MANIFESTO DA REDE GNSV ANTE A REPRESIÓN EN COPENHAGA
O pasado 18 de decembro rematou en Copenhaga un cumio que, organizado pola ONU e baixo o nome de COP15, reuniu a representantes de gobernos de todo o planeta para tratar o fundamental tema da mudanza climática.
Previamente a celebración da reunión COP15, o goberno danés deseñou e aprovou de urxencia unhas medidas de excepción absolutamente ao marxen dos dereitos civís e das liberdades democráticas que calquera estado europeu dí garantir. Medidas de excepción que, entre outras, incluan a suspensión do tratado Schengen (que permite a libre circulación de cidadáns e cidadás da UE polas fronteiras dos estados membros) e a detención preventiva como incrible medida que permitiría a detención masiva de persoas, sin orde xudicial nin maior indicio policial que a subxetiva interpretación de que a persoa en cuestión podería ser nun futuro susceptible de cometer algún tipo de infracción da legalidade.
Ao fio deste COP15 decenas de miles de persoas chegadas de multiples partes da xeografía global, estiveron presentes en Copenhaga para compoñer un mapa de propostas, accións e movilizacións cidadás que dende redes de movementos sociais, ONG´s, agrupacións, entidades, colectivos e individuos particulares ofreceron un plano alternativo, plural, autónomo e participativo co que afrontar o crucial momento climático no que o planeta está a entrar.
Ante as accións e movilizacións cidadás, o goberno danés como brazo executor, respostou simple e tristemente con Violencia e Represión.
Un balance inicial que fala de mais de 1900 detid@s, centenares de ferid@s e un número indeterminado de persoas actualmente en prisión, da conta da situación que grazas a intervención dos estamentos xudiciais e policiais daneses viviuse nas rúas de Copenhaga.
Ao fio de todos estos feitos a Rede Galiza Non Se Vende quere manifestar:
*A nosa mais fraterna solidariedade, apoio e afecto con cada unha das persoas represaliados en Copenhaga, especialmente con aquelas que, como algunhas activistas da rede de movementos C.J.A. (Climate Justice Action) ou de Greenpece seguen en prisión nas carceres danesas a día de hoxe, pendentes de xuizo, de enormes sancións económicas e intolerables peticións de condena en prisión.
*A nosa exixencia de que todas e cada unha das persoas detidas con aletoriedade e excepcionalidade nas rúas de Copenhaga sexan postas inmediatamente en liberdade sen cargos.
*A nosa máis enérxica repulsa ante a brutal vulneración do exercicio de dereitos fundamentais (reunión, manifestación, expresión…) e libertades democráticas que o estado danés ten levado a práctica para frear unha resposta cidadá de índole social e ambientalista.
*A nosa chamada de atención cara a uns medios de comunicación que informan sen exactitude algunha nin veracidade de feitos contrastables emitindo xuizos de opinión onde simplemente podería ser incluido o tratamento informativo dunha nova obxectiva.
*A esixencia de que o medio ambiente sexa tomado con medidas, no real, como un ben común e un dereito colectivo fundamental.
*Finalmente queremos chamar a atención da opinión publica e dos organismos e colectivos pertinentes ante o constante recorte e deterioro de dereitos individuais e colectivos que se está a dar no seo dos países da UE; un recorte que afecta a cada unha das nosas exixencias e manifestacións diarias en favor dun ordenamento social, ecolóxico e climático xusto e equitativo.
No Comments
Trackbacks/Pingbacks