Manifestación veciñal contra a macrodepuradora en Coruxo
Sábado 11 de outubro ás 17:00 h dende a rotonda da Xurela (estrada vella de Baiona) ate a porta da depuradora
A macrodepuradora do Lagares custou máis de 30 millóns de euros hai tan só dez anos. 30 millóns de euros públicos que só serviron para estragar a xunqueira do Lagares, para destrozar as vidas de moitas veciñas e veciños de Coruxo, sometidos a penosas condicións de habitabilidade no seu barrio e nos seus fogares, e para perpetuar e elevar a niveis insoportables a contaminación da ría.
A “solución” que nos queren vender é a de volver facer o mesmo, tropezar na mesma pedra, sen abordar os verdadeiros problemas que impiden e impedirán o axeitado saneamento.
Queren construír unha nova, máis grande, máis cara e única para toda a cidade, en vez dunha rede de depuradoras menores, que poidan interactuar en caso de avaría dunha delas.
Non abordan os problemas fundamentais. O da separación de augas residuais e pluviais que, cando chove, superan o caudal máximo (por grande que sexa) asumible pola instalación, polo que se verten directamente ao río millóns de metros cúbicos sen depuración ningunha.
Non solucionan o problema da contaminación industrial ao non obrigar ás empresas a instalar pequenas depuradoras específicas para tratar os residuos que cada unha na súa actividade produce.
Non prevén a reutilización da auga depurada, que, ademais dun importante aforro, é garantía de que a depuración é correcta. Lonxe diso pretenden utilizar o mesmo emisario submarino da actual para verter as augas no medio da ría, enmascarando así a contaminación que, xa tamén eles parecen estar seguros, vai seguir producíndose.
Significa polo tanto perpetuar a contaminación da ría e un novo malgasto do diñeiro público nunha instalación que ademais, nun futuro non moi distante, estará ameazada pola subida do nivel do mar.
REXEITEMOS O PROXECTO DA…..
MACRODEPURADORA HOXE,…
MAÑÁ PODE SER TARDE!…
MANIFESTACIÓN VECIÑAL
CONTRA A MACRODEPURADORA EN CORUXO
SÁBADO DÍA 11 DE OUTUBRO
ÁS 5 DA TARDE
DENDE A ROTONDA DA XURELA (carreteira vella de Baiona)
ATE A PORTA DA DEPURADORA
Comisión Veciñal de Afectados pola Macrodepuradora do Lagares
A RÍA NON SE VENDE
One Comment
Trackbacks/Pingbacks
- habitabilidade.net » Blog Archive » Manifestación veciñal contra a macrodepuradora en Coruxo - [...] de moitas veciñas e veciños de Coruxo, sometidos a penosas condicións de Veja o post completo clicando aqui. Post indexado…
Que lle pregunten aos veciños de reza en Ourense que de isto tamen saben moito .
“Los vecinos de Reza denuncian ante la UE la ampliación de la depuradora .
Critican que se concedan fondos comunitarios para una instalación declarada ilegal
Los afectados creen que la planta de residuos incumple la legislación española y europea”
( La coz)
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/04/25/4718037.shtml