Pages Navigation Menu

Mapa crítico de Galiza 2012

Dende a Rede de Dereitos Sociais sacamos á luz o mapa crítico de Galiza 2012, un traballo colaborativo de denuncia e oposición á destrucción do País.

Este Mapa crítico Galiza 2012 pretende ser unha sintética plasmación gráfica das agresións e conflitos que, relacionados co medio, son sinalados e problematizados politicamente por infinidade de colectivos sociais do pais que se opoñen cotidianamente a destrución que o modo de explotación capitalista impón sobre o noso territorio.
Baixo tres eixos necesariamente subxectivos (medio, sociedade, economía) tratamos de recoller nesta cartografía crítica, algúns dos elementos centrais na loita pola defensa do que é de toda a cidadanía, do Procomún: ‘esa constelación de recursos que debe ser activamente protexida e xestionada na busca de manter o ben común’.
Unha ferramenta para sinalar xeograficamente os puntos críticos onde estase a dirimir o futuro dos nosos ecosistemas sociais que, poren, precisa para ser efectiva da materialización física e tanxíbel de esas loitas con as que pretendemos, colectivamente, transformar e conquistar o futuro.

* Este Mapa crítico está adicado a todas aquelas persoas anónimas que, combativas e rebeldes, poñen o corazón e a cabeza na defensa de este pais. A todas, pero en especial a unha: Xosé Reigosa, un galego bó e xeneroso, un imprescindíbel. Vai por tí Xosé!

Mapa crítico Galiza 2012 descárrega aqui:
http://rede.blogaliza.org/2012/04/30/mapa-critico-de-galiza-2012/

Mapa cr�tico de Galiza 2012

4 Comments

  1. Todo o que sexa traballo é bo. Pero tedes nest amesma páxina un mapa da destrución de Galiza mopito máis completo e instrutivo. Parabéns

  2. A min paréceme un moi bo traballo, pero o formato pdf non me parece o axeitado, perde moito en manexabilidade.

  3. A vantaxe q lle encontro con respecto ao de GNSV é a facilidade para identificar o tipo de afección, coas iconas e as cores.
    Hai q facer unha especie de mestura dos dous!

  4. A miña humilde opinión é que non é propiamente un mapa crítico, senon acrítico. Non se establecen criterios de relación entre as afeccións (crecemento urbanístico+industrial+contaminación+infraestructuras) e non se sinalan problemas de avellentamento demográfico, carencias nas comunicacións de zonas interiores, infraestructuras sanitarias, etc.) Por outra banda, é evidente que a máis desenvolvemento industrial ou urbanístico, inevitablemente, e non simplemente por capricho, aumentan as afeccións medioambientais. Hai que relacionar os datos.
    E por certo, a máis traballo mellor non, a menos traballo mellor

Trackbacks/Pingbacks

  1. Sae á luz o mapa crítico de Galiza 2012 « motivos d'aldea - [...] O Mapa Crítico de Galicia 2012, un traballo colaborativo para a Rede de dereitos sociais e Galiza Non se…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.