobilización significativa, pois estamos ante unha nova situación, REGANOSA pasa á ofensiva, anunciando o inicio de actuacións administrativas para conseguir duplicar a súa produción, ampliando para elo a súa capacidade de regasificación, instalando máis vaporizadores e duplicando o número de buques gaseiros que entrarían na Ría. [+ Info]
Xoves, 27 de marzo
ás 7 da tarde
está convocada unha
CONCENTRACIÓN
con cacerolas, buzos brancos,
camisolas vermellas, bandeiras,
ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
desde onde marcharemos en
MANIFESTACIÓN
até a Praza do Concello
Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_________
Enlaces relacionados:
- O buque gaseiro “Mourad Didouche” non chegou a Ferrol
- Convocada unha concentración e posterior manifestación, ante a entrada na nosa Ría do “Mourad Didouche”, buque gaseiro cargado para REGANOSA
- REGANOSA prepara a súa anunciada e temida ampliación
- REGANOSA e o diputado Xavier Carro fan migas
___________________Plataforma Ártabra 21
___________________
Comentarios recentes